Neda: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
VolkovBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Elimino: cbk-zam:Neda
Liña 296: Liña 296:
[[br:Neda]]
[[br:Neda]]
[[ca:Neda (La Corunya)]]
[[ca:Neda (La Corunya)]]
[[cbk-zam:Neda]]
[[en:Neda, Galicia]]
[[en:Neda, Galicia]]
[[es:Neda (La Coruña)]]
[[es:Neda (La Coruña)]]

Revisión como estaba o 1 de marzo de 2013 ás 18:07


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Coordenadas: 43°30′2″N 8°9′26″O / 43.50056, -8.15722

Neda
Escudo de Neda
Casa do Concello.
Situación
Xentilicio[1]nedense
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Ferrol
Poboación5.422 hab. (2012)[2][3]
Área23,8 km²[3]
Densidade227,82 hab./km²
Entidades de poboación4 parroquias[4]
Política (2011)
AlcaldeIgnacio Cabezón (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 0
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 3
Outros: EU-IU: 2
Eleccións municipais en Neda
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes94,42%
Na rede
www.neda.es
editar datos en Wikidata ]

Neda é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol, situado na ría de Ferrol. Segundo o IGE en 2012 tiña 5.422 habitantes (5.528 no 2009, 5.675 no 2006, 5.771 no 2005, 5.804 no 2004, 5.913 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «nedense».

Xeografía

Asentado na comarca de Ferrol, o municipio de Neda mantivo unha permanente relación de complementariedade e dependencia co centro comarcal. Dela proveñen efectos inducidos, pero tamén a súas oscilacións viñeron en paralelo coas rexistradas polo municipio urbán. Dentro dos 5512 habitantes totais 2697 son homes e 2815 mulleres. Ata os 30 anos é maior o número de homes que o de mulleres, pero a partir dese estrato invírtese a tendencia para inclinar a composición global do municipio. Ao longo dos seus 23,8 Km, o municipio de Neda presenta 4 parroquias: Anca, Neda (San Nicolás), Neda (Santa María) e Viladonelle.

Conforme o último nomenclator de 1991, a zona de maior concentración territorial é Santa María, que conta con 3.876 habitantes, o 61,6% do total, seguida de San Nicolás, co 25,6%. Por outra parte obsérvase unha forte tendencia hacia o asentamento nos núcleos, onde residen 5860 habitantes, o 93,2%, mentres o 6,8% restante lo faino en zonas diseminadas. En Neda contabilízanse 2.126 activos, dentro dos cales existen 1644 ocupados e 482 parados. Na actualidade o sector de maior incidencia para o conxunto municipal son os servizos. Neles ocúpanse 807 habitantes, o 49,1% do emprego total. Destacan principalmente os 207 cidadáns dedicados á rama do comercio e as reparacións, o 12,6% do emprego total do municipio; os 119 adicados á Administración Pública, defensa e servicios sociais, o 7,2%; e os 112 empregados na Educación, o 6,8%. En moitos casos estas actividades realìzanse no concello vecino de Ferrol, dentro das actividades propias dun foco urbán, na Educación, Administración e Defensa. Neda presenta unha tasa de actividade do 39,3% e una tasa de ocupación do 30,4%. O paro rexistrado no INEM presenta unhas altas cifras de desemprego na actualidad. En 1981 o municipio xa contaba con 490 parados, cifra que aumentou ata os 650 desempregados de 1988, cifra tope de desemprego no municipio, producto da reconversión industrial. No ano 93 mostrábase unha recuperación importante que deixaba índice de paro en 533 habitantes, aínda que sería en 1996 cando se mostre un mellor momento neste sentido, coa reducción ata os 442 desempreados. Para 1997 aumentouse un pocuo esta cifra, contabilizando, finalmente, 476 parados. O peso comercial de Neda é dunha interesante variedade, segundo recolle o anuario comercial de 1998, onde refléxase a presencia no municipio de 3 oficinas bancarias; 69 actividades industriais, 29 delas adicadas á construcción e 28 á industria manufactureira; 13 actividades comerciais maioristas e 93 actividades comerciais minoristas, 35 delas no entorno das actividades relacionadas coa alimentación. Ademais, o sector da restauración conta con 46 actividades de restauración, bares e hostelería. O texido empresarial ven definido especialmente por unha serie de empresas concretas. Destaca a presencia dun fabricante de texidos de algodón, que aporta a máxima facturación do municipio, coa plantilla máis amplia, 99 empleados, adicados ao campo textil. Tamén é de reseñar unha empresa adicada á construcción e as actividades contratistas, que conta con 43 empleos directos. Á súa vez, temos que sinalar dous empresas maioristas, adicadas á rama da alimentación, unha dentro da actividade de productos comestibles e outra en fariñas e cereais.

As principais vías de comunicación son a LC-1 (antiga N-VI) que comunica Betanzos con Ferrol, así como a C-642 cara a Ribadeo e a C-641 cara a Lugo. En 2003 inaugurouse o acceso á AP-9 ata ferrol cunha nova ponte sobre a ría. A estación de Neda está na liña de ferrocarril entre Ferrol-A Coruña e Monforte de Lemos.

Historia

Fervenza do río Belelle.

Neda è un pequeno municipio da Coruña, situado no Fondo da ría de Ferrol. Conta cunha poboación que apenas rebasa os 5.800 habitantes, nunha superficie de 24 kms cadrados, que se extenden, dende a ribera da ría e siguiendo polos vales dos ríos Belelle, Xuvia e Castro, en explanada, que vai ascendendo aos montes Ancos, Marraxón e Louseira.Aínda que aparece citada por primeira vez en documentos do século X (chamada "Nida" nun documento do ano 936), conserva restos megalíticos e castrexos, o que é indicativo da importancia desta zona desde la antigüedade.A súa capital, San Nicolás, manten formas medievais e conserva edificacións dos séculos XVII e XVIII. Podemos afirmar que na Idade Media, Neda era una vila importante, na que residían notables familias, algunhas enterradas na igrexa parroquial. Durante aqueles anos, Neda foi coñecida polo seu porto comercial e o seu astilleiro, no que foi construido o barco que participou na reconquista de Alxeciras, no ano 1344, o que fixo que o rei Alfonso XI concedera a Neda os foros, que favoreceron a súa economía. Se nos referimos ao patrimonio natural, temos que citar ao río Belelle, un dos seus exes de desenrolo no pasado. Nos seus bordos tivo lugar a evolución da sociedade da vila, e a súas primeiras industrias forxáronse grazas ás súas aguas. Hoxe en día perviven os molinos que abasteceron as industrias panadeiras, tanto dos pequenos negocios familiares como as denominadas "Casas Reales" ou "Fábricas do Bizcocho", propiedade da Casa dos Austrias, que suministraban o pan e as galletas consumidos polos mariñeiros nas travesías. Na zona da Cascada aínda se pode disfrutar da vexetación típica dos bosques oceánicos, polo que podemos afirmar que algo nos queda de aqueles bosques de Neda, famosos e apreciados nos séculos pasados, grazas á boa e abundante madeira que ofrecían. Grazas a esta riqueza madereira funcionaron os astilleiros na desembocadura do Belelle, ao tiempo que se abastecían las vilas vecinas. A riqueza natural de esta zona fai que non sexa estraño atopar animais pocuo visibles noutros lugares: milanos, gaviláns, garzas e patos, que aniñan e medran na desembocadura, onde hai unhas interesantes marismas, nas que ás veces pódense ver alondras.

O seu crecemento económico estivo moi vencellado ao río Belelle e a súa sona pola boa auga. A actividade de moenda e fabricación de alimentos para as reais fábricas que na ría se construíron para a Armada Española. Negocios que seguén a día de hoxe co Pan de Neda e o aproveitamento eléctrico do ría Belelle e do río Xuvia pola empresa Galicia Textil.

Poboación

Evolución da poboación de Neda   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.753 6.565 9.172 6.935 5.804 5.489 5.422
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Economía

A economía do concello está baseada na pesca, a agricultura, explotación forestal e na súa grande empresa: Galicia Textil. Nos últimos anos o turismo estase a mostrar como outro importante factor. Por Neda pasa o Camiño Inglés. O novo pulo que deu a festa do Pan de Neda está a dar unha nova oportunidade de negocio a produtos de calidade. A construción de novos accesos como a AP-9 supuxeron outro factor importante.

Rutas e camiños

Camiño inglés

Atravesa o municipio hacia Compostela e pódese unir co que vai ao norte hacia San Andrés de Teixido. No paseo marítimo pódese encontrar un albergue donde podes hospedarte e descansar durante o Camiño, alí asinaranche a tarxeta do camiño e tamén na pensión Maragoto uns metros máis arriba. A parte do camiño que pasa polo municipio nedense cosiste en cruzar a ponte peatonal (vindo polo paseo marítimo de Narón vese a simple vista , é unha ponte cun dobre arco) , según a cruzas de frente xa te encontras o albergue , xunto a un parque e ao IES Fernando esquío(dende Ferrol queda a uns 13 km). Logo seguindo polo paseo marítimo hai que chegar ata a Igrexa de Santa María de Neda, onde hai unha ponte peatonal sobre o río Belelle unha vez cruzada , torceremos cara a dereita pola primera rúa que vexamos (Camiño do Paraíso), continuando por el ata a Torre do Reloxo, onde antigamente era o Hospital de Peregrinos, actualmente trátase da Casa Consistorial outro lugar onde asinar as credenciales. Seguimos cara a dereita pola Rúa Real, onde podemos ver casas asoportaladas dos séculos XVII-XVIII, ata a Rúa do Castro. Alí atoparemos un cruce, collemos de novo a dereita, atoparemos a Igrexa de San Nicolás de Neda do século XIV, que posee un cruceiro dos más antigos de Galicia, logo retrocedemos para tomar á esquerda pola Plaza da Rectoral e sair da Villa pola Avenida Morgado. Logo torcemos á dereita cara a estación do tren, pasando por debaixo da autoestrada e torceremos entón á esquerda,ata saír a estrada AC-115. Seguimos por esa estrada uns metros cara á dereita e logo pola primeira á esquerda (camiño do Murallón), subimos por el ata o final. Torceremos a dereita baixando ata O puntal de Arriba, logo á esquerda por Conces, despois pola primeira bifurcación á esquerda ata a fonte (posúe auga potable por si desexas beber) e un lavadeiro e por último torceremos á dereita e xa estaremos adentrados no Concello de Fene.

Outras rutas

  • Camiño circular polo Marraxón.
  • Ruta circular de Neda, a chamada PRG-16
  • Ruta dos muiños.
  • Senda e travesía da Louseira.
  • Paseo marítimo do río Xubia

Lugares de interese

Muiños

  • Muiño do Parrando: Último muiño antes da desembocadura do río Belelle, situado á marxe esquerda da ponte de Santa María. Na actualidade trátase dunha vivenda.
  • Muiño do Cubo: Situado a marxe esquerda do río Belelle. O seu estado de conservación é bo pero na actualidade non está en funcionanmento. Na parte alta é unha vivenda e o cubo do muiño úsase como piscina.
  • Muiño da Roda ou de Marraxón: Situado a marce esquerda do río Belelle, no lugar da Ponte Grande. O seu estado de conservación exterior é bo. É unha vivenda particular. O seu nome de Roda provén de que antigamente movíase cunha roda de aspas.
  • Muiño de Moncho: Está situado á marce dereita do río. A súa presa da continuidade a unha seria de pequenos molinos situados nun canal. Na axtualidade non está a traballar e o seu interior é unha vivenda con garaxe e cortellos.
  • Muiño do Tinijilado : Está situado na marxe dereita do río. Aproveita as augas do Muiño de Moncho. O nome ven de que na beira do camiño había un alpendreboio para gardar os carros do reparto de fariña. Na actualidade úsase como vivenda.
  • Muiño do foxo : Está situado na marxe dereita do río. Aproveita as augas dos muiños de Moncho e de Tinjilado. Na actualidade é unha vivenda.
  • Muiño de Carballo ou de Balbina : Situado á marxe dereita do río Belelle no lugar da Ponte Grande . Traballou ata fai pouco tempo atendido polo muiñeiro Jenaro "O Galleto". A propiedade ten dúas pontes, que daban paso á xente a pé desde Pename ata A Mourela.
  • Muiño de Alejandro "O Carrizo": Situado á marxe esquerda do río Belelle no lugar da Mourela Baixa. Conócese tamén como "Fábrica de papel da Mourela". O seu estado de conservación é bo, pero non traballa. Na planta alta ten vivendas. Seguindo as súas augas había un pequeno "chánquelo" (muiño pequeno que aproveitaba as augas do muiño principal) .
  • Muiño de José Rico : Está situado na marxe dereita do río, no lugar de Camiño Vello. Na actualidade hai unha panadería.
  • Muiño de Bigotes: Está situado na marxe esquerda do río Belelle no lugar de Maciñeira. Traballou ata o ano 1970, ao morrer o seu cuidador pasou a aser un taller de carpintería de aluminio. Logo foi unha piscifactoría e na actualidade está abandoado.
  • Muiño do Furgado : Está situado na marxe dereita do río Belelle. Aproveitaba as augas do canal do Muiño das Bombas e de Antonio Pilar. O seu estado é ruinoso.
  • Muiño de Antonio de Pilar : Está situado na marxe dereita do río Belelle. Aproveitaba as augas da canle do muiño e das Bombas para facer a molienda. Na actualidade está restaurado e serve e vivenda particular.
  • Muiño de Luís de Canido : Está situado na marxe dereita do río belelle. Na actualidade está en período de recuperación. Neste lugar instaurouse unha colonia de verán. O muiño ten acceso polo de Luciano co que compartía cubo.
  • Muiño de Luciano : Está situado na marxe dereita do río Belelle. Na porta de entrada ao muiño, na parte alta, destaca unha cruz pero descoñécese o seu significado. O seu estado é ruinoso.




Festas

A Festa do Pan

A Festa do Pan de Neda é un evento anual para promocionar o produto gastronómico máis famoso da vila de Neda. Con esta festa preténdese exaltar e valorar o labor dos panadeiros e forneiros de Neda. A primeira celebrouse en 1989, organizouna a "A.VV. Ancos" facéndoa coincidir co remate das festas de Sta. María de Neda.

Celébrase o primeiro domingo de setembro, no seu inicio no recinto feiral de Albarón, pero a partir da XIX edición ,a súa ubicación pasou ao paseo Marítimo de Xuvia, á altura do albergue de Peregrinos. O motivo polo que se modificou a súa ubicación foi facilitar o acceso a persoas maiores ou discapacitadas, que non lles resultaba moi doado chegar ata Albarón.


Festa de Santa María

Son las fiestas patronales de Neda, se celebran sobre el 8 de setembro. A festa comeza coa tirada de bombas de palenque en honor a Santa María que anuncia o seu inicio. Despois celebrase unha misa solemne en honor a mesma virxe,o segundo día fanse actos semellantes. O último día de festa durante toda a tarde , celebrase todos os anos a festa dos nenos, en que se levan a cabo diversas actividades lúdicas .


Outras festas

En Neda celebranse outras festas como:

  • No Roxal, en honor a San Pelayo nos días 2 e 3 de maio.
  • Nos Pazos, en honor a San Isidro, o 15 de maio.
  • En Casadelos, en honor a San Antonio, o 13 de xuño.
  • En Anca, en honor a San Pedro, o 29 de xuño e en honor a Virxe dos Remedios o 12 de outubro.
  • Na Cobeluda, a festa do río, os días 1 e 2 de agosto.
  • Na Cruz do Pouso, en honor a San Roque, o 16 de agosto.
  • No Puntal, a festa da Merced, o 24 de setembro.
  • En Viladonelle, en honor a San Andrés, o 30 de novembro.


Asociacións

  • Agrupación Local Protección Civil.
  • Asociación de veciños Ancos.
  • Asociación de veciños San Pelaio do Roxal.
  • Asociación de veciños O Castro de Viladonelle.
  • Asociación de vaciños Anca.
  • Asociación cultural Basilio Carril.
  • Asociación cultural "A Beira do Belelle".
  • Asociación mulleres rurais "Nas Zocas".
  • S.C.D. O ROXAL
  • S.D.R. "NEDA"
  • S.C.R. PONTE DA COBELUDA
  • Agrupación deportiva San Isidro.
  • Néboa , escola de tempo libre.
  • Asociación de Palilleiras.
  • "Filigrana".
  • Asociación amas de casa.
  • Asociación de mulleres " Val do Belelle"
  • Asociaciñon amigos da arte.
  • "As Palmeiras".
  • Asociación Brosladeiras.
  • Granxa escola equitación Belelle.
  • AA.PP.NN Colexio Maciñeira.
  • AA.PP.NN Colexio San Isidro.
  • AA.PP.NN IES Fernando Esquío.
  • Agrupación artística Lucero del Alba.
  • Asociación músico-cultural "Los Zares"
  • Asociación de laringectomizados de Ferroleterra.
  • A.C Mariscadores y gentes del mar.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Neda.

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Neda

Anca (San Pedro) | Neda (San Nicolás) | Santa María de Neda (Santa María) | Viladonelle (Santo André)

Lugares de Neda

Igrexa de San Nicolás de Neda - Neda

A Igrexa de San Nicolás de Neda encóntrase situada na rúa Rectoral e foi levada no século XV. É un templo de estilo gótico cunha sóa nave, ábside rectangular e capillas laterais. No seu interior merece especial mención, situado no presbiterio, o sepulcro de Don Diengo Esquío. Nos seus arredores destaca o Cruceiro de San Nicolás.

Cruceiro de San Nicolás - Neda

O Cruceiro de San Nicolás encóntrase situado nos arredores da Igrexa de San Nicolás de Neda, rúa Rectoral. É un dos mellores exemplos de todo o municipio e foi realizados en granito galego no século XV. Na actualidade dos seus orixes só se conserva a Cruz gótica, unha das puocas que se conservan de este estilo en Galicia, coa imaxe do Cristo polas dúas caras e catro figuras ós seus pés.

Torre del Reloxo - Neda

A Torre do Reloxo encóntrase situada na rúa Calvo Sotelo, adosada á Casa Consistorial de Neda, e foi levantada no ano 1876 sobre os restos dun antigo edificio utilizado como hospital de peregrinos, a Casa Hospital e a Capilla do Santo Espírito. Destacan os escudos da súa escaleira principal pertencentes ás familias señoriais dos Esquío e Andrade

Vila de Neda - Neda

A Vila de Neda é unha casona do século XIX situada na Carreteira de Castela, ó seu paso polo Ponte de Xubia. É un edificio de dúas plantas e mansarda, que destaca polo seu fermoso soportal cuberto situado na fachada principal. É un dos mellores exemplos de este tipo de construcións de todo o Concello

Casa - Rúa Castro - Neda

A Casa situada na Rúa Castro é un edificio de estilo tradicional levantado a finais do século XIX. Destaca o balcón de ferro forxado do seu piso superior, protexido po dúas fermosas galerías.

Casa Mariñera - Neda

A Casa Mariñeira de Neda é un dos mellores exemplos de casa mariñeiras cos que conta o municipio. É un edificio de planta cadrangular e dúas alturas, que destaca pola súa fermosa balaustrada decorada con flores de cores chamativos.

Casa Rivero - Neda

A Casa Rivero encóntrase situada na Avenida de Xubia de Neda. Foi construída no século XIX e posee unha planta irregular.

Igrexa de Santa María de Neda

Santa María de Neda - A Igrexa de Santa María de Neda está localizada a escasos metros da Ponte do Río Belelle. Foi levantada no século XVIII e o seu estilo predominante é o barroco. É un templo de planta de cruz latina cunha soa nave dividida en tres tramos, que destaca pola súa torre campanario de dous corpos situada no centro da súa fachada principal e rematada por unha fermosa cúpula. No sesu interior gárdase, situada no seu altar maior, a fermosa imaxe de madeira do Cristo de Cadea.

Cruceiro de Santa María - Santa María de Neda

No Cruceiro de Santa María de Neda ecóntrase situada nas inmediacións da Igrexa de Santa María. Foi constuido con granito galego e destaca pola figura de madeira do Cristo.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Neda".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén