Mazaricos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
VolkovBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Elimino: cbk-zam:Mazaricos
Liña 104: Liña 104:
[[br:Mazaricos]]
[[br:Mazaricos]]
[[ca:Mazaricos]]
[[ca:Mazaricos]]
[[cbk-zam:Mazaricos]]
[[en:Mazaricos]]
[[en:Mazaricos]]
[[es:Mazaricos]]
[[es:Mazaricos]]

Revisión como estaba o 1 de marzo de 2013 ás 17:36

Mazaricos
Escudo de Mazaricos
Casa do concello.
Situación
Xentilicio[1]mazaricán
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Xallas
Poboación4.533 hab. (2012)[2][3]
Área187,3 km²[3]
Densidade24,2 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias[4]
Política (2011)
AlcaldeJosé Manuel Santos Maneiro (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 0
Outros: PIMAZ - 2
Eleccións municipais en Mazaricos
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes99,45%
Na rede
www.mazaricos.net
Facebook: concello.demazaricos Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mazaricos é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Xallas. Segundo o IGE en 2012 tiña 4.533 habitantes (4.939 en 2009, 5.179 en 2007, 5.329 no 2006, 5.488 no 2005, 5.639 no 2004, 5.787 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mazaricán».

Evolución da poboación de Mazaricos   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
6.036 6.769 7.183 6.757 5.639 4.533
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Situación

Mazaricos áchase perto do mar, mais non chega a el -antes están os estreitos concellos de Carnota e Muros. O río Xallas, que lle chega desde Santa Comba, constitúe a fronteira norte do concello, separándoo de Dumbría. A chaira con suaves ondulacións que é o seu territorio, féchase no oeste por pequenas serras (montes de Ruña ou serra de Guián) que se prolongan cara o sul cara o Macizo do Pindo). Cara o Xallas flúen varios ríos, como o Arcos, o Beba e o Mazaricos, estes dous no mesmo val. Os da parte leste e sul, como o Santabaia, que son máis pequenos, desembocan directamente na ría de Muros e Noia. O Xallas está represado no encoro da Fervenza, o de Ponte Olveira, o de Castrelo e o de Santa Uxía, antes de desembocar no mar os sábados á noite e os domingos á mañá.

A oscilación térmica anual é de 10 °C, se ben a temperatura media é agradábel (14 °C). As precipitacións son abundantes (1.500-2.000 mm).

O hábitat é disperso. As principais poboacións son A Picota, O Pino de Val e Asenso.

Historia

Na zona abundan os restos megalíticos. A primeira referencia escrita é do século IX, con motivo dunhas doazóns feitas polo conde Alvito. Nalgún lugar próximo ao monte Pindo erguíase o castelo de Penafiel, propiedade de Alonso Suárez de Deza, que foi confiscado e derrubado debido á súa posíbel implicación na morte do arcebispo Suero Gómez de Toledo.

Economía

Case a metade da poboación dedícase á agricultura e á gandería en pequenas parcelas dedicadas ao auto-consumo. A gandería ten especial relevancia. Existen grandes zonas boscosas, ainda que moi reducidas debido aos incendios de 1978, 1979 e 2006, de piñeiros, frondosas e eucaliptos.

Cultura

Os megálitos máis destacados son as mámoas de Eirón, o dolmen de Parxubeira e a necrópole de Monte de Embaixo. Polo concello pasou unha vía romana, da que hai restos en Arcos. A Casa de Arcos, pertencente aos Mariño de Lobeira, mostra o seu escudo na fachada (unha serea e ondas), xunto cos símbolos dos Lobeira (un lobo e estrelas) e os Dacosta (bordóns e ovellas).

Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mazaricos

Alborés (San Mamede) | Antes (San Cosme) | Arcos (Santiago) | Beba (San Xián) | Chacín (Santa Baia) | Coiro (Santa María) | Colúns (San Salvador) | Corzón (San Cristovo) | As Maroñas (Santa Mariña) | Mazaricos (San Xoán) | San Fins de Eirón (San Fins) | Os Vaos (San Tomé)

Lugares de Mazaricos

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mazaricos vexa: Lugares de Mazaricos.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Mazaricos".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén