Taboada, Silleda: Diferenzas entre revisións
m Elimino o guión (-) para que o modelo non dea erros. |
mSen resumo de edición |
||
Liña 7: | Liña 7: | ||
|concello = Silleda |
|concello = Silleda |
||
|superficie = |
|superficie = |
||
|poboación = |
|poboación = 240 |
||
|ano = |
|ano = 2004 |
||
|densidade = - |
|densidade = - |
||
|entidades = 9 |
|entidades = 9 |
Revisión como estaba o 1 de marzo de 2013 ás 14:13
Taboada | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Silleda |
Coordenadas | 42°41′12″N 8°13′05″O / 42.686797222222, -8.2181583333333Coordenadas: 42°41′12″N 8°13′05″O / 42.686797222222, -8.2181583333333 |
Poboación | 240 hab. (2004) |
Entidades de poboación | 9 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Taboada é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda na comarca do Deza. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 240 habitantes (127 mulleres e 113 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 237 habitantes.
Na parroquia está a estación da Ponte Taboada.
Historia
A historia da parroquia xira ó redor da ponte que comunicaba Deza con Trasdeza ou indo máis alá, Castela con Santiago, no camiño da maragatería. A primeira era de táboas (Pons Tabulata), de aí o seu nome, e a segunda, de pedra, medieval, aínda segue erguida cunha inscrición nunha rocha próxima na que figura o ano da construción (912).
Por Taboada pasa a Vía da Prata, que transcorre polo Camiño Real.
Patrimonio
A igrexa de Santiago de Taboada é románica, data do século XII, ten planta e ábsida rectangular, destacando a portada. No adro hai un singular cruceiro de fuste cónico acanalado con altar.
Hai un área recreativa dedicada ó peregrino con dous monumentos ó Apóstolo Santiago e ó Peregrino Anónimo, deseño de Francisco Alen, obra da Escola Taller de Silleda.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Taboada, Silleda.
-
Ponte Romana sobre a que pasa o camiño de Santiago
Lugares e parroquias
Lugares de Taboada
Lugares da parroquia de Taboada no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
Carballeda | Carral | Eirexe | A Estación | A Ponte Taboada | Reboredo | A Regueira | Taboada Vella | Trasdovalo |