Tines, Vimianzo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|superficie = - +|superficie =)
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-\|densidade = -\r\n\|entidades +|entidades)
Liña 8: Liña 8:
|poboación = 207
|poboación = 207
|ano = 2010
|ano = 2010
|densidade = -
|entidades = 3
|entidades = 3
}}
}}

Revisión como estaba o 1 de marzo de 2013 ás 11:59

Tines
ConcelloVimianzo
Coordenadas43°06′36″N 8°58′30″O / 43.11004569, -8.97511752Coordenadas: 43°06′36″N 8°58′30″O / 43.11004569, -8.97511752
Poboación207 hab. (2010)
Entidades de poboación3
editar datos en Wikidata ]

Santa Baia de Tines é unha parroquia do concello de Vimianzo, na provincia da Coruña, arciprestado de Soneira e arquidiocese de Santiago de Compostela. En 2010 tiña 207 habitantes (94 homes e 113 mulleres).[1]

Situación xeográfica

Está delimitada polas parroquias de Salto, Bamiro, Treos e Vilar no concello de Zas, distando só 8,5 km da capital do concello.

Historia

Tines constitúe un dos enclaves máis relevantes de Galicia polo seu testemuño bárbaro, románico e prerrománico que botan luz sobre a época escura desde o século I ata unha baixa Idade Media.

A igrexa parroquial era representación de Rui Pérez da Costa e, o subsolo do seu adro é un dos enclaves máis interesantes para a historia de Galicia nunha pronta Idade Media. Debaixo atópase unha necrópole romano-sueva con enterramentos que datan dende o século I ata o século VIII nos que se distinguen:

  • Vestixios romanos: material da construción principalmente, ó que apunta á posible existencia dunha "vila romana" segundo Manuel Núñez.
  • Sarcófagos pétreos de dous formas distinguidas: unha máis primitiva e escasa de forma oval (datado da dominación sueva) e outra máis elaborada cun oco antropoide. Cabe dicir que a maior parte dos vestixios foron destruídos cando o descubrimento no 1954 e os restantes permanecen á intemperie nun profundo abandono. A tapa dos sarcófagos antropoides están gravados con letras, trazos e debuxos cun estilo que presumiblemente date do século VI.
  • Vestixios de enterramentos con tégulas, moi propios da dominación romana.

A estela romana de Vitorino

Cabe mencionar que, agas dos sarcófagos pétreos, o descubrimento da estela romana de Vitorino é un dos máis relevantes para a cultura de Galicia. Nela distínguese un rostro humano, gravado toscamente e con inscricións.

Segundo Díaz y Díaz é o primeiro testemuño epigráfico cristián de Galicia do século IV. Pódese contemplar actualmente no Museo Arqueolóxico da Coruña.

Lugares e parroquias

Lugares de Tines

Lugares da parroquia de Tines no concello de Vimianzo (A Coruña)

Pazos | Romarís | Tines

Parroquias de Vimianzo

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vimianzo

Baíñas (Santo Antoíño) | Bamiro (San Amedio) | Berdoias (San Pedro) | Calo (San Xoán) | Cambeda (San Xoán) | Carantoña (San Martiño) | Carnés (San Cristovo) | Castrelo (San Martiño) | Cereixo (Santiago) | Salto (Santa María) | Serramo (San Sebastián) | Tines (Santa Baia) | Treos (San Miguel) | Vimianzo (San Vicenzo)

Notas

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en en galego). Consultado o 19 de marzo de 2012. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos