The Big Bang Theory: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
Rezabot (conversa | contribucións)
Liña 96: Liña 96:
[[et:Suure Paugu Teooria]]
[[et:Suure Paugu Teooria]]
[[eu:The Big Bang Theory]]
[[eu:The Big Bang Theory]]
[[fa:تئوری بیگ‌ بنگ]]
[[fa:تئوری بیگ بنگ]]
[[fi:Rillit huurussa]]
[[fi:Rillit huurussa]]
[[fr:The Big Bang Theory]]
[[fr:The Big Bang Theory]]

Revisión como estaba o 28 de febreiro de 2013 ás 23:00

The Big Bang Theory

Logo da serie.
FormatoSitcom
Creado porChuck Lorre
Bill Prady
Dirixido porJames Burrows (piloto)
Mark Cendrowski
IntérpretesJohnny Galecki
Jim Parsons
Kaley Cuoco
Simon Helberg
Kunal Nayyar
Mayim Bialik
Tema de apertura"The Big Bang Theory Theme", escrita e gravada por Barenaked Ladies
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Chuck Lorre
Bill Prady
Lee Aronsohn
Localización(s)Pasadena, California
CámaraMulticámara
Duración20 min. aprox.
Emisión orixinal
Canle de orixeCBS
Formato de imaxe480i (SDTV),
1080i (HDTV)
Primeiro episodio24 de setembro de 2007
Na rede
https://www.cbs.com/shows/big_bang_theory
IMDB: tt0898266 Filmaffinity: 234364 Allocine: 3247 Rottentomatoes: tv/the_big_bang_theory Metacritic: tv/the-big-bang-theory TV.com: shows/the-big-bang-theory
Facebook: TheBigBangTheory Twitter: bigbangtheory Instagram: bigbangtheory Youtube: UCCxmzh3f-wwRZ-bEdLb80Og Netlix: 70143830Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The Big Bang Theory é unha serie cómica producida e dirixida por Chuck Lorre de Two and a Half Men e Bill Prady de Gilmore Girls por estudos Chuck Lorre Productions e Warner Bros Television.

É orixinalmente transmitida pola canle estadounidense de televisión CBS onde foi estreada o 24 de setembro de 2007. Tamén se emite por Warner Channel en Hispanoamérica (dende o 6 de novembro de 2007) e en España por Antena.Neox (dende o 12 de xullo de 2008).

A súa primeira tempada ía constar de 22 episodios, mais debido á folga de guionistas de Hollywood o número final foi de 17 episodios. A CBS empezou a emitir a segunda temporada en Estados Unidos a partir do 22 de setembro de 2008. A terceira empezou o 21 de setembro de 2009.

Argumento

Leonard e Sheldon son dous físicos que comparten traballo e apartamento. Estes dous personaxes, xunto aos seus amigos Howard Wolowitz e Rajesh Koothrappali, representan a uns geeks, moi afastados das inquietudes da xente común.

A serie comeza coa mudanza de Penny, unha veciña nova e atractiva, da que Leonard se encapricha dende o primeiro momento, e que se instala soa no piso de enfronte deles.

Personaxes

Personaxes principais

Jim Parsons interpreta a Sheldon Cooper.
  • Johnny Galecki e Leonard Simeon Leakey Hofstadter, físico experimental. Obtén o seu doutorado aos 24 anos de idade. Se ben é máis sociable que Sheldon, ao igual que Rajesh e Howard nunca ten moito éxito coas rapazas. Intenta conquistar á súa veciña, Penny, aínda que de momento sen éxito. Vive con Sheldon e apaixónano os cómics e os videoxogos. Ademais é intolerante á lactosa e miope.
  • Jim Parsons é Sheldon Cooper, físico teórico. Foi un neno superdotado proveniente do leste de Texas.Pasou de quinto de primaria á universidade. Agora ten dous doutorados e un máster. É moi intelixente, mais extremadamente soberbio, tendo varios defectos de personalidade, como ineptitude social, absoluta falta de empatía, e é incapaz de detectar o sarcasmo, todo isto é debido a que padece o Síndrome de Asperger, aínda que isto non se dixo nunca na serie, ao igual que tampouco se dixo a súa orientación sexual. Ademais tamén sofre de trastorno obsesivo compulsivo da personalidade (TOC da personalidade). É fan empedernido de Star Trek, en especial de Spock.
  • Kaley Cuoco é Penny, camareira e aspirante a actriz. É a única amiga feminina do grupo e a única que ten un coeficiente intelectual normal. É camareira no famoso local "The Cheesecake Factory" ("Fábrica das tartas de queixo") e foi o amor platónico de Leonard, durante as primeiras tempadas. Na terceira tempada comezan unha relación estable (até o capitulo 3). O resumo da súas relacións sentimentais é pésimo.
  • Simon Helberg é Howard Wolowitz, enxeñeiro aeroespacial. É xudeu e sempre viste roupa axustada e psicodélica. Vive coa súa nai e é un pouco pervertido coas rapazas, saíndo estas sempre fuxindo de onde el.
  • Kunal Nayyar é Rajesh Ramayan Koothrappali, astrofísico. Representa un estereotipo de indio en Estados Unidos. A súa familia é adiñeirada. Padece un trastorno que lle impide falar coas mulleres; só se dá comunicado con elas se está ebrio.

Personaxes secundarios

  • Sara Gilbert é Leslie Winkle, física. Compañeira de traballo de Sheldon e Leonard. Odia a Sheldon pola súa arrogancia, competindo todo o tempo por demostrar quen é máis intelixente. En varias ocasións solucionou ecuacións que Sheldon era incapaz de resolver.
  • Christine Baranski é a Dra. Beverly Hofstadter, a nai de Leonard. É unha neuróloga e psiquiatra insensible e pedante. Mantén unha relación extremadamente distante con Leonard pero enténdese ben con Sheldon, xa que comparten características de personalidade similares. Analiza psicolóxicamente a todos constantemente. Tivo a súa aparición no episodio The Maternal Capacitance.
  • Mark Harelik é o doutor Eric Gablehauser. É o xefe do departamento onde traballan Leonard, Sheldon, Howard e Raj, entre outros.
  • John Ross Bowie é Barry Kripke, colega físico da Universidade de Caltech á que asisten Sheldon, Leonard, Wolowitz e Raj. É arrogante, competitivo e posúe moi poucos modais. Desafiou a Sheldon a unha pelexa de robots, a cal finalmente gañou. Sheldon utilizouno para probar o seu Algoritmo da Amizade.
  • Laurie Metcalf é Mary Cooper, a nai de Sheldon. É unha cristiá devota de Texas. Ten dous fillos ademais de Sheldon, incluíndo a irmá xemelga deste, chamada Missy Cooper. Non é superdotada pero é moi perspicaz, e é a única persoa capaz de controlar a Sheldon.

Nominacións e premios

Ano Resultado Categoría Premio Receptor
2009 Nominado Mellor actor principal nunha serie de comedia Premios Emmy Jim Parsons
Nominado Mellor actor invitado nunha serie de comedia Christine Baranski
Gañador Galardón en comedia Teen Choice Awards
Gañador Galardón individual en comedia Jim Parsons

Véxase tamén

Ligazóns externas