Campañó, Pontevedra: Diferenzas entre revisións
coordenadas |
m Bot: Substitución automática de texto (-|superficie = - +|superficie =) |
||
Liña 7: | Liña 7: | ||
|mapa = |
|mapa = |
||
|concello = Pontevedra |
|concello = Pontevedra |
||
|superficie = |
|superficie = |
||
|poboación = (Ano 2004) 2.031 |
|poboación = (Ano 2004) 2.031 |
||
|ano = |
|ano = |
Revisión como estaba o 28 de febreiro de 2013 ás 15:31
Coordenadas: 42°27′51″N 08°39′50″O / 42.46417, -8.66389
Campañó | |
---|---|
Ficheiro:Campañó.jpg igrexa parroquial | |
Concello | Pontevedra |
Coordenadas | 42°27′51″N 8°39′50″O / 42.46416667, -8.66388889Coordenadas: 42°27′51″N 8°39′50″O / 42.46416667, -8.66388889{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina |
Poboación | (Ano 2004) 2.031 hab. |
Entidades de poboación | 31 |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro de Campañó é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.031 habitantes (1.034 mulleres e 997 homes), distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.024 habitantes.
Sitúase ao pé do monte Castrove, a 3 quilómetros da cidade de Pontevedra. Por ela pasa o río Rons e a estrada PO-531.
Patrimonio
É unha parroquia rica en restos arqueolóxicos, tras o achado de petróglifos e cerámicas. Nela hai un poboado castrexo, o castro de Campañó. Moitos cruceiros espállanse polo seu territorio, a meirande parte situados no antigo sitio de Bartram, durante o século XVI. A comezos do século XVII certas terras da parroquia foron aforadas polo arcebispo de Compostela, Maximiliano de Austria.
A igrexa parroquial é de estilo románico, con variada decoración e un gran retablo coa figura de San Pedro ao fondo. O templo é de orixe románica, pero a capela maior reformouse no século XVIII. No Interior hai unha imaxe da Virxe do gótico do século XIV. Ten nas súas periferia unha antela (menhir) e un cemiterio.
Festividades
Ao comezo do verán celébranse as festividades de San Pedro (29 de xuño) e de San Paio (30 de xuño). A Virxe das Dores celébrase os días 17 e 18 de setembro.
Datos diversos
Conta con varias institucións educativas: o CEIP Parada, cuns 100 alumnos e alumnas, e o colexio privado Os Salgueiros.
Ten diversas industrias, e na parroquia está o polígono industrial do Vao, lindeiro co concello de Poio.
Deportes
O Campañó ADX (camiseta dourada, pantalón negro e medias negras) está en 3ª Rexional . Hai dous equipos na liga de veteranos da provincia: o Santo Paio (equipamento vermello) e o Campañó (camiseta verdibranca a raias verticais, pantalón branco e medias verdes).
Lugares e parroquias
Lugares de Campañó
Lugares da parroquia de Campañó no concello de Pontevedra | |
---|---|
Altabón | Barragáns | O Bispo | A Boca | Cabaleiro | O Cachapal | Campañó de Arriba | Carballiños | O Casal de Rei | Casal do Mendo | O Cochón | A Corredoira | Ferreiros | O Freixo | A Galiana | Moldes | Os Muíños | Parada | Pedreira | Piñeiro | O Ribeiro | Sabarís | Soutonovo | O Vao |