Santa Comba, Agolada: Diferenzas entre revisións
Xas (conversa | contribucións) actualizo poboación |
m Elimino o guión (-) para que o modelo non dea erros. |
||
Liña 6: | Liña 6: | ||
|mapa = Parroquia de Santa Comba do concello de Agolada.png |
|mapa = Parroquia de Santa Comba do concello de Agolada.png |
||
|concello = Agolada |
|concello = Agolada |
||
|superficie = |
|superficie = |
||
|poboación = 106 |
|poboación = 106 |
||
|ano = 2011 |
|ano = 2011 |
Revisión como estaba o 28 de febreiro de 2013 ás 09:32
Santa Comba | |
---|---|
Igrexa de San Xoán de Santa Comba. | |
Concello | Agolada |
Coordenadas | 42°46′33″N 8°03′46″O / 42.77573, -8.06268Coordenadas: 42°46′33″N 8°03′46″O / 42.77573, -8.06268 |
Poboación | 106 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 8 |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xoán de Santa Comba é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2011 tiña 106 habitantes (56 homes e 50 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 153 habitantes.
Xeografía
En Santa Comba están os montes Candeiro e San Sadurniño e un pequeno outeiro denominado Monte do Castro con algúns restos da súa antiga fortificación.
Patrimonio
Nas súas proximidades poden verse dúas mámoas. A igrexa parroquial foi construída no século XVIII.
A casa de Quintela ou dos Arias conserva a solaina, a capela e o hórreo, ademais dun escudo no que se adiviña unha torre, un león rampante e unhas barras. Foi fundada polo escribán Alonso de Lodeiro, que obtivo carta de fidalguía en 1568.
Festas
A festa principal e a do Ecce Homo.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Santa Comba, Agolada.
-
Cruceiro en Santa Comba.
-
Campo da festa de Santa Comba.
-
As vinte e catro parroquias que conforman o concello de Agolada.
Lugares e parroquias
Lugares de Santa Comba
Lugares da parroquia de Santa Comba no concello de Agolada (Pontevedra) | |
---|---|
Astrar | Carral | Castro | Garlín | Quintela | Santa Comba | Santán | O Valadoiro |
Parroquias de Agolada