Filosofía helenística: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 24: Liña 24:
O xudaísmo helenístico foi un intento de establecer aos xudeus dentro da cultura do helenismo.
O xudaísmo helenístico foi un intento de establecer aos xudeus dentro da cultura do helenismo.


==Filósofos==
{| class="wikitable"
{| class="wikitable"
! Pitagorismo
! Pitagorismo

Revisión como estaba o 26 de febreiro de 2013 ás 17:18

Chamámoslle filosofía helenística ao período da filosofía occidental que se desenvolveu na civilización helénica tras Aristóteles e acabando co inicio do neoplatonismo.

Trazos da filosofía neste período

  • Cambia o concepto de "home" : Aristóteles falaba dun "animal cívico". O ser humano é entendido coma un "animal social", cuxo marco de referencia é a natureza e a humanidade, reivindicando para si a autosuficiencia e autonomía.
  • Sobre a inestabilidade do tempo, a seguridade persoal e da felicidade individual son as grandes aspiracións do momento.
  • A natureza, tamén chamada cosmos, desenvolve unha nova física e unha nova ética naturalista e cosmopolita.
  • A filosofía está concibida como unha unidade de coñecemento, dividida em lóxica, física e ética, pero cun propósito fundamentalmente moral.

Escolas filosóficas helenísticas

Neste momento, aparecen moitas escolas. Hai moitas influencias mutuas, pero tamén moitas diferenzas.

Pitagorismo

Movemento filosófico, científico e relixioso fundado no século V por Pitágoras. A súa tese básica é a de considerar o número como constituínte último da realidade. A súa fascinación coa aritmética levounos a considerar a importancia do número na vida. Defendeu esta idea engadindo a semellanza que creron atopar entre as matemáticas e os seres e a crenza de que os ceos eran harmonía e número.

Sofismo

Pensamento no cal non se cree nunha verdade absoluta, xa que ao ser todos distintos e ter distintas maneiras de pensar, temos diversos puntos de vista; polo tanto non hai unha verdade absoluta, senón que depende do punto de vista de cada individuo ao que se lle considera como a verdade.

Neoplatonismo

O neoplatonismo é unha renovación da teoría de Platón. Nela, exprésase unha gran curiosidade pola sabedoría e polas relixións orientais. Tamén unha busca continua da verdade e da salvación, e hai unha concepción mística da existencia humana.

Cinismo

Foi fundada por Antístenes. A súa filosofía era que o propósito da vida era vivir unha vida de virtude, de acordo ca natureza. Isto significaba rechazar todos os desexos convencionais de riqueza, poder, sexo e fama, e así vivir unha vida sinxela libre de todas as posesións.

Peripatetismo

Déuselle este nome aos filósofos que mantiveron e desenvolveron a filosofía de Aristóteles. O obxectivo da vida era a felicidade que se orixinou apartir de virtuosas accións, que consistía en manter o equilibrio entre os extremos.

Cristianismo helenístico

Este pensamento foi o intento de reconciliar o cristianismo coa filosofía grega. Reconduce ao seu orixe cristiano e devolve o seu profundo sentido aos valores da civilización. O seu obxectivo é transmitir saber e cultura, despertar a responsabilidade social e impregnar a conciencia moral de todo ser humano.

Xudaísmo helenístico

O xudaísmo helenístico foi un intento de establecer aos xudeus dentro da cultura do helenismo.

Filósofos

Pitagorismo Sofismo Neoplatonismo Cinismo Peripatetismo Cristianismo helenístico Xudaísmo helenístico Platonismo Cirenaísmo Pirronismo Epicureísmo
Pitágoras Protágoras Plotino Antístenes Aristóteles Clemente de Alejandría Filón de Alejandría Espeusipo Aristipo de Cirene Pirrón Epicuro
Hipaso Gorgias Portirio Diógenes de Sinope Teotrasto Orígenes Joseto Jenócrates Timón Metrodo
Antífona Jámblico de Calcis Crates de Tebas Estratón De Lampsaco Agustín de Hipona Arcesilao Enesidemo Zenón
Menipo Alejandro de Afrodisias Carnéades Sexto Empírico Filodemo
Demetrio Antíoco de Ascalón Lucrecio
Plutarco

Ligazóns externas