Método da raia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Sobreira (conversa | contribucións)
m no olixisto
Liña 8: Liña 8:
Debido a que o ronsel deixado procede do mineral pulverizado, a raia pode facerse só con minerais que sexan menos [[dureza|duros]] cá placa, que ten arredor de 7 na [[escala de Mohs]]. No caso de materiais máis duros, a cor do po pode determinarse triturando unha mostra cun martelo, que logo se freta contra a placa. A maioría dos minerais máis duros presentan unha raia branca bastante pouco útil.
Debido a que o ronsel deixado procede do mineral pulverizado, a raia pode facerse só con minerais que sexan menos [[dureza|duros]] cá placa, que ten arredor de 7 na [[escala de Mohs]]. No caso de materiais máis duros, a cor do po pode determinarse triturando unha mostra cun martelo, que logo se freta contra a placa. A maioría dos minerais máis duros presentan unha raia branca bastante pouco útil.


Algúns minerais presentan unha raia cunha cor bastante semellante á cor natural do mineral, mentres que outros amosan sorprendentes cambios de cor. A [[fluorita]] sempre produce unha raia branca aínda que o cristal sexa púrpura, azul, amarelo ou verde. A [[hematita]] ou [[olixisto]], de cor natural aparentemente negra, dá unha raia vermella que é a causa do seu nome (que en [[grego]] significa 'sangue'). A [[galena]], de aparencia semellante ó hematite, ten unha raia gris.
Algúns minerais presentan unha raia cunha cor bastante semellante á cor natural do mineral, mentres que outros amosan sorprendentes cambios de cor. A [[fluorita]] sempre produce unha raia branca aínda que o cristal sexa púrpura, azul, amarelo ou verde. A [[hematita]], de cor natural aparentemente negra, dá unha raia vermella que é a causa do seu nome (que en [[grego]] significa 'sangue'). A [[galena]], de aparencia semellante ó hematite, ten unha raia gris.


==Notas==
==Notas==

Revisión como estaba o 25 de febreiro de 2013 ás 22:14

Placas raiadas por pirita (esquerda) e rodocrosita (dereita)

A raia, risco, trazo ou cor do po dun mineral é a cor do po producida cando se desliza con forza por unha superficie non meteorizada. En contraste coa cor aparente do mineral, que para a maioría pode variar considerablemente, o ronsel de po finamente moído ten xeralmente unha cor máis uniforme e característica, e polo tanto é una ferramenta diagnóstica importante na identificación de minerais. Cando non se produce ningunha raia aparente, dise que é branca ou transparente. A raia é especialmente importante para os materiais opacos ou con cor, pero é menos útil para os silicatos, moitos dos cales teñen unha raia branca e son moi difíciles de pulverizar facilmente.

A cor aparente pode variar moito debido ás impurezas ou a que a estrutura macroscópica do cristal está deturpada. Unha pouca cantidade de impurezas que absorban unha determinada lonxitude de onda poden modificar drásticamente as lonxitudes de onda reflectidas polo especime, e así modificar a cor aparente. Con todo, cando o especime se esborrexe para producir a raia rómpese en cristais orientados aleatoriamente, polo que as impurezas pequenas non afectan grandemente a absorción da luz.

A superficie ó longo da que se raia o mineral chámase placa de raiado, e fabrícase normalmente de azulexo de porcelana non tratada. En ausencia desta placa de raiado, a base non vidrada dun pote ou recipiente de porcelana ou o dorso dun azulexo brillante pode valer. Ás veces, unha raia descríbese máis facil e axustadamente cando se compara coa raia doutra placa.

Debido a que o ronsel deixado procede do mineral pulverizado, a raia pode facerse só con minerais que sexan menos duros cá placa, que ten arredor de 7 na escala de Mohs. No caso de materiais máis duros, a cor do po pode determinarse triturando unha mostra cun martelo, que logo se freta contra a placa. A maioría dos minerais máis duros presentan unha raia branca bastante pouco útil.

Algúns minerais presentan unha raia cunha cor bastante semellante á cor natural do mineral, mentres que outros amosan sorprendentes cambios de cor. A fluorita sempre produce unha raia branca aínda que o cristal sexa púrpura, azul, amarelo ou verde. A hematita, de cor natural aparentemente negra, dá unha raia vermella que é a causa do seu nome (que en grego significa 'sangue'). A galena, de aparencia semellante ó hematite, ten unha raia gris.

Notas

Véxase tamén