Ficus: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: hu:Közönséges füge
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 118: Liña 118:


[[Categoría:Froiteiras]]
[[Categoría:Froiteiras]]
[[Categoría:Ficus|Ficus]]


[[an:Ficus carica]]
[[an:Ficus carica]]

Revisión como estaba o 24 de febreiro de 2013 ás 20:39

Figueira
Estado de conservación
[[Ficheiro:Status_iucn3.1_{{{ESTADO}}}_gl.svg|250px|]]
{{{ESTADO_NOME}}}
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Rosales
Familia: Moraceae
Xénero: Ficus
Nome científico
Ficus carica
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos


As figueiras son árbores do xénero Ficus, familia Moraceae. Tamén son coñecidas como ficus. Hai máis de 1.000 especies de figueiras no mundo, especialmente en climas tropicais e subtropicais (o xénero Ficus é un dos maiores do reino vexetal).

Descrición

As figueiras alcanzan normalmente porte arbóreo, aínda que algunhas especies non crezan moito e permanezan como arbustos, outros teñan hábito rubidor, e haxa até especies rastreiras. En todos os casos son plantas leñosas, moitas con tronco de forma irregular, ou escultural, con raíces adventicias e superficiais. As follas son alternas, usualmente providas de látex. As flores son diminutas, unisexuais, reunidas nunha inflorescencia especial denominada sicóns, que consiste nun receptáculo pechado, coas flores inseridas no interior, e un orificio de saída no ápice, ou ostíolo. Os froitos son aquenios que madurecen dentro do propio sinconio, dándoselle o nome de figo ó conxunto.

As principais diferenzas entre as especies danse no porte, forma do tronco, forma, textura e consistencia das follas, cor, textura e forma dos sinconios, etc. Hai 4 subxéneros de Ficus separados entre si por características microscópicas nas súas pequenas flores, e pola ocorrencia de plantas unisexuais ou hermafroditas.

Ecoloxía

Ficus clusiifolia crecendo sobre muro.

As figueiras posúen un dos sistemas de reprodución máis curioso da natureza. As súas flores, encerradas nos sinconios, non teñen contacto directo co ambiente exterior, de forma que o pole non pode ser transferido dunha planta a outra espontaneamente.

Hai unha serie de especies de vespas minúsculas que se aproveitan da protección do sinconio para depositar os seus ovos. Procuran sinconios cuxas flores femininas estean maduras, e depositan os ovos nos seus ovarios, de modo que as larvas se alimentarán das sementes. Cando atinxen a fase adulta, os machos rapidamente fecundan ás femias e morren (sen xamais teren saído dos figos). As femias entón procuran sair polo ostíolo, escalando as paredes internas do sinconio. É neste momento que as flores masculinas están maduras, de modo que depositan o seu pole sobre as femias antes destas gañaren a liberdade. As femias entón repetirán o seu ciclo, buscando um sinconio con flores femininas para depositar os seus ovos, e ao mesmo tempo fertilizar as flores que non serán inoculadas.

Algunhas especies de figueiras só producen figos con flores masculinas ou femininas. Neste caso, é comun que os sinconios "masculinos" presenten flores femininas estériles, incapaces de producir sementes, mais que ainda así servirán de alimento ás larvas das vespas, asegurando que o proceso antes descrito ocorra.

Especies de figueiras máis populares

Raíces superficiais de Ficus benjamina.
Tronco estrangulador de Ficus clusiifolia.
Sicómoro grande mais debilitado na Quinta da Boa Vista, Rio de Janeiro
  • F. carica, ou figueira común, é a árbore que produce os figos comestíbeis. Nativa do Oriente Medio e do Mediterráneo, os seus froitos son consumidos desde a antigüidade. Son popularmente usados ó natural, en compotas ou en doces.
  • F. elastica, ou falsa-hevea, é unha das árbores tropicais mais cultivadas do mundo. Nativa da India, é unha árbore de porte imponente, cuxo tronco e raíces - e até mesmo o tamaño das follas - se pode presentar de maneiras diferentes, de acordo coa variedade e as condicións de cultivo. Normalmente producen moitas raíces adventicias que, ao alcanzar o solo, engrosan como verdadeiros troncos auxiliares. Algúns usan o seu látex como bronceador. En realidade. este látex é extremamente tóxico, e exposto ao sol, destrúe a pel (o efecto de "bronceamento", na verdade, é consecuencia da morte do tecido). A exposición prolongada aínda pode causar cancro.
  • F. benjamina, ficus ou figueira-benxamín orixinaria da India, é cultivada pola súa follaxe brillante e delicada. É común vela en vasos, con porte baixo e copa podada, mais é unha planta que pode sobrepasar os 20 metros de altura, e as súas raíces poden destruír muros e pavimentos con facilidade.
  • F. microcarpa é outra especie indiana introducida no Brasil como ornamental. Ao contrario das anteriores, neste país hai vespas capaces de efectuar a súa polinización, de modo que ela consegue reproducirse libremente. As súas sementes xerminan en case calquera condición, inclusive en rachaduras de construcións, pontes, muros, calzadas, etc. Esta especie crece tanto como a figueira-benxamín, e en pouco tempo pode destruír todo á súa volta.
  • F. pumila, ou hera, ou figueira-trepadeira, é moi apreciada como ornamental. Posúe raíces adventicias pequenas que se prenden a calquera superficie, permitindo que a planta creza sobre muros.
  • F. clusiifolia, ou figueira-vermella, nativa do Brasil, é unha das que se comportan como "estranguladoras". Ocasionalmente xerminan sobre outras árbores, e compórtanse como epífitas até que as súas raíces alcancen o solo. Entón as raíces engrosan, crecen en volta da árbore hospedeira, até que a sufocan por apertamento e destrución dos feixes vasculares, e a matan. Os seus froitos son vermellos, pequenos, mais saborosos.
  • F. gomeleira, ou gameleira branca, é nativa do centro-sur do Brasil, e cultivada polas súas propiedades medicinais.
  • F. benghalensis, ou bánian, nativa da India, posúe raíces adventicias monumentais, por veces crecendo máis en envergadura que en altura. No seu país de orixe, hai feiras e salas de aula construídas en medio das súas raíces.
  • F. sycomorus, ou sicómoro, nativa do Oriente Medio, posúe un tronco forte, de gran circunferencia. É probabelmente a árbore citada na Biblia, no libro de Lucas, cando Zaqueu tería subido nunha árbore desta especie para ver a chegada de Xesús a Xerusalén.
  • F. doliaria
  • F. pandurata
  • F. utilis

Precaucións

De entre as cerca de 1.000 especies de figueiras hai moitas venenosas e moitas con froitos comestíbeis. As especies do subxénero Pharmacosyce son case todas tóxicas, mentres que os outros tres subxéneros son predominantemente inofensivas. Porén, a principal diferenza entre estes grupos reside nas minúsculas flores inseridas no interior dos sinconios, cuxa observación pode escapar aos ollos até mesmo dun botánico profesional. Polo tanto, antes de consumir figos descoñecidos, ou usar o seu látex ou as súas follas para fins medicinais, procure un botánico que poida identificar as especies correctamente, é dicir se a especie en cuestión é adecuada ao consumo.

A figueira na cultura popular galega

Lamas Carvajal recolle o uso dos figos, entre outros obxectos, para cura-lo tarangaño dos nenos (raquitismo), colgándollos do pescozo. Lis Quibén recoulle outro uso medicinal, neste caso para cura-lo mal do torrón (unha enfermidade do bazo non definida): consiste en leva-lo meniño enfermo de noite a un prado no que medre unha figueira -ou unha moreira- e colocalo de pé sobre a herba, logo córtase o terrón ó redor dos pés e volven á casa co terrón posto sobre o bazo de enfermo. Así como vai secando o terrón, vai curando o rapaz.

Moito máis estendido é o uso do leite dos figos e brevas (é dicir, do látex) para cura-las espullas.

Locucións

  • Caer coma un figo maduro (ceder unha muller ós requirimentos sexuais dun home).
  • Estar coma unha breva (dise dunha persoa chea de achaques).
  • Máis mol que unha breva
  • Mirrado coma un figo
  • Ser coma a leña da figueira, recia de fume, fraca de madeira (aparentar máis do que se é).
  • Ser coma un figo (ser moi delicado, que non se lle pode tocar).

Refraneiro

  • A leña da figueira, recia de fume e fraca de madeira.
  • A negra con frío non vale un figo, a branca con xiada, nin figo nin nada.
  • A unha vella enriba de un muro, tembláballe o cú coma un figo maduro.
  • Ano de brevas, nunca acá veñas.
  • Ano de brevas, nunca o vexas.
  • Auga ó figo e prá pera viño.
  • Cando a figueira ten folla, val ouro a solla.
  • Cando a gaivota busca unha figueira, anuncia tempestades desa maneira.
  • Cando hai uvas e figos, amaña os teus vestidos.
  • Con brevas e con figos non aproveitan os viños.
  • Con brevas, viño bebas, e con figos, auga e viño.
  • Con caracoles, figos e brevas auga non bebas, pero o pan e o viño sexa tanto que todo o que comas ande nadando.
  • Con figos e brevas viño non bebas.
  • Con figos e brevas, auga bebas.
  • Con figos, bebe auga ou viño.
  • Deben nadar en viño os caracois, as brevas e os figos.
  • Digo e redigo que a breva nunca foi figo.
  • Digo que a figueira non é figo, e así o digo.
  • En tempo de figos non hai amigos.
  • Figos á figueira, vellos á fogueira.
  • Figos á figueira, vellos á golfeira.
  • Folla na figueira, muxe na ribeira.
  • Nin morcilla sen figos nin voda sen pantrigo.
  • No tempo dos figos non hai amigos.
  • O figo na figueira, a froita na praza e a moza no mesón, tres cousas son que maduran sen sazón.
  • O que digo, digo, que a breva non é figo.
  • Ós figos, se son verdes, hai que darlle viño.
  • Os figos, se son verdes, hai que darlle ó viño.
  • Por santa Técola acábanse as queixas. (Santa Tegra, 23 de setembro)
  • Primeiro a ameixa, despois a cereixa, despois o figo e o carrapichote meu amigo.
  • San Técola que vindima as uvas e os figos leva.
  • Santiago trai as béveras e os figos leva santa Tecra.

Cantigueiro

  • A miña muller é vella,/ de vella non me ten fillos,/ héina de mandar colgar/ nunha figueira de figos.
  • A miña muller é vella/ e de vella non ten fillos;/ heina de pór de espantallo/ nunha figueira dos figos.
  • A unha vella/ enriba de un muro/ tembláballe o cú/ coma un figo maduro.
  • A unha vella/ que estaba no muro/ tembráballe o cu/ como un figo maduro.
  • Eu non quero uvas,/ figos nin castañas,/ pero prás ameixas/ teño boas mañas.
  • O rei mandou unha carta/ dentro dun figo maduro:/ que as mulleres beban viño e os homes, mexo de burro.
  • ¡Quen fora reichiño ruibo/ pra cantar na túa figueira,/ pra non salir do teu horto/ e aniñar na túa silveira. [1]
  • Vaia, que non tornas pouco/ da túa figueira, valeca!/ Eche segundo, meu neno,/ eche segundo a quen sexa.
  • Veña o aguinaldo logo,/ figos, viños e lacós:/ somos bos de conformar,/ non somos nada lapós.

Adiviñas

  • Adiviña adiviñador, ¿que frutal carga sen a súa frol?.
  • Altas nais capeludas,/ mais fillos zaramboles. Adiviña ti, se podes.
  • Cen e cen fillos ten/ e todos a leite os mantén.
  • Cen e cen fillos ten/ e todos con leite mantén.
  • Cen e cen fillos ten/ e a todos con leite os mantén.

En tódolos casos, a solución é a figueira.

Notas

  1. Rei é un dos nomes que recibe o paporroibo.

Véxase tamén

Bibliografía

Carauta, J. P. P. & Dias, B. E. (2002). Figueiras do Brasil. Editora UFRJ. 211 pp.