Xunta de Galicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Outroshomónimos|Xunta de Galicia (homónimos)}}
{{Outroshomónimos|Xunta de Galicia (homónimos)}}
[[Ficheiro:Santiago Concello 604.jpg|miniatura|dereita|300px|Sede da Presidencia da Xunta de Galicia, no [[pazo de Raxoi]], compartida co Concello de [[Santiago de Compostela]].]]
[[Ficheiro:Santiago Concello 604.jpg|miniatura|dereita|300px|Sede da Presidencia da Xunta de Galicia, no [[pazo de Raxoi]], compartida co Concello de [[Santiago de Compostela]].]]
A '''Xunta de Galicia''' ou simplemente '''Xunta''' aparece definida no [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981|Estatuto de Autonomía de Galicia]] coma o órgano colexiado do Goberno de [[Galiza]]. Está composta polo [[Presidente da Xunta|Presidente]], [[Vicepresidencia da Xunta de Galicia|vicepresidentes]] e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo [[Lista de Presidentes de Galiza|presidente]]. [[Galiza]] exerce as súas funcións administrativas a través da '''Xunta''' e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no [[Pazo de Raxoi]].
A '''Xunta de Galicia''' ou simplemente '''Xunta''' aparece definida no [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981|Estatuto de Autonomía de Galicia]] coma o órgano colexiado do Goberno de [[Galicia]]. Está composta polo [[Presidente da Xunta|Presidente]], [[Vicepresidencia da Xunta de Galicia|vicepresidentes]] e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo [[Lista de Presidentes de Galicia|presidente]]. [[Galicia]] exerce as súas funcións administrativas a través da '''Xunta''' e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no [[Pazo de Raxoi]].


==Atribucións e funcionamento==
==Atribucións e funcionamento==
A '''Xunta''' regula os seus propios tributos, elabora as normas para xestionar os impostos estatais e elabora e aplica o orzamento de [[Galiza]]. Tamén ten competencias exclusivas, entre as que se atopan as referidas á organización das súas institucións de autogoberno e das [[Comarcas de Galicia|comarcas]] e [[Parroquias de Galicia|parroquias]] rurais como entidades propias de [[Galiza]]; ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda; actuacións en relación ás institucións do [[Dereito Civil]] galego; normas procesais e procedementos administrativos que se deriven do específico [[Dereito]] galego ou da organización dos poderes públicos; obras públicas; vías férreas, estradas e transporte; portos, aeroportos e heliportos; aproveitamentos forestais, hidráulicos e relativos á enerxía eléctrica; augas minerais e termais; pesca nas rías e augas interiores; feiras e mercados; artesanía, patrimonio artístico, bibliotecas, museos, conservatorios de música e servizos de [[Belas Artes]]; fomento da cultura e da investigación; promoción e ensino da lingua galega, do turismo e do deporte; asistencia social; creación dunha Policía Autónoma; réxime das fundacións; casinos, xogos e apostas; centros de contratación de mercancías e valores; confrarías de pescadores e distintas cámaras e normas adicionais sobre protección do medio ambiente.
A '''Xunta''' regula os seus propios tributos, elabora as normas para xestionar os impostos estatais e elabora e aplica o orzamento de [[Galicia]]. Tamén ten competencias exclusivas, entre as que se atopan as referidas á organización das súas institucións de autogoberno e das [[Comarcas de Galicia|comarcas]] e [[Parroquias de Galicia|parroquias]] rurais como entidades propias de [[Galiza]]; ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda; actuacións en relación ás institucións do [[Dereito Civil]] galego; normas procesais e procedementos administrativos que se deriven do específico [[Dereito]] galego ou da organización dos poderes públicos; obras públicas; vías férreas, estradas e transporte; portos, aeroportos e heliportos; aproveitamentos forestais, hidráulicos e relativos á enerxía eléctrica; augas minerais e termais; pesca nas rías e augas interiores; feiras e mercados; artesanía, patrimonio artístico, bibliotecas, museos, conservatorios de música e servizos de [[Belas Artes]]; fomento da cultura e da investigación; promoción e ensino da lingua galega, do turismo e do deporte; asistencia social; creación dunha Policía Autónoma; réxime das fundacións; casinos, xogos e apostas; centros de contratación de mercancías e valores; confrarías de pescadores e distintas cámaras e normas adicionais sobre protección do medio ambiente.


== Historia ==
== Historia ==
Liña 30: Liña 30:


== Consellarías ==
== Consellarías ==
Desde o 4 de xaneiro de 2012 [http://www.xunta.es/c/document_library/get_file?folderId=460725&name=DLFE-13402.pdf] o goberno da Xunta está formado polo presidente e 8 consellarías, todas elas rexidas por membros do [[PPdeG]].
Desde o 2 de decembro de 2012 [http://www.farodevigo.es/galicia/2012/12/02/feijoo-nombra-francisco-conde-conselleiro-economia-e-industria/720811.html] o goberno da Xunta está formado polo presidente e 8 consellarías, todas elas rexidas por membros do [[PPdeG]]. A única mudanza co anterior goberno é o cambio de [[Javier Guerra]] por [[Francisco Conde]] ao frente da [[Consellería de Economía e Industria]].


*[[Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza]]: [[Alfonso Rueda]].
*[[Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza]]: [[Alfonso Rueda]].

Revisión como estaba o 23 de febreiro de 2013 ás 23:40

Sede da Presidencia da Xunta de Galicia, no pazo de Raxoi, compartida co Concello de Santiago de Compostela.

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi.

Atribucións e funcionamento

A Xunta regula os seus propios tributos, elabora as normas para xestionar os impostos estatais e elabora e aplica o orzamento de Galicia. Tamén ten competencias exclusivas, entre as que se atopan as referidas á organización das súas institucións de autogoberno e das comarcas e parroquias rurais como entidades propias de Galiza; ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda; actuacións en relación ás institucións do Dereito Civil galego; normas procesais e procedementos administrativos que se deriven do específico Dereito galego ou da organización dos poderes públicos; obras públicas; vías férreas, estradas e transporte; portos, aeroportos e heliportos; aproveitamentos forestais, hidráulicos e relativos á enerxía eléctrica; augas minerais e termais; pesca nas rías e augas interiores; feiras e mercados; artesanía, patrimonio artístico, bibliotecas, museos, conservatorios de música e servizos de Belas Artes; fomento da cultura e da investigación; promoción e ensino da lingua galega, do turismo e do deporte; asistencia social; creación dunha Policía Autónoma; réxime das fundacións; casinos, xogos e apostas; centros de contratación de mercancías e valores; confrarías de pescadores e distintas cámaras e normas adicionais sobre protección do medio ambiente.

Historia

A Xunta de Galicia ten a súa orixe na Xunta do Reino de Galiza creada en 1528 e que perviviría, con algunhas interrupcións, ata 1833.

Durante a Guerra da Independencia Española, en 1808, crease a Xunta Suprema de Galicia para dirixir a loita contra os franceses e manter a orde pública. A Xunta Suprema asumiu funcións militares, lexislativas e de relacións internacionais ata a creación da Xunta Central Española.

En 1843 constituíuse unha Xunta Central de Galicia presidida por Xosé María Suances oposta á rexencia de Espartero.

En 1846 prodúcese o levantamento do comandante Solís en Lugo, que disolve o Consello Provincial e a Deputación organizando a Xunta Superior do Goberno de Galicia, presidida por Pío Rodríguez Terrazo e que remataría co fusilamento dos Mártires de Carral.

Finalmente, o Real Decreto-Lei 7/1978 e o Real Decreto 474/1978 aprobados o 16 de marzo de 1978 designan a Xunta de Galicia como goberno galego [1].

Presidencia da Xunta de Galicia

Alberto Núñez Feijoo.
Artigo principal: Presidente da Xunta.

Consellarías

Desde o 2 de decembro de 2012 [3] o goberno da Xunta está formado polo presidente e 8 consellarías, todas elas rexidas por membros do PPdeG. A única mudanza co anterior goberno é o cambio de Javier Guerra por Francisco Conde ao frente da Consellería de Economía e Industria.

Situación

Sede da Xunta de Galicia en Vigo.
Delegación da Xunta en Pontevedra.
  • Edificios Administrativos San Caetano
    San Caetano, s/n
    15704 - Santiago de Compostela
  • Pazo de Raxoi
    Praza do Obradoiro.
    15705 - Santiago de Compostela
  • Sede da Xunta de Galicia na Coruña
    Avda. Salvador de Madariaga, 9
    154781 - A Coruña
  • Sede da Xunta de Galicia en Lugo
    Ronda da Muralla, 70
    27071 - Lugo
  • Sede da Xunta de Galicia en Ourense
    Avda. da Habana, 79
    32004 - Ourense
  • Sede da Xunta de Galicia en Pontevedra
    Rúa Fernández Ladreda s/n. - Pontevedra
  • Sede da Xunta de Galicia en Vigo
    Rúa Concepción Arenal, 8
    36201 - Vigo

Notas

  1. Real Decreto-lei 7/1978, polo que se aproba o réxime preautonómico para Galicia (BOE nº 66, de 18.03.1978) [1] e Real Decreto 474/1978, polo que se desenvolve o Real Decreto-lei 7/1978 (BOE nº 66, de 18.03.1978) [2].

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas