Andros, Grecia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Nallimbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: bg:Андрос
Liña 88: Liña 88:


[[ar:أندروس]]
[[ar:أندروس]]
[[bg:Андрос]]
[[br:Andros]]
[[br:Andros]]
[[ca:Andros]]
[[ca:Andros]]

Revisión como estaba o 23 de febreiro de 2013 ás 06:10

Andros - Άνδρος
Vista da illa
Cidade de Andros
Datos
Capital Andros
País Grecia
Localización Mar Mediterráneo
Arquipélago Cícladas
Linguas Grego
Poboación (2001) 10.009 hab.
Superficie 380´04 Km²
Densidade 26 hab/km²
Coordenadas 37°50′N 24°56′L / 37.833, -24.933
Maior Altura 995 m. Monte Kouvara
Localización
Localización da illa

Andros (en grego: Άνδρος) é unha illa de Grecia, a máis setentrional do arquipélago das Cícladas, situada entre Eubea ao nordeste, que se acha a uns 10 km, e Tinos ao sur, a tan só 3 km.

A súa superficie é de 374 km², cuns 40 km de longo e unha anchura máxima de 16 km. É montañosa e ten vales fértiles e ben regados.

Andros ou Khora, a capital, na costa este, tiña uns 2.000 habitantes en 1992, os mesmos que un século atrás. A illa tiña 18.000 habitantes en 1900, cunha densidade de 48,13 hab/km². En 1991, o censo era de de 8.781 habitantes, cunha densidade de 23,48 Hab/Km². En (1992), a poboación da cidade de Andros era de 2.000 habitantes e o total da illa de 10.500 habitantes.


Toponimia

Segundo a mitoloxía grega, o seu nome deriva de Andreos, a quen Radamante deixou o control da illa (Diodoro Sículo, v.79).

Segundo outra tradición, estivo poboada por guerreiros da illa de Cos, levados por Fidipo, de regreso da guerra de Troia (pseudo-Apolodoro, Epítome, vi.15b)

Historia

Foi colonizada polos xonios cara ao século -X, quizais mesturados con tracios. Aínda que no século VII foi colonizada por Eretria e dependía dela, foi o suficientemente próspera para fundar varias colonias na Calcídica, cara ao -654 (Acanto, Estaxira, Argilos e Sane).

Cando Xerxes II invadiu Grecia, Andros tivo que achegar naves ao exército persa (-480). Como consecuencia, o estratego ateniense Temístocles, impúxolle unha multa que non pagou, e a capital da illa foi asediada; pero non puido ser conquistada.

Ao cabo dun tempo, foi sometida por Atenas e despois polos reis macedonios.

No -200, foi ocupada polos romanos e foi cedida a Atalo I, rei de Pérgamo.

A antiga capital, Andros, tiña boas fortificacións e utilizaba de porto o de Gaurion.

Antes de caer baixo o poder otomán, Andros foi gobernada, entre 1207 e 1566, polas familias Zeno e Sommariva, como protectorado veneciano.

Entrou a formar parte do estado grego contemporáneo tras a súa creación en 1821.

Lugares de interese

  • Andros ou Khora, a capital, está arriba dun promontorio entre dúas praias. É unha mestura de mansións neoclásicas de logo da Primeira Guerra Mundial e de casas tipicamente cicládicas. as prazas están pavimentadas con mármore. Ao final do promontorio hai dúas illas, a primeira das cales está unida a terra por unha ponte de ladrillo, onde están as ruínas dun castelo veneciano, e a segunda cun faro. Hai tres museos: o Museo Arqueolóxico, o Museo de Arte Moderna e o Museo Marítimo.
  • A principal cidade de veraneo é Batsí, na costa occidental, moi popular entre os turistas gregos.
  • A illa é famosa polas fontes de auga mineral de Apikia, a uns 3 km de Khora, que mana dunha cabeza de león.
  • Paleópolis, a antiga capital, na costa oeste, áchase en gran parte mergullada.
  • Estenias, na costa oriental, preto das praias de Gialia e Piso Gialia, é seguramente o pobo máis pintoresco da illa. A costa este non é precisamente famosa pola súa actitude favorable ao turismo, e de feito xa fai tempo que se intenta reducir o número de visitantes, de maneira que non se degrade a paisaxe como pasou nas illas veciñas (especialmente Miconos). En Estenias non hai practicamente vida comercial.

Ligazóns externas