Federico Fellini: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: ba:Федерико Феллини
m r2.7.2) (Bot: Engado: min:Federico Fellini
Liña 73: Liña 73:
[[lt:Federico Fellini]]
[[lt:Federico Fellini]]
[[lv:Federiko Fellīni]]
[[lv:Federiko Fellīni]]
[[min:Federico Fellini]]
[[mk:Федерико Фелини]]
[[mk:Федерико Фелини]]
[[ml:ഫെഡെറികോ ഫെല്ലിനി]]
[[ml:ഫെഡെറികോ ഫെല്ലിനി]]

Revisión como estaba o 22 de febreiro de 2013 ás 22:19

Modelo:Actor Federico Fellini, nado en Rimini o 20 de xaneiro de 1920 e finado en Roma o 31 de outubro de 1993, foi un director de cine italiano.

Traxectoria

Comezos

Fellini pasou a súa infancia en Rimini e posteriormente viviu en Florencia, pasando no ano 1939 a vivir en Roma, cidade na que traballaría como xornalista, escritor e debuxante. A data clave na súa relación co cine foi no ano 1944, cando coñeceu ó director Roberto Rosselini, un dos máis importantes directores do neorrealismo italiano. Colaborou como guionista con Rosselini en Roma, cittá aperta (1945).

Actividade

No 1951 estreouse como director codirixindo xunto con Alberto Lattuada, o filme Luces de variedades (1951), e en solitario co filme O xeque branco (1952). Gañou o seu primeiro premio co filme Os inútiles (1953) na Mostra de Venecia. Cos seus seguintes filmes, La Strada (1954) e As noites de Cabiria (1956), protagonizadas pola súa muller, Giuletta Massina, acadarían sendos óscars de Hollywood ó mellor filme estranxeiro nos anos 1957 e 1958. O seu seguinte filme, La dolce vita (1960) foi un importante éxito comercial e o comezo da colaboración co actor Marcello Mastroianni, habitual nos seus filmes a partir de entón, o que lle permitiu desprenderse da súa herencia neorrealista. Oito e medio (1963) marcou ó comezo da segunda etapa do cine de Fellini, marcado por unha exuberante fantasía e barroquismo, cun humor de trazos surrealistas. Giulletta dos espíritos (1965) orixinou certa polémica, que se repitiría noutros filmes como Roma (1972), sobre todo pola ironía ca que trata á sociedade italiana, especialmente á igrexa. Con Amarcord (1973), Fellini volveu á adolescencia do seu Rímini natal.

Últimos anos

Os seus últimos traballos, entre os que destacan Ensaio de orquestra (1978), A cidade das mulleres (1980), E a nave vaise (1983), Ginger e Fred (1985) e Entrevista (1988), mostran o seu desgusto diante de certos aspectos do mundo moderno. En 1993 recibiu o seu quinto óscar ó conxunto da súa carreira.