Deportivo da Coruña: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Liña 2.081: Liña 2.081:
[[tr:Deportivo La Coruña]]
[[tr:Deportivo La Coruña]]
[[uk:Депортіво (Ла-Корунья)]]
[[uk:Депортіво (Ла-Корунья)]]
[[zh:拉科鲁尼亚竞技]]
[[zh:拉科鲁尼亚竞技俱乐部]]
[[zh-yue:拉科魯尼亞足球會]]
[[zh-yue:拉科魯尼亞足球會]]

Revisión como estaba o 22 de febreiro de 2013 ás 21:26

Deportivo da Coruña
NomeReal Club Deportivo de La Coruña, S.A.D.
Alcume(s)Dépor
Deportivistas
Herculinos
Branquiazuis
Turcos
Superdépor
Fundación2 de marzo de 1906 (118 anos)
EstadioRiazor,
A Coruña, Galicia Galicia
Inauguración28 de outubro de 1944
Capacidade34.600
PresidenteGalicia Augusto César Lendoiro
AdestradorGalicia Fernando Vázquez
LigaPrimeira División
2011–12 (Segunda División)
VestimentaLotto Sport
PatrocinadorEstrella Galicia
Na rede
http://www.canaldeportivo.com/
Facebook: RCDeportivo Twitter: RCDeportivo Instagram: rcdeportivo Youtube: UCY2s1XaPzO60Hu6M_YZCTgA Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. Logo de 20 tempadas consecutivas en Primeira, 16 delas entre os 10 primeiros clasificados,[1] descendeu na tempada 2010–11,[2] voltando á máxima categoría na tempada seguinte.

Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: Unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor". En total, o club ten no seu haber unha Liga, cinco subcampionatos e catro terceiros postos, dúas copas do Rei e tres Supercopas de España como máximos logros nacionais, e unha clasificación á semifinal da Recopa de Europa e outra á da Liga de Campións como éxitos internacionais.

Ocupa o posto 31 da clasificación histórica da IFFHS.[3] No ano 2009, a mesma organización colocaba ao clube no posto 171 da súa clasificación dos 200 mellores clubes europeos do século XX.[4]

Logo de 41 temporadas en Primeira, o club ocupa o posto 11º na Clasificación histórica da Primeira división española. Ademais é o 9º equipo en número de afeccionados en España (2,2%), segundo unha enquisa do CIS de maio de 2007.[5] A finais de 2003 o club contaba con 287 peñas, pero na tempada 2011–12 en Segunda División esa cifra de peñas baixou a 156.[6]

Mantén historicamente unha gran rivalidade co Celta de Vigo, chamándose aos partidos entre eles Derbis galegos. Tamén tiña unha forte rivalidade coa SD Compostela, sobre todo cando ambos equipos estaban en Primeira División.

Historia

Primeiras tempadas e ascenso a Primeira

O Deportivo quedou encadrado, no primeiro campionato de Liga celebrado en 1929 no grupo primeiro da Segunda División, formada por dez equipos: Sevilla, Iberia, Alavés, Sporting, Valencia, Betis, Oviedo, Celta, Racing Madrid e Deportivo. Permanecería o club en devandita categoría dez tempadas ata lograr o ascenso á Primeira División na tempada 1940-41. O ano anterior foi campión de Segunda pero non logrou ascender. Na súa primeira participación en Primeira División quedou cuarto, destacando as vitorias fronte Real Madrid (1-0), Celta (4-0) e Barcelona (1-0). O seu porteiro, Juan Acuña, logrou ser o porteiro menos batido da competición por terceira vez na súa carreira (a tempada seguinte volvería conseguilo).

A inauguración do novo Estadio de Riazor, en 1944 fronte ó Valencia, foi o preludio do descenso do club de novo á Segunda División. Tras sucesivos ascensos e descensos, o Deportivo acada o seu primeiro subcampionato de liga na tempada 1949-50, na que se alzaría co título o Atlético de Madrid, que conseguiu un punto máis que o Deportivo. Permanecería o club herculino en Primeira División ata a tempada 1956-57, trala cal collería a fama de equipo "ascensor" polos seus continuos ascensos e descensos.

Os peores anos

Desde a tempada 1972–73 ata a 1991–92 o Deportivo non soubo o que era xogar en Primeira. En 1973 descende a Segunda e a tempada seguinte tocou fondo, descendendo a Terceira División. Esa tempada, a 1974–75, o equipo proclamouse campión na categoría, ascendendo novamente. Tras cinco tempadas en Segunda o equipo descendeu á recén creada Segunda B, categoría na que só xogou unha tempada, a 1980–81. Tras o ascenso viñeron dez tempadas consecutivas na división de prata.

En 1991 o Deportivo, con xogadores como Dragan Kanatlarovski ou Antonio Molinos ascende definitivamente a Primeira División.

A chegada á presidencia de Augusto César Lendoiro e o seu consello de administración en xuño de 1988 marcaron un punto de inflexión na historia do Dépor, xa que se pasa dun equipo ascensor que se salvou a tempada anterior no desconto do último partido do descenso a Segunda B e que, polas débedas estaba ao bordo da desaparición, a un equipo que anos máis tarde se codearía cos grandes de Europa.

O Superdépor

En 1992, o Club vese obrigado a converterse en Sociedade Anónima Deportiva. As fichaxes dos brasileiros Bebeto e Mauro Silva e o seu terceiro posto en Liga na tempada 1992-93, supuxeron o nacemento do que se veu en chamar "Superdépor", que a punto estivo de adxudicarse a súa primeira liga na tempada seguinte: un penalti malogrado polo serbio Djukic no último minuto do partido que pechaba o campionato deu o título ao FC Barcelona. No entanto, devandita tempada pasou á historia como a primeira na que o Deportivo xogou unha competición continental: a Copa da UEFA, sendo eliminado nos oitavos de final polo Eintracht Frankfurt. Ademais, esta tempada o Depor conseguiu os trofeos Pichichi e Zamora. Bebeto foi o máximo goleador con 29 goles e Liaño compartiu o premio con Cañizares. Na seguinte tempada Liaño converteu ao Deportivo no mellor equipo defensivo nunha tempada de Liga, encaixando tan só 18 goles nas 38 xornadas de Liga (só recibiu goles en 12 partidos), o que fai unha media de 0,474 goles/partido.

Nas dúas seguintes tempadas, 1993-94 e 1994-95, o equipo logra dous subcampionatos de Liga. Nesta última, conseguiuse o primeiro título, unha Copa do Rei. O equipo venceu en Madrid ao Valencia CF (2-1) con goles de Manjarín e de Alfredo, tanto que será almacenado nas retinas de todos os deportivistas logo dun gran centro, saltando e rematando de cabeza de cabeza ante un atónito Zubizarreta que viu como o xogador se anticipaba ao seu salto, nun partido disputado en dous actos debido a unha gran tromba de auga. O equipo era adestrado por Arsenio Iglesias, sendo os seus xogadores claves Djukic, Claudio, Aldana, Fran, Mauro Silva e Bebeto. Na tempada 1995-96 o equipo álzase coa Supercopa tras vencer ao Real Madrid a dobre partido. Ademais o Deportivo chega ás semifinais da desaparecida Recopa de Europa. A tempada 1996-97 coincide coa chegada de xogadores estranxeiros como Rivaldo, Naybet ou Songo'o e o equipo logra un terceiro posto na liga. A seguinte foi unha mala tempada para o Deportivo que terminou 12º na Liga, ano do traspaso de Rivaldo ao Barça e da chegada de Djalminha.

O Eurodépor

Diego Tristán logrou un trofeo Pichichi co Deportivo

Na tempada 1998–99, Javier Irureta, adestrador procedente do Celta, chega á Coruña deixando ao Deportivo en sexta posición, clasificado para a Copa da UEFA e alcanzando as semifinais da Copa do Rei.

Na tempada 1999–00 chegaría o primeiro e único título de Liga do Deportivo. Con Songo'o, Djalminha, Pauleta, Fran, Mauro Silva, Donato, Naybet, Turu Flores e Roy Makaay como protagonistas, o Depor proclamouse campión de liga o 19 de maio de 2000, en Riazor ante o Espanyol.

A partir de aí, e da man de grandes futbolistas de talle mundial como Molina, Valerón, Diego Tristán, Sergio e moitos dos campións de liga, e tamén de man de Irureta e Lendoiro, vivíronse cinco anos de grandes éxitos na Liga de Campións (atinxindo unha semifinal e por tres veces os cuartos de final), lográronse dous novos subcampionatos de Liga e unha nova Copa do Rei en 2002, en final disputada no Estadio Santiago Bernabéu contra o Real Madrid, no día en que a entidade merengue celebraba a súa centenario, feito que popularmente coñécese como o "Centenariazo", dado o seu gran parecido coa final da Copa Mundial de Fútbol de 1950 que historicamente foi coñecida como Maracanazo. Diego Tristán e Roy Makaay gañaron o Trofeo Pichichi en tempadas consecutivas, logrando este último a Bota de Ouro en 2003.

O centenario

Artigo principal: Centenario do Deportivo.

Logo da etapa dourada do Deportivo con Irureta no banquiño, o 2006, ano no que o club celebrou o seu centenario, marca o inicio dunha etapa de transición marcada pola grave crise económica e as débedas. A chegada de Joaquín Caparrós supón unha auténtica revolución no plantel. Moitos dos pesos pesados do vestiario, como Molina, Scaloni, Víctor ou Diego Tristán abandonan a entidade, que invirte 9,3 millóns de euros na fichaxe de 17 xogadores, a maioría novos e con proxección, entre os que destacan Riki, Filipe Luis, Lopo ou Juan Rodríguez. Prodúcese tamén unha reformulación dos obxectivos deportivos, fixados agora na permanencia. Mais, a pesar da falta de apuros deportivos e a participación na Copa Intertoto, o mal xogo e o desencontro coa bancada propician a saída do técnico despois de dúas temporadas.

A etapa de Lotina (2007–2011)

Deportivo da Coruña no 2008.

A era de Miguel Ángel Lotina no banquiño branquiazul daba comezo na tempada 2007-08. O mexicano Andrés Guardado firma polo Deportivo por 7 millóns de euros e marcha Jorge Andrade á Juventus que paga 10 millóns polo xogador. Nesta temporada, tras unha primeira volta do campionato coqueteando co descenso, o equipo consegue rematar unha segunda volta inmellorábel clasificándose para a Copa Intertoto tres anos despois da última participación en Europa, tras quedar 9º por encima do Athletic de Bilbao (o seu máis próximo perseguidor inscrito para a Intertoto). O equipo xogou en xullo de 2008 a Copa Intertoto na que se enfrontou ao Bnei Sakhnin, conxunto árabe de Israel. No partido de ida en Israel o Deportivo gañou 1-2 con tantos de Lafita e Riki, mentres que na volta, xogada en Riazor, o resultado foi de 1-0 con gol de Valerón. Con este resultado o equipo clasificouse por fin para unha competición europea despois de 4 anos de ausencia.

Na seguinte tempada, a 2008–09, marcada polas fichaxes de Aranzubia, Zé Castro e o mexicano Omar Bravo, a pesar de non pasar dos deceoitavos de final da Copa da UEFA ao ser eliminado polo Aalborg BK danés, o Deportivo consegue superar ao seu eterno rival histórico, o Celta de Vigo, na clasificación histórica da Liga, grazas á continuada permanencia do conxunto olívico na Segunda División e ao sétimo posto do Deportivo en Liga.

Andrés Guardado foi un referente do actual proxecto deportivista (2007–2012).

Na tempada 2009–10, o equipo realiza unha gran primeira volta que lle leva a ocupar postos europeos durante máis de 20 xornadas (3 delas en prazas de Liga de Campións). No entanto, as lesións lévanlle a realizar unha mala segunda volta na que asina unha racha de 11 partidos consecutivos sen gañar. Finalmente o equipo termina na 10ª posición. Nesta tempada hai que destacar o debut de varios xogadores do Fabril nos partidos de Liga e Copa do Rei: Juan Domínguez, Iván Pérez, Rochela, Dani, Seoane, Añón e Raúl.

Na tempada 2010–11 descendeu á Segunda División tras 20 anos seguidos na categoría de elite. O descenso produciuse logo de perder o derradeiro partido (0–2) contra o Valencia CF, converténdose no primeiro equipo que perde a categoría con 43 puntos.

A etapa de Oltra

Tras un inicio irregular en Segunda División e con José Luis Oltra no banquiño, a tempada 2011–12 remata co equipo como campión da categoría, producíndose o ascenso o 27 de maio de 2012, a falta dunha xornada para rematar o campionato.[7] O 3 de xuño de 2012, na derradeira xornada, o Deportivo conseguiu alcanzar a cota de 91 puntos, récord na categoría (a anterior marca estaba en 88 puntos, conseguidos polo Real Valladolid na tempada 2006–07).[8]

Escudo

O escudo oficial do club consiste nun cinto de cabaleiro que rodea o pendón morado da Sala Calvet e a bandeira de Galicia. Coroa Real no centro do pendón e sobre o escudo.

Uniforme

Ficheiro:Camisetadeportivo.JPG
Camisola do Deportivo da Coruña da tempada 2011–12

Aínda que desde a súa fundación estableceuse que o equipo defendería unha camiseta a franxas verticais azuis e brancas, non sería ata 1912 cando o club coruñés faría habituais estas cores nos seus partidos oficiais. Na actualidade, o primeiro uniforme do Deportivo continúa sendo branquiazul, mentres que o segundo e terceiro varían practicamente cada tempada en función de motivacións comerciais. Na actualidade a empresa encargada dos deseños e fabricación da equipamento é a italiana Lotto.

Uniforme 2012/13

Para a tempada 2012/13, o Deportivo ten os seguintes tres uniformes[9]:

  • Uniforme titular: Camiseta a franxas verticais azuis e brancas; pantalón azul con raia branca; medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta negra con detalles vermellos; pantalón negro con raia vermella; medias negras.
  • Terceiro uniforme: Camiseta branca con detalles azuis; pantalón branco con raia azul; medias brancas.
Titular


Alternativo


Terceiro



Evolución do uniforme

Provedor e patrocinadores

Período Provedor Patrocinador
1990–1992 Rox Leyma
1992–1997 Umbro Feiraco
1998–2000 Adidas
2000–2001 Dreamcast
2001–2007 Joma Fadesa
2007–2008 Canterbury
2008–2009 Estrella Galicia
2009– Lotto

Himno

Aínda que o Deportivo contaba cun himno máis tradicional que o actual (composto en 1924 por Maximiliano Smarvanoff), a aparición do "Superdépor" e a imaxe de renovación do club levaron á directiva a substituír o himno histórico por un máis moderno, composto polo grupo coruñés Cacahué. Devandito himno, en estilo rock, sería versionado posteriormente pola Orquestra Sinfónica de Galicia. No ano 2006, o grupo La Banda del Camión compuxo o himno do centenario, que incluía os nomes das grandes figuras que pasaron polo club.

(O himno pode escoitarse na páxina web do Deportivo: Versión Rock; Versión Sinfónica.)

Instalacións

Estadio de Riazor

Artigo principal: Estadio Municipal de Riazor.
Panorámica de Riazor
Interior do estadio

O estadio do Deportivo é o Estadio Municipal de Riazor, situado a carón da praia de Riazor, na Coruña. A pesar de ser de titularidade municipal, o Deportivo utiliza o recinto a cambio dun aluguer simbólico de 1 ao ano. Ten unha capacidade de 34.600 espectadores, todos sentados, sendo o estadio con maior aforamento de Galicia. A súa primeira construción data de 1909 no terreo que hoxe ocupa a Igrexa das Escravas, a escasos metros da súa actual localización. A súa segunda construción, xa na súa actual localización, é en 1944, sendo o arquitecto Santiago Rei. O estadio tivo varias remodelacións, como a de 1982 con motivo do Campionato Mundial de Fútbol de devandito ano, e a última, comezada en 1996 coa construción do fondo de pavillón e terminada en 1997 coa remodelación do fondo de maratón. Ten unhas dimensións de 105 x 70 metros. Recentemente foi renovada a súa Licenza UEFA para a celebración de partidos de competicións internacionais.

Afluencia a Riazor

O Deportivo tivo dúas épocas na súa historia recente de gran afluencia ao estadio municipal de Riazor. A primeira delas, entre os anos 1992–93 e 1996–97, onde a media de entrada situábase en 25.000 espectadores,[10] para un estadio con capacidade para 29.000. Na segunda etapa, xa cunha capacidade para 35.000 espectadores, o número de socios e de afluencia situábase en torno os 30.000 espectadores,[11] entre as tempadas 2000–01 e 2003–04. Na actualidade, o número de socios e a asistencia supera lixeiramente a media entrada.[12] Na última tempada, a 2010–11, a asistencia media foi de 22.473 espectadores.[13]

Proxecto do novo estadio

En 2003 o presidente Augusto César Lendoiro presentou a maqueta do novo estadio de Riazor[14] deseñado polo prestixioso arquitecto norteamericano Peter Eisenman. O presidente declarou que sería o estadio "máis bonito do mundo", catro estrelas e tería unha capacidade de 36.000 espectadores. A construción sería encima do actual estadio. Actualmente este proxecto atópase parado.

Desde 2009, con motivo da candidatura ibérica para os mundiais de 2018 e 2022, o Concello da cidade e o club debatiron sobre a posibilidade de remodelar o actual Riazor ou construír un estadio novo, no caso de que España organizará un mundial e a cidade da Coruña fose elixida sede.[15] A candidatura non foi elixida pero o estadio será remodelado e terá capacidade para 45.000 espectadores.[16][17]

O Mundo do Fútbol

Artigo principal: Cidade Deportiva de Abegondo.

O Mundo do Fútbol, nome co que se coñece á Cidade Deportiva de Abegondo, é un conxunto de instalacións deportivas propiedade do club herculino situadas en Abegondo, alí adoita preparar os seus partidos o Deportivo. Foi inaugurado en 2003. Está formado por un edificio principal que alberga os vestiarios, oficinas e cafetería e que serve de bancada para uns 1.200 espectadores cara o campo principal e uns 500 cara o campo de céspede artificial. En total a cidade deportiva conta con 7 campos de céspede natural, 1 de céspede artificial, 6 campos de céspede natural de fútbol 7 e máis de 16.000 m² de campos auxiliares de céspede natural. Hai ademais uns 9.000 m² de aparcadoiros.

Outras instalacións

  • A Deportenda é a tenda oficial do Deportivo e está situada nos baixos do estadio de Riazor.
  • A Deporclínica é un centro de fisioterapia aberto ao público e que conta con máis de 300 m² e dotado de tratamentos de hidroterapia, fisioterapia e dous ximnasios.
  • O Playa Club, situado fronte á praia de Riazor, é un local de máis de 3.000 m² con restaurante, cafetería e discoteca na que se adoitan celebrar concertos.
  • Zonafit, ximnasio de 2.500 m² situado nos baixos do estadio.

Datos do club

Partido da Copa da UEFA entre o Lech Poznań e o Deportivo en 2008.

Datos do club en liga

(ata á xornada 38 da tempada 2010-11)

Partidos históricos en Primeira división

Tempada Local Resultado Visitante Estadio Notas
1992-93 Deportivo da Coruña 3-2 Real Madrid Riazor 0-2 min.25. Nace o SúperDepor.
1993-94 Deportivo da Coruña 4-0 Real Madrid Riazor
Valencia 1-3 Deportivo da Coruña Mestalla Único gol de Mauro Silva no Depor.
Real Oviedo 2-5 Deportivo da Coruña Carlos Tartiere
Deportivo da Coruña 0-0 Valencia Riazor Última xornada. Min.90, penalti fallado. Perde a liga.
1994-95 Celta de Vigo 0-2 Deportivo da Coruña Balaídos
Albacete 2-8 Deportivo da Coruña Carlos Belmonte
1995-96 Deportivo da Coruña 5-0 Albacete Riazor Os cinco goles de Bebeto
Rayo Vallecano 0-6 Deportivo da Coruña Teresa Rivero
Deportivo da Coruña 3-0 Real Madrid Riazor Hattrick de Bebeto
Salamanca 0-5 Deportivo da Coruña Helmántico
1998-99 Deportivo da Coruña 4-0 Real Madrid Riazor
1999-00 Deportivo da Coruña 5-2 Sevilla Riazor
Deportivo da Coruña 1-0 Celta de Vigo Riazor
Deportivo da Coruña 5-2 Real Madrid Riazor
Deportivo da Coruña 2-0 Espanyol Riazor Campión de Liga
2000-01 Deportivo da Coruña 1-0 Celta de Vigo Riazor
FC Barcelona 2-3 Deportivo da Coruña Camp Nou Primeira victoria no Camp Nou
Deportivo da Coruña 2-2 Real Madrid Riazor 0-2 min.44. 5 lanzamentos ós paus.
2001-02 Celta de Vigo 0-2 Deportivo da Coruña Balaídos
Deportivo da Coruña 5-0 Mallorca Riazor Hattrick de Diego Tristán en 12 minutos
Deportivo da Coruña 3-0 Real Madrid Riazor
2002-03 Deportivo da Coruña 3-0 Celta de Vigo Riazor
Deportivo da Coruña 6-0 Alavés Riazor Hattrick de Diego Tristán e doblete de Roy Makaay
FC Barcelona 2-4 Deportivo da Coruña Camp Nou Doblete de Roy Makaay
2003-04 FC Barcelona 0-2 Deportivo da Coruña Camp Nou
Celta de Vigo 0-5 Deportivo da Coruña Balaídos Hattrick de Víctor Sánchez
Deportivo da Coruña 5-1 Atlético de Madrid Riazor
Deportivo da Coruña 3-0 Celta de Vigo Riazor
2004-05 Real Madrid 0-1 Deportivo da Coruña Santiago Bernabéu
2005-06 Celta de Vigo 0-3 Deportivo da Coruña Balaídos
2007-08 Deportivo da Coruña 3-1 Real Valladolid Riazor Xornada 21ª a 5 puntos da salvación, "resurrección"


Datos do club na Copa do Rei

Datos do club en competicións europeas

Torneo Partidos xogados Vitorias Empates Derrotas Goles a favor Goles en contra
Liga de Campións 58 23 15 20 74 79
Previa da Liga de Campións 4 2 2 0 4 0
Copa da UEFA 32 14 5 13 43 36
Copa Intertoto da UEFA 10 8 0 2 18 10
Recopa de Europa 8 4 2 2 14 3
Total 112 51 24 37 153 128


Partidos históricos en Europa

Tempada Local Resultado Visitante Liga Estadio
1993–94 Deportivo da Coruña Galicia 5-0 Dinamarca Aalborg UEFA Riazor
Aston Villa Inglaterra 0-1 Galicia Deportivo da Coruña UEFA Villa Park
Deportivo da Coruña Galicia 1-0 Alemaña Borussia Dortmund UEFA Riazor
1994-95 Deportivo da Coruña Galicia 4-1 Rosenborg UEFA Riazor
1995-96 Deportivo da Coruña Galicia 8-0 Chipre APOEL Recopa Riazor
1999-00 Deportivo da Coruña Galicia 4-2 Grecia Panathinaikos UEFA Riazor
Deportivo da Coruña Galicia 2-1 Inglaterra Arsenal UEFA Riazor
2000-01 Deportivo da Coruña Galicia 2-1
(2-1 min.93)
Alemaña Hamburgo Liga de Campións Riazor
Deportivo da Coruña Galicia 1-0 Grecia Panathinaikos Liga de Campións Riazor
Paris Saint-Germain Francia 1-3 Galicia Deportivo da Coruña Liga de Campións Parc des Princes
Deportivo da Coruña Galicia 2-0 Galatasaray Liga de Campións Riazor
Deportivo da Coruña Galicia 4-3
(0-3 min.54)
Francia Paris Saint-Germain Liga de Campións Riazor
Deportivo da Coruña Galicia 2-0 Inglaterra Leeds United Liga de Campións Riazor
2001-02 Deportivo da Coruña Galicia 2-1
(0-1 min.85)
Inglaterra Manchester United Liga de Campións Riazor
Manchester United Inglaterra 2-3 Galicia Deportivo da Coruña Liga de Campións Old Trafford
Deportivo da Coruña Galicia 2-0 Inglaterra Arsenal Liga de Campións Riazor
Deportivo da Coruña Galicia 2-0 Italia Juventus Liga de Campións Riazor
Arsenal Inglaterra 0-2 Galicia Deportivo da Coruña Liga de Campións Highbury
2002-03 Bayern de Múnic Alemaña 2-3 Galicia Deportivo da Coruña Liga de Campións Olympiastadion
Deportivo da Coruña Galicia 3-1 Francia Lens Liga de Campións Riazor
Deportivo da Coruña Galicia 2-1 Alemaña Bayern de Múnic Liga de Campións Riazor
AC Milan Italia 1-2 Galicia Deportivo da Coruña Liga de Campións San Siro
Deportivo da Coruña Galicia 1-0 Suíza Basilea Liga de Campións Riazor
Deportivo da Coruña Galicia 2-0 Inglaterra Manchester United Liga de Campións Riazor
2003-04 Deportivo da Coruña Galicia 2-0 Países Baixos PSV Eindhoven Liga de Campións Riazor
Deportivo da Coruña Galicia 1-0 Francia Mónaco Liga de Campións Riazor
Deportivo da Coruña Galicia 3-0 Grecia AEK Atenas Liga de Campións Riazor
Deportivo da Coruña Galicia 1-0 Italia Juventus Liga de Campións Riazor
Juventus Italia 0-1 Galicia Deportivo da Coruña Liga de Campións Stadio delle Alpi
Deportivo da Coruña Galicia 4-0
(4-1 na ida)
Italia AC Milan Liga de Campións Riazor
2005 Deportivo da Coruña Galicia 2-1 Inglaterra Newcastle United Intertoto Riazor
Newcastle United Inglaterra 1-2 Galicia Deportivo da Coruña Intertoto St James' Park
Deportivo da Coruña Galicia 2-0 Francia Olympique de Marsella Intertoto Riazor
2008-09 Deportivo da Coruña Galicia 2-0
(2-0 na ida)
SK Brann UEFA Riazor
Deportivo da Coruña Galicia 3-0 Países Baixos Feyenoord UEFA Riazor
Deportivo da Coruña Galicia 1-0 Francia Nancy UEFA Riazor


Xogadores

Categoría principal: Xogadores do Deportivo de La Coruña.

Cadro 2012/13

Unha xogada do partido Celta-Deportivo na tempada 2012–13, o 27 de outubro.
Datos do 1 de febreiro de 2013.
Posto País Xogador
1 POR España Aranzubia
2 DEF España Manuel Pablo Capitán
3 DEF Evaldo Fabiano
4 MED Galicia Álex Bergantiños
5 DEF Portugal Zé Castro
6 DEF España Aythami Artiles
8 MED Portugal André Santos
9 MED Portugal Pizzi
10 MED Galicia Juan Domínguez
11 DIA España Riki
12 MED Paulo Assunção
13 POR Germán Lux
Posto País Xogador
15 DEF España Laure
16 MED Portugal Bruno Gama
17 DEF España Ayoze Díaz
18 MED España Javier Camuñas
19 DEF Portugal Sílvio
20 MED España Jesús Vázquez
21 MED España Juan Carlos Valerón Capitán
22 MED Portugal Diogo Salomão
23 DEF Kaká
24 DEF España Carlos Marchena
25 DIA Portugal Nélson Oliveira
28 DEF Galicia Pablo Insua

  • Capitán Capitán
  • Segundo as normas da LFP, os xogadores do primeiro plantel deberán levar os dorsais do 1 ao 25. A partir do 26, serán xogadores do equipo filial.

Altas e baixas 2012/13

Altas
Xogador Nacionalidade Posición Procedencia Tipo Custo
André Santos
Portugal
Sporting de Lisboa
Cesión
0 €
Evaldo
Sporting de Lisboa
Cesión
0 €
Pizzi
Portugal
SC Braga
Cesión
0 €
Nélson Oliveira
Portugal
Benfica
Cesión
0 €
Roderick Miranda
Portugal
Benfica
Cesión
0 €
Carlos Marchena
España
Villareal CF
Libre
0 €
Javier Camuñas
España
Villareal CF
Cesión
0 €
Tiago Pinto
Portugal
Rio Ave
Cesión
0 €
Sílvio
Portugal
Atlético de Madrid
Cesión
0 €
Paulo Assunção
São Paulo Futebol Clube
Libre
0 €
Kaká
Videoton FC
Cesión
0 €
Baixas
Xogador Nacionalidade Posición Destino Tipo Ingreso
Morel
Modelo:PARb
Independiente
Fin de contrato
0 €
Guardado
Valencia
Fin de contrato
0 €
Colotto
Espanyol
Fin de contrato
0 €
Pablo Álvarez
Galicia
CD Lugo
Fin de contrato
0 €
Raúl
Galicia
Almería B
Fin de contrato
0 €
Borja
Galicia
Getafe
Fin de cesión
0 €
Xisco
España
Newcastle
Fin de cesión
0 €
Felipe Ramos
España
Valencia Mestalla
Cesión
0 €
Lassad Nouioui
Tunisia
Celtic
Fin de contrato
0 €
Roderick Miranda
Portugal
Benfica
Cesión cancelada
0 €
Tiago Pinto
Portugal
Racing de Santander
Cesión cancelada
0 €
Juan Carlos
Galicia
SD Huesca
Cesión
0 €
Diego Seoane
Galicia
Córdoba CF
Cesión
0 €
David Rochela
Galicia
Hapoel Tel Aviv
Cesión
0 €
Saúl Fernández
España
SD Ponferradina
Rescisión de contrato
0 €
Rodolfo Bodipo
Modelo:GEQb
Sen equipo
Rescisión de contrato
0 €

Xogadores famosos

Galicia

España

Arxentina

Brasil

Bulgaria

Camerún

Croacia

Guinea Ecuatorial

Francia

Inglaterra

Marrocos

México

Nixeria

Países Baixos

Paraguai

Perú

Portugal

República Checa

Rusia

Serbia

Suecia

Suíza

Uruguai

Venezuela

Distincións individuais de futbolistas

Pichichis

Tempada Xogador Goles Partidos Notas
EN PRIMEIRA DIVISIÓN
1992–93 Bebeto 29 37
2001–02 España Diego Tristán 21 34
2002–03 Países Baixos Roy Makaay 29 38 Logrou a Bota de Ouro
EN SEGUNDA DIVISIÓN
1960–61 España Veloso 24
1961–62 Galicia Amancio Amaro 27
1977–78 Galicia Alfonso Castro 24
1982–83 Galicia José Luis Vara 16


Zamoras

Tempada Xogador Partidos Goles Promedio Notas
1941–42 Galicia Juan Acuña 26 37 1.42
1942–43 Galicia Juan Acuña 25 31 1.24
1949–50 Galicia Juan Acuña 22 29 1.31
1950–51 Galicia Juan Acuña 26 36 1.38
1953–54 Galicia Juan Ignacio Otero 25 35 1.40
1992–93 España Francisco Liaño 37 31 0.83 Igualado con Santiago Cañizares
1993–94 España Francisco Liaño 38 18 0.47 Promedio histórico máis baixo
1996–97 Jacques Songo'o 37 28 0.76


Bota de Ouro

Premios Don Balón

Mellor xogador español
Mellor xogador estranxeiro

Goleadores históricos do Deportivo en Primeira

Tempada Xogador P.Xogados P.Titular Minutos Goles Cos mesmos goles
1941-42 España José González 24 24 2160 11
1942-43 España Paquirri 18 18 1620 11
1943-44 España Paquirri 17 17 1530 7
1944-45 España Guimeráns 26 26 2340 8
1946-47 España Latorre 8 8 720 7
1948-49 Franco 23 23 2070 14 España Marquínez
1949-50 Franco 25 25 2250 14
1950-51 España Tino 30 30 2700 16
1951-52 Modelo:URUb Moll 17 17 1530 7 Galicia Arsenio Oswaldo
1952-53 Oswaldo 21 21 1890 11
1953-54 Galicia Pahiño 28 28 2520 14
1954-55 Galicia Pahiño 22 22 1980 18
1955-56 Galicia Pahiño 22 22 1931 14
1956-57 Galicia Arsenio Iglesias 24 24 2160 8
1962-63 España Veloso 27 27 2415 13
1964-65 Montalvo 30 30 2700 8
1966-67 España Pellicer 16 16 1440 6
1968-69 Galicia Beci 27 27 2406 11
1969-70 España Chapela 18 13 1319 5
1971-72 Galicia Beci 26 21 2014 4 España Cervera España Juanito Galicia Manolete
1972-73 Galicia Rubiñán 34 30 2784 4
1991-92 España Claudio 34 34 2927 10
1992-93 Bebeto 37 37 3110 29
1993-94 Bebeto 34 34 2962 16
1994-95 Bebeto 26 25 2243 16
1995-96 Bebeto 34 34 2891 25
1996-97 Rivaldo 41 41 3524 21
1997-98 Djalminha 26 26 2209 8
1998-99 Turu Flores 36 30 2632 14
1999-00 Países Baixos Makaay 36 34 2824 22
2000-01 España Diego Tristán 29 22 1839 19
2001-02 España Diego Tristán 34 25 2105 20
2002-03 Países Baixos Makaay 38 38 3230 29
2003-04 Modelo:URUb Pandiani 28 15 1541 13
2004-05 España Luque 37 26 2332 11
2005-06 España Diego Tristán 36 27 2310 11
2006-07 España Arizmendi 33 32 2721 5
2007-08 España Xisco 25 23 1627 9
2008-09 España Lafita 32 25 2304 8
2009-10 España Riki 26 18 1492 8
2010-11 España Adrián 36 31 2663 8


Corpo técnico

Cargo Técnico(s)
Secretario Técnico Ernesto Bello
Adestrador(es)
Adestrador de porteros José Sambade Carreira
Preparador físico Jose Ángel Franganillo
Delegado Juan Ángel Barros Botana
Psicólogo Joaquín Dosil
Servizos Médicos
  • Carlos Lariño
  • José Ramón Barral
Fisioterapeuta(s) Pablo López
Encargado(s) do material
  • Jesús Méndez
  • Javier Rego

Últimos adestradores

Domingos Paciência, actual adestrador deportivista.

O actual adestrador do Deportivo é o galego Fernando Vázquez, logo da renuncia de Domingos Paciência, técnico portugués que substituiu a metade da tempada 2012–13 a José Luis Oltra, que estivo unha tempada e parte da segunda no equipo.

Polo banquiño branquiazul tamén pasaron adestradores como Arsenio Iglesias, nado en Arteixo e que fora xogador do equipo. Grazas a el, o Deportivo subiu a Primeira división e gañou a súa primeira Copa do Rei. Era coñecido como "O zorro de Arteixo". E Javier Irureta, adestrador que gañou a única liga da historia branquiazul, a famosa e recordada Copa do Rei do Centenariazo (fronte o Real Madrid, na súa casa, o día que este club cumpría cen anos) e co que conseguiu cinco participacións consecutivas na Liga de Campións, sendo o único club español que o fixo, xunto co Real Madrid. Logo foi Joaquín Caparrós o que adestrou ó equipo durante dúas tempadas, antes da chegada de Miguel Ángel Lotina, que estivo catro anos no equipo, ata o seu descenso a Segunda División. Logo chegou José Luis Oltra, que dirixiu ao equipo en Segunda, proclamándose campión no seu primeiro ano e ascendendo novamente a Primeira. Os malos resultados nas primeiras xornadas da súa segunda tempada como adestrador levaron á súa destitución.

Adestrador Período Logros
Galicia Arsenio Iglesias 1992–1995
Gales John B. Toshack 1995–1997
Carlos Alberto Silva 1996–1997
Galicia José Manuel Corral 1997–1998
España Javier Irureta 1998–2005
España Joaquín Caparrós 2005–2007
España Miguel Ángel Lotina 2007–2011
España José Luis Oltra 2011–2012
Portugal Domingos Paciência 2012–2013


Distincións individuais de adestradores

Premio Don Balón

Mellor adestrador da Liga española

Premios El País

Mellor adestrador

Presidencia

Augusto César Lendoiro, presidente do club desde 1988.

O Deportivo tivo 41 presidentes ao longo da súa historia. O actual é Augusto César Lendoiro, un ex político corcubionés licenciado en Dereito, que accedeu a este posto o 24 de maio de 1988, sendo o presidente que máis anos leva no club. Durante o seu período de presidencia, o club viviu os seus anos de maiores vitorias e clasificacións en competicións nacionais e en Europa.

Directiva

  • Presidente: Augusto César Lendoiro
  • Secretario do Consello: Felipe Marcos Hidalgo
  • Conselleiros: Francisco Dopico e Jesús Rebollo
  • Director de operacións: Pablo Pereiro
  • Xefe de prensa: Rafael Carpacho
  • Director deportivo: Ernesto Bello

Orzamento

Tempada 2006–07 2007–08 2008–09 2009–10 2010–11 2011–12 2012–13
Orzamento (millóns de €) 71,1 65 60 56 55 45 40


Fonte: Guía Marca 2012/13

Palmarés

Torneos nacionais

Torneos estatais

Outros torneos estatais

Torneos continentais

Logros anecdóticos

  • Único equipo español que venceu ao Bayern de Múnic na súa casa en competición internacional.
  • Único equipo español (xunto co Real Madrid) que venceu ao Manchester United na súa casa en competición internacional, sendo o sexto equipo estranxeiro en gañar en Old Trafford en toda a historia.
  • Remontada histórica e sen precedentes na Liga de Campións fronte ao AC Milan en Riazor ao gañar 4–0 cando viñan de perder por 4–1 no estadio de San Siro.
  • Record histórico de victorias (29) e puntos (91) en Segunda división na tempada 2011-12.

Torneos intercontinentais

Torneos amigables

Premios

Seareiros

O Deportivo é o 9º equipo en número de afeccionados en España, cun 2,2% do total, segundo unha enquisa do CIS de maio de 2007.[5] Durante a tempada 2011-2012 o Deportivo superou a cifra de 25.000 socios[29], sendo con diferencia o equipo de segunda division con mais socios.

Peñas

Peñas (2003)
País Número de peñas
Galicia Galicia 244
España España 18
Suíza Suíza 9
Estados Unidos 4
Modelo:RUb Reino Unido 2
Modelo:VNZb Venezuela 2
Modelo:GERb Alemaña 1
Arxentina 1
Australia Australia 1
Bélxica Bélxica 1
Brasil 1
Francia Francia 1
México 1
Países Baixos Países Baixos 1

O Deportivo ten numerosas peñas tanto na cidade da Coruña, como en Galicia, no Estado español e tamén no estranxeiro, sendo o equipo galego con máis socios, peñas e representantes en todo o mundo. En 2003 tiña un total de 287 peñas: 244 en Galicia (211 na provincia da Coruña), 18 no resto de España, 15 no resto de Europa, 9 en América e 1 en Australia[30]. O número de penas foi aumentando notablemente desde 1952 cando se fundou a primeira delas. Sobre todo cabe destacar o aumento a finais do século XX, xa que en 1988 había 7 peñas, en 1995 xa eran 118, e no ano 2000 superáronse as 200 ata chegar ás 287 de 2003. Non obstante, en abril de 2012, durante a súa estancia na segunda división, a web do club amosaba que a cifra de peñas baixara ata as 156.[31]

O conxunto de peñas están organizadas, desde 1998, na Federación de Peñas do Deportivo que adoita organizar unha feira anual adicada a actos relacionados co club.

A peña máis importante por presencia nas bancadas (bandeiras, cántigas, murais, etc.) e número de socios é a dos Riazor Blues.

Riazor Blues

Artigo principal: Riazor Blues.

É a peña máis animada do Estadio de Riazor e coas súas cancións, bandeiras e demáis actos consigue tirar sempre do resto da bancada en tódolos partidos. O grupo formouse en 1987 e, a pesar de ser incluído como grupo ultra polo Ministerio do Interior de España, caracterízase polo seu comportamento habitualmente pacífico e por unha ideoloxía esquerdista, fundamentalmente antifascista. É unha das peñas máis numerosa de España, con mais de 2.000 integrantes.

Canteira

Fabril

Artigo principal: Deportivo da Coruña B.

O filial do Deportivo é o Deportivo da Coruña B, fundado en 1953. Tradicionalmente se lle chama Fabril, debido a que se fundou sobre o equipo coruñés de dito nome, que foi filial do Deportivo. Desde que chegou ó club, Lotina fixo debutar a 15 xogadores da canteira: Piscu, Laure, Lassad, Fabricio, Manu, Juanan, Chapi, Juan Domínguez, Iván Pérez, Rochela, Dani, Seoane, Añón, Raúl e Dioni.

Milita na Terceira División, logo de pasar unha sola tempada na Segunda División B na tempada 2009-10. Xogou 9 tempadas en Segunda B, onde acadou o 3º posto nunha ocasión e o 4º noutras dúas tempadas, xogando tres promocións de ascenso nas que caeu eliminado. Ocupa o 21º posto na Clasificación histórica de filiais.

Categorías inferiores

O Deportivo conta con dous equipos xuvenís, dous cadetes, dous infantís e dous alevíns. O Xuvenil A xoga na División de Honra e foi campión nunha ocasión da Copa de Campións Xuvenil (1995-96).

Outras seccións

Sección de fútbol indoor

O ano 2008 o Deportivo inaugurou, xunto cos outros 8 equipos que conquistaran a liga de fútbol nalgunha ocasión, a Liga española de fútbol indoor, cun equipo formado por xogadores veteranos. O equipo está formado por grandes xogadores que pasaron polo Deportivo, como Fran, Djalminha, Naybet, Songo'o ou Manjarín.

Na primeira edición desta liga o Deportivo foi campión e na segunda tempada quedou segundo. Na última, a 2009-10, volveu conseguir o título de liga. Nestes tres anos o equipo só perdeu nunha ocasión contra o FC Barcelona.[32]

Palmarés

Sección feminina: Karbo Deportivo (desaparecida)

O Karbo Deportivo foi o equipo de fútbol feminino do Deportivo durante a década de 1980. Este equipo gañou un total de 5 trofeos:

Notas

  1. O Depor, cuarto na clasificación acumulada dos últimos 19 anos (1991-2009)
  2. O Deportivo descende logo de 20 tempadas seguidas en Primeira
  3. Ránking da IFFHS, consultado o 14-07-10.
  4. 4,0 4,1 O club do século en Europa. IFFHS.
  5. 5,0 5,1 CIS. Barómetro de mayo 2007
  6. Buscador de peñas deportivistas. (en castelán)
  7. "El Depor es de Primera"
  8. "Un Deportivo de récord"
  9. O Deportivo e Lotto presentan as equipacións da tempada 2011–12
  10. O deportivismo, unha afición cos pés no chán
  11. A polos 32.000 socios
  12. O Dépor supera os 19.000 abonados e as 1.500 novas altas de socios
  13. 13,0 13,1 Spanish Primera División - Attendance - 2010/2011
  14. Novo estadio: o Guggenheim coruñes
  15. “Xogámonos a vida co Mundial de 2018”
  16. O Concello, disposto a construír un novo Riazor para 45.000 espectadores
  17. Novo Riazor, a medias.
  18. Clasificación histórica de la liga. Alsolano CHA.
  19. Official president profile
  20. 20,0 20,1 Spain - Footballer of the Year. RSSSF.
  21. Premios Don Balón e El País en RSSSF
  22. Lista de los Campeones de Galicia en RSSSF
  23. De acordo á RSSSF a Segunda División da tempada 1939-40 estaba estruturada en cinco grupos. Os cinco campións de grupo xogarían logo un playoff de ascenso da que sairía o campión global da Segunda División que ascendería automaticamente e o segundo clasificado de devandita liguiña xogaría unha promoción de ascenso. O Deportivo da Coruña proclamouse campión do grupo I e quedou segundo no playoff.
  24. Entre 1949 e 1968 a Segunda División estivo dividida en dous grupos. De acordo á RSSSF desde 1950 a 1956 os primeiros clasificados de ambos os grupos enfrontábanse na chamada Liga do Ascenso da que sairían os equipos que ascenderían de categoría. O Deportivo da Coruña proclamouse campión da Liga do Ascenso na tempada 1952-53
  25. Medalla de Ouro da Universidade da Coruña en canaldeportivo.com
  26. Medalla de Ouro de Galicia en canaldeportivo.com
  27. "O alcalde entrega ao Depor a medalla de ouro da cidade"
  28. Historia do R.C.Deportivo da Coruña, os mellores anos (2/2)
  29. ¡25.004 socios blanquiazules! (en castelán)
  30. Web do Deportivo. Afición. Peñas
  31. Buscador de peñas deportivistas. (en castelán)
  32. O Deportivo conquista por segunda vez a Liga de Fútbol 'Indoor'
  33. O Depor proclámase campión goleando (8-21) ó Valencia"
  34. Super-Depor Campión
  35. ¡Campeonísimos!, Riazor.org, 19/06/2010.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas