Sergio Agüero: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nallimbot (conversa | contribucións)
Liña 585: Liña 585:
[[be-x-old:Сэрхіё Агуэра]]
[[be-x-old:Сэрхіё Агуэра]]
[[bg:Серхио Агуеро]]
[[bg:Серхио Агуеро]]
[[bn:সার্জিও অ্যাগুয়েরো]]
[[ca:Sergio Agüero]]
[[ca:Sergio Agüero]]
[[ckb:سێرخیۆ ئەگوێرۆ]]
[[ckb:سێرخیۆ ئەگوێرۆ]]

Revisión como estaba o 22 de febreiro de 2013 ás 09:20

Modelo:InfFut2 Sergio Leonel Agüero del Castillo, coñecido como Kun Agüero, nado o 2 de xuño de 1988 en Quilmes, na provincia de Bos Aires, é un futbolista arxentino. Obtivo a súa nacionalidade española o 3 de decembro do 2010. Xoga como dianteiro ou como media punta e agora milita no Manchester City.

Traxectoria

Atlético de Madrid

O balance da súa tempada 2006-2007 no Atlético mostra que debutou na totalidade dos corenta e dous partidos oficiais do seu equipo; vintesete como titular e marcando sete goles. Aínda que o atlético quedou na sétima posición da liga e avanzado ata os dezaseisavos da final da Copa do Rei.

Na tempada 2007-2008 colaborou para que o seu equipo sexa un dos gañadores da Copa Intertoto, clasificándose para a Copa da UEFA. Grazas a esta competición, o 16 de agosto marcou o seu primeiro gol internacional, fronte o equipo FK Vojvodina serbio. Xogou nove partidos, dos cales marcou seis goles e só unha expulsión. O motivo desa expulsión foi que, mentres xogaban pola Copa da UEFA fronte o Bolton Wanderers inglés, lle cuspiu a un rival. Por esta sentencia estivo sen poder xogar a volta. Na Copa do Rei participou en catro partidos, quedando o seu equipo eliminado de cuartos da final. As súas mellores actuacións foron por liga, disputando trinta e sete partidos e marcando vinte goles máis. Xunto cos seus compañeiros logrou un cuarto posto que permitiu clasificar o Atlético na liga de Campións da UEFA tras doce anos. Sergio recibiu o Premio Antonio Puerta (mellor xogador da tempada) e o Trofeo EFE (mellor xogador iberoamericano).

Na tempada 2008-2009 presentada para o Atlético como un triplo desafío: Liga, Copa do Rei e Liga de Campións. Sergio comezou a temporada tan só catro días despois da final olímpica, colaborando cun gol para que o seu equipo derrote ao FC Schalke 04 alemán por 4-0. Pola liga debutou ante o Málaga o 31 de agosto. Pola Copa do Rei, o Atlético caeu en oitavos na final fronte o FC Barcelona.

Na tempada 2009-2010, ao non ser clasificados en oitavos na final de Liga de Campións da UEFA, puideron pasar aos dezaseisavos da final da Europa League. E así, proclamouse campión da UEFA Europa League tras vencer ao equipo Fulham FC 2-1, con goles de Diego Forlán. Aínda que tamén acabaron subcampións da Copa do Rei tras perder contra o Sevilla FC cun marcador de 0-2.

Ao comezo da tempada do 2010-2011, foi campión da Supercopa de Europa tras vencer ao Inter de Milán por 2-0, onde anotou o seu segundo gol. Esa mesma temporada, o 11 de decembro de 2010, disputaría fronte ao Deportivo da Coruña o que sería o seu partido número 300, que acabaría ca vitoria de dous a cero, na que el mesmo meteu eses dous goles. O 4 de xaneiro do 2011, Sergio anunciou a renovación do contrato ata o ano 2014 e o día seguinte sería elixido o segundo capitán do equipo, compartido con Diego Forlán.

Vida persoal

Sergio Agüero está emparellado con Gianinna Maradona, filla do ex-futbolista e ex-director técnico da selección arxentina Diego Maradona, dende o principio do 2008, coa que ten un fillo español, chamado Benjamín Agüero Maradona, que naceu o día 19 de febreiro de 2009 en Madrid.[1] Sentimentalmente tamén se lle vinculou con anterioridade ás modelos Eliana Guercio, con quen supostamente mantiña un breve romance, e Jesica Cirio, pola cal demostraba un profundo interese.[2]

Sergio Agüero participou na nova película de Santiago Segura, que se estreou no ano 2011, Torrente 4, xunto con outros futbolistas como Álvaro Arbeloa, Sergio Ramos, Raúl Albiol e Gonzalo Higuaín, que substituirán aos madridistas que fixeron a súa aparición na segunda parte de Torrente.

Estatísticas

Referencias:[3]

  • PJ: Partidos xogados
  • T: Partidos xogados como titular
  • S: Partidos xogados como suplente
  • goles: goles
  • expulsiones: expulsións
Argentina Independente
Tempada Competición PJ T S goles expulsións
2002/03 Clausura 2003 1 0 1 0 0
2003/04 Apertura 2003 0 0 0 0 0
Clausura 2004 5 2 3 0 0
Copa Libertadores 2004 2 15 2 0 0
2004/05 Apertura 2004 7 3 4 2 0
Clausura 2005 5 5 0 3 0
2005/06 Apertura 2005 18 18 0 9 1
Clausura 2006 18 17 1 9 0
TOTAL 56 45 11 23 1


España Atlético de Madrid
Tempada Competición PJ T S goles expulsións
2006/07 Liga 38 25 13 6 0
Copa do Rei 4 2 2 1 0
2007/08 Liga 37 35 2 19 2
Copa do Rei 4 3 1 2 0
Copa Intertoto 1 1 0 0 0
Copa da UEFA 8 6 2 6 1
2008/09 Liga 37 34 3 17 0
Copa do Rei 1 1 0 0 0
Liga de Campións 8 6 2 3 0
2009/10 Liga 31 24 7 12 0
Copa do Rei 7 6 1 2 0
Liga de Campións 6 5 1 2 0
Europa League 8 8 0 2 0
2010/11 Liga 15 14 1 7 0
Copa do Rei 4 4 0 3 0
Europa League 4 3 1 3 0
Supercopa da UEFA 1 1 0 1 0
TOTAL 214 178 36 86 3


Resumen en clubes
Equipo Partidos PJ T S goles expulsiones
Independiente Liga 54 45 9 23 1
Copa Libertadores 2 0 2 0 0
Atlético de Madrid Liga 158 132 26 61 2
Copa do Rei 20 16 4 8 0
Copa Intertoto 1 1 0 0 0
Copa da UEFA 8 6 2 6 1
Europa League 12 11 1 5 0
Liga de Campións 14 11 3 5 0
Supercopa da UEFA 1 1 0 1 0
TOTAL 270 223 47 109 5


Arxentina Selección arxentina xuvenil
Competición PJ T S goles expulsións
Sudamericano Sub-16 2004 5 5 0 3 0
Mundial Sub-20 2005 4 0 4 0 0
Mundial Sub-20 2007 7 7 0 6 0
Xogos Olímpicos 2008 5 5 0 2 0
TOTAL 21 17 4 11 0


Arxentina Selección arxentina
Año Competición PJ T S goles expulsións
2006 Amistosos 2 0 2 0 0
2007 Amistosos 2 0 2 0 0
Eliminatorias 2 1 1 1 0
2008 Amistosos 3 3 0 2 0
Eliminatorias 6 4 2 2 0
2009 Amistosos 1 1 0 0 0
TOTAL 16 9 7 5 0


Resumen xeneral
Equipo PJ T S goles expulsións
Independiente 56 45 11 23 2
Atlético de Madrid 214 178 36 86 3
Seleccións xuvenís 21 17 4 11 0
Selección maior 16 9 7 5 0
TOTAL 307 249 58 125 5

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas