Campo petrolífero: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: az:Neft yatağı
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Pumpjacks.JPG|miniatura]]
[[Ficheiro:Pumpjacks.JPG|miniatura]]
[[File:11-09-fotofluege-cux-allg-25a.jpg|thumb]]
Un '''campo petrolífero''' é unha zona con abundancia de [[Pozo petrolífero|pozos]] dos que se extrae [[petróleo]] do [[subsolo]]. Debido a que as formacións subterráneas que conteñen petróleo esténdense sobre grandes zonas, posiblemente ao longo de varios centos de [[quilómetro]]s, unha explotación completa leva varios pozos espallados ao longo dunha área. Ademais, pode haber pozos exploratorios que investigan os límites, tubaxes para transportar o petróleo a calquera lugar e locais de apoio.

Revisión como estaba o 20 de febreiro de 2013 ás 17:07

Un campo petrolífero é unha zona con abundancia de pozos dos que se extrae petróleo do subsolo. Debido a que as formacións subterráneas que conteñen petróleo esténdense sobre grandes zonas, posiblemente ao longo de varios centos de quilómetros, unha explotación completa leva varios pozos espallados ao longo dunha área. Ademais, pode haber pozos exploratorios que investigan os límites, tubaxes para transportar o petróleo a calquera lugar e locais de apoio.

Xa que un campo petrolífero pode estar bastante afastado da civilización, establecelo pode ser un exercicio a maioría das veces extremadamente complicado, polo que respecta á súa loxística. Por exemplo, os traballadores teñen que realizar o seu labor alí durante meses ou anos, e requiren hospedaxe. Así mesmo, a hospedaxe e o equipamento require electricidade e auga. As tubaxes nas zonas frías poden necesitar ser quentadas. Un exceso de gas natural fai necesario o que se queime si non hai forma de facer uso do mesmo, o que require un forno, almacéns, e tubaxes para transportalo do pozo ao forno.

Existen máis de 40.000 campos petrolíferos estendidos aos longo do globo, tanto en terra como mar dentro. O maior é o Campo Ghawar en Arabia Saudita e o Campo Burgan en Kuwait, con máis de 60 mil millóns de barrís estimados en cada un. A maioría dos pozos petrolíferos son moito menores. Nos últimos tempos, a localización e as reservas coñecidas de campos de petróleo son un factor crave en moitos conflitos xeopolíticos.

Véxase tamén

Outros artigos