Trazo: Diferenzas entre revisións
m actualización: poboación 2012; fonte: IGE |
m r2.7.2+) (Bot: Cambio cbk-zam:Trazo (La Coruña) por cbk-zam:Trazo |
||
Liña 118: | Liña 118: | ||
[[br:Trazo]] |
[[br:Trazo]] |
||
[[ca:Trazo]] |
[[ca:Trazo]] |
||
[[cbk-zam:Trazo |
[[cbk-zam:Trazo]] |
||
[[en:Trazo]] |
[[en:Trazo]] |
||
[[es:Trazo (La Coruña)]] |
[[es:Trazo (La Coruña)]] |
Revisión como estaba o 20 de febreiro de 2013 ás 12:59
Trazo | |
---|---|
Casa do Concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | tracense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca de Ordes |
Poboación | 3.433 hab. (2012)[2][3] |
Área | 101,4 km²[3] |
Densidade | 33,86 hab./km² |
Entidades de poboación | 11 parroquias[4] |
Capital do concello | Viaño Pequeno |
Política (2011) | |
Alcalde | José Dafonte Varela (PPdeG) |
Concelleiros | BNG: 0 PPdeG: 8 PSdeG-PSOE: 3 Outros: - |
Eleccións municipais en Trazo | |
Uso do galego[5] (2001) | |
Galegofalantes | 99,18% |
Na rede | |
www.concellodetrazo.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trazo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Segundo o IGE a súa poboación no 2012 era de 3.433 habitantes (3.557 no 2006, 3.617 no 2005, 3.652 no 2004, 3.728 en 2003).
Evolución da poboación de Trazo Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
3.640 | 4.458 | 5.409 | 5.005 | 3.652 | 3.496 | 3.433 | ||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Censo Total | 3.496 |
Menores de 15 anos | 270 (7,72%) |
Entre 15 e 64 anos | 2.227 (63,70%) |
Maiores de 65 anos | 999 (28,57%) |
Xeografía
O relevo ten aspecto de meseta ondulada sen grandes contrastes e lixeiramente inclinada cara o sur, por onde descorre o Tambre.
As máximas alturas atópanse ao norte, en Pedras Negras (462 metros) e Berdieiras (507 metros). Unha serie de vales, regados todos por pequenos ríos, dan variedade e alegría ao paisaxe, que é tranquilo, vistoso e pouco poboado. Entre estas correntes de augas más importantes son as coñecidas polos nomes de Restande e de Lengüelle.
Situación e comunicacións
Sitúase a 19 quilómetros ó norte de Santiago de Compostela, aínda que afastado das vías de comunicación máis frecuentadas. A estrada que comunica ambas é a que parte da C-545, de Santiago a Santa Comba, a catro quilómetros da primeira. Esta estrada entra no municipio de Trazo atravesando o río Tambre por Ponte Albar.
Despois de unirse á de Ordes a Portomouro, percorre diagonalmente todo o concello e empalma en Ordes (15 quilómetros) coa N-550 de Santiago á Coruña. A distancia a capital da provincia por esta ruta é de 36 quilómetros. Os municipios cos que limita Trazo son os de Santiago polo sur, Tordoia ó norte, Val do Dubra ó oeste e Oroso ao leste.
Historia
As terras do actual municipio de Trazo pertenceron á xurisdición de Montaos. Esta xurisdición existía polo menos desde o século XII e figura por primeira vez nunha doazón de Afonso VII á mitra compostelá datado 31 de maio de 1124. Nela establécense os límites desde Ponte Sigüeiro ao monte Xalo, incluíndo practicamente todas as parroquias do concello. Os Bermúdez de Montaos, descendentes ou sucesores dos poderosos condes de Traba, exerceron este señorío, tendo como lugares principais Montaos (Ordes) e Lestrobe, na parroquia de Benza. Neste lugar posuían unha impresionante fortaleza, pero o abandono e o tempo acabaron con ela.
Escudo de Trazo
O escudo do concello de Trazo consiste nun castelo e un lobo pasante en prata sobre un fondo de sinople timbrados de coroa real pechada.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Trazo.
Parroquias
Lugares de Trazo
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Trazo vexa lugares de Trazo.
Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Trazo".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Trazo |