Real Betis Balompié: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.3) (Bot: Engado: min:Real Betis
TjBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: jv:Real Betis
Liña 146: Liña 146:
[[it:Real Betis Balompié]]
[[it:Real Betis Balompié]]
[[ja:レアル・ベティス]]
[[ja:レアル・ベティス]]
[[jv:Real Betis]]
[[ko:레알 베티스]]
[[ko:레알 베티스]]
[[lt:R. Betis Balompié]]
[[lt:R. Betis Balompié]]

Revisión como estaba o 20 de febreiro de 2013 ás 07:38

Real Betis
NomeReal Betis Balompié
Alcume(s)Béticos
Béticos del Universo
Verdiblancos
Verderones
Fundación1907 (117 anos)
EstadioBenito Villamarín,
Sevilla, España
Inauguración1929
Capacidade56.432
PresidenteEspaña Miguel Guillén
AdestradorEspaña Pepe Mel
LigaPrimeira División
2011–1213º
Na rede
http://www.realbetisbalompie.es/
Facebook: realbetisbalompie Twitter: RealBetis Instagram: realbetisbalompie Youtube: UCeB7JZwcar2fVoK2w2f9OwA TikTok: realbetisbalompie Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O Real Betis Balompié é un equipo de fútbol profesional da cidade andaluza de Sevilla, en España. Actualmente milita na Primeira División Española. Os seus máximos galardóns son un título de Liga na tempada 1934-35 e dúas Copas do Rei. Foi o primeiro equipo andaluz que xogou en Primeira División, que gañou a Copa do Rei no seu actual formato e que gañou a Liga española, ademais de ser o primeiro en xogar na Liga de Campións da UEFA no actual formato.

Está clasificado na 10ª posición na clasificación histórica da liga, con 47 tempadas na máxima categoría. Nos anos 1995, 1997 e 2005 logrou o 20º posto no Top 25 da clasificación de clubes do mundo da IFFHS. É, ademais, o sexto equipo en número de afeccionados en España (3,3%), segundo unha enquisa do CIS de maio de 2007, por detrás de Real Madrid (32,8%), Barcelona (25,7%), Valencia (5,3%), Athletic (5,1%) e Atlético de Madrid (4,3%).[1]

Disputa o derbi sevillano contra o Sevilla FC, club co cal mantén unha gran rivalidade histórica.

Historia

Aliñación do Sevilla Balompié o 25 de decembro de 1913.

O club fundouse o 12 de setembro de 1907 como Sevilla Balompié. En 1909 creouse o Betis FC dunha escisión do Sevilla FC e ambos fusionáronse en 1914 adoptando o nome actual. Foi no mesmo ano cando recibiu o título de "Real" por parte do rei Afonso XIII. O nome de Betis é un derivado da palabra "Bética", nome romano de Andalucía. A causa das súas orixes, o Betis foi apoiado, en xeral, pola clase obreira. A data dat l'actual nom.

O Betis gañou a súa primeira e única liga ata o momento na tempada 1934-35. A partir dese ano o equipo foi en declive. A peor situación do equipo tivo lugar co descenso en 1974 á Terceira División, co paradoxo de que o seu filial ascendeu á Segunda División. 2 anos despois o primeiro equipo ascendeu, o que levou consigo o descenso do filial. En 1977 o Betis gañou a Copa do Rei, a primeira da democracia. Durante o verán de 1992 o club estivo a piques de desaparecer por unha forte crise, pero foi salvado polo seu vicepresidente Manuel Ruiz de Lopera, quen se converteu no seu propietario.

Na tempada 2004-05, o Betis conseguía terminar a Liga en cuarta posición, clasificándose por primeira vez na súa historia para xogar a rolda previa da Liga de Campións. Ademais, ese mesmo ano o club conseguíu a súa segunda Copa do Rei, gañando na final ao CA Osasuna. Na rolda previa da Liga de Campións conseguíu superar ao subcampión de 2004, o AS Mónaco, e disputou a fase de grupos. Quedou encuadrado nun grupo xunto a Chelsea FC, Liverpool FC e RSC Anderlecht. O Betis quedou eliminado pero coa súa terceira posición obtivo unha praza nos dezaseisavos de final da Copa da UEFA. O equipo sería eliminado en oitavos polo Steaua Bucarest. Ese mesmo ano, na liga, estivo a punto de descender a Segunda. Na tempada 2008-09, o club acababa en 18ª posición e descendía novamente a Segunda División.

Despois dunha tempada na que non puido ascender, en 2011 conseguíu, da man do técnico Pepe Mel o retorno a Primeira División.

Uniforme

  • Uniforme titular: Camiseta verdibranca, pantalón branco e medias verdes.
  • Uniforme alternativo: Camiseta verde, pantalón negro e medias negras.
  • Terceiro uniforme: Camiseta azul, pantalón azul e azuis.

Estadio

Panorámica do estadio
Artigo principal: Estadio Benito Villamarín.

O Estadio Benito Villamarín ten capacidade para 55.500 persoas. Actualmente xa están terminadas as zonas de Fondo e Gol Norte. Está situado no barrio de Heliópolis, na Avenida da Palmera. As súas dimensións son 107 x 64 metros. Actualmente segue en construción. O Gol Sur será derribado para o seu remodelación no verán cando acabe a tempada co que o club terá que xogar a partir desa data no Estadio Olímpico de La Cartuja, o estadio terá unha capacidade de 64.000 espectadores.

Datos do club

  • Número de Socios: 35.000
  • Tempadas en : 47
  • Tempadas en : 27
  • Tempadas en 2ªB: 0
  • Tempadas en : 7

Xogadores

Plantel actual

Actualizado a 20 de agosto de 2012.
Posto País Xogador
1 POR España Casto
2 DEF España Javi Chica
3 DEF España Mario Álvarez
4 DEF España Antonio Amaya
5 DEF España Chechu Dorado
6 MED España Álex Martínez
7 MED España Juanma Capitán
9 DIA Galicia Jonathan Pereira
10 MED España Beñat
11 MED España Pozuelo
12 DEF Paulão
13 POR España Adrián
Posto País Xogador
14 MED España Salva Sevilla
15 DIA Joel Campbell
17 MED España Juan Carlos
18 DIA Portugal Salvador Agra
19 DIA España Jorge Molina
20 MED España Rubén Pérez
21 DIA España Cañas
22 DEF Portugal Nélson
23 MED España Nacho
24 DIA España Rubén Castro
25 POR Galicia Fabricio
27 MED España Álvaro Vadillo

Palmarés

Torneos nacionais

Filial

Artigo principal: Betis B.

O filial do Betis é o Real Betis Balompié B, fundado en 1962 e que actualmente milita na Segunda División B Española.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas