Boqueixón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Concello info +{{Concello)
Ptbotgourou (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Cambio cbk-zam:Boqueijón por cbk-zam:Boqueixón
Liña 93: Liña 93:
[[br:Boqueixón]]
[[br:Boqueixón]]
[[ca:Boqueixón]]
[[ca:Boqueixón]]
[[cbk-zam:Boqueijón]]
[[cbk-zam:Boqueixón]]
[[en:Boqueixón]]
[[en:Boqueixón]]
[[es:Boqueijón]]
[[es:Boqueijón]]

Revisión como estaba o 19 de febreiro de 2013 ás 15:58

Coordenadas: 42°49′31″N 08°24′57″O / 42.82528, -8.41583

Boqueixón
Escudo de Boqueixón
Casa do Concello
Situación
Xentilicio[1]boqueixonés
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Santiago
Poboación4.417 hab. (2012)[2][3]
Área73,2 km²[3]
Densidade60,34 hab./km²
Entidades de poboación14 parroquias[4]
Capital do concelloO Forte
Política (2011)
AlcaldeJesús Sanjuás (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 9
PSdeG-PSOE: 1
Outros: -
Eleccións municipais en Boqueixón
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes99,00%
Na rede
www.boqueixon.com
editar datos en Wikidata ]

Boqueixón é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2012 tiña 4.417 habitantes (4.462 no 2009, 4.437 no 2007, 4.406 no 2006, 4.378 no 2005, 4.337 no 2004, 4.263 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boqueixonés.

Evolución da poboación de Boqueixón   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.232 4.432 5.062 5.511 4.337 4.417
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello de Boqueixón ten 73,2 km², e está situado na vertente dereita do río Ulla, nun sector do curso medio. Forma parte do chamado Escalón de Santiago, o espazo morfolóxico estendido entre a Dorsal galega cara ao océano Atlántico, coa forma dun peniplano arrasado que descende suavemente de altitude.

Ten unha topografía suave, agás na zona oeste, onde ten formas máis abruptas e empinadas. Neste sector está o monte Castelo (498 m), e no sur está o Pico Sacro (534 m). As menores altitudes están na zona sureste, na parroquia de Ponte Ledesma, a 60 m.

Historia

O Concello de Boqueixón foi creado en 1836. En 1820 propúxose integrar as parroquias do actual concello no partido xudicial de Santa María a Maior e Real de Sar, e á súa vez distribuídas entre os concellos de Sar, Vilar, Santa Cruz de Rivadulla, Vedra e Touro. Porén, a proposta foi desestimada en 1821, suprimíndose o Partido e o Concello de Sar. Este último foi substituído polo de Santa Eulalia de Vigo, que agrupou a maioría das parroquias do Boqueixón actual xunto co de Vilar. Esta organización só durou ata 1823.

En 1836 a Deputación Provincial da Coruña propuxo a división municipal para o Partido Xudicial de Santiago, figurando o concello de Boqueixón con quince parroquias (as catorce actuais máis Marrozos, que se unirá en pouco tempo ao desaparecido concello de Conxo).

Festas e celebracións

Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Boqueixón

Boqueixón (San Vicente) | Codeso (Santaia) | Donas (San Pedro) | Gastrar (Santa Mariña) | A Granxa (San Lourenzo) | Lamas (Santa María) | Ledesma (San Salvador) | Lestedo (Santa María) | Loureda (San Pedro) | Oural (Santa María) | Pousada (San Lourenzo) | Sergude (San Breixo) | Sucira (Santa Mariña) | Vigo (Santa Baia)

Lugares de Boqueixón

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Boqueixón vexa: Lugares de Boqueixón.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Boqueixón".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.