Asteroide: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ba:Астероид
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Cambio tt:Asteroidlar por tt:Астероидлар
Liña 169: Liña 169:
[[tl:Asteroyd]]
[[tl:Asteroyd]]
[[tr:Asteroit]]
[[tr:Asteroit]]
[[tt:Asteroidlar]]
[[tt:Астероидлар]]
[[uk:Астероїд]]
[[uk:Астероїд]]
[[ur:نجمانی]]
[[ur:نجمانی]]

Revisión como estaba o 17 de febreiro de 2013 ás 02:31

O asteroide Ida e o seu satélite Dactyl

Un asteroide é un corpo rochoso, carbonáceo ou metálico máis pequeno que un planeta e que orbita ao redor do Sol. Os asteroides tamén son chamados planetas menores, denominación que se considera máis axeitada. A maioría dos asteroides que se atopan no noso sistema solar, posúen órbitas semi-estables entre Marte e Xupiter, pero algúns son desviados a órbitas que cruzan as dos planetas maiores.

Dende a Terra teñen aspecto de estrelas, de aí o nome de asteroides (ἀστεροειδής en grego significa "de figura de estrela"). Foi John Herschel quen lles puxo tal nome pouco despois de que os primeiros fosen descubertos.

O 1 de xaneiro de 1801 o astrónomo siciliano Giuseppe Piazzi descubriu o asteroide ou planeta menor Ceres, mentres traballaba nun catálogo de estrelas. Este planeta menor foi denominado Ceres Ferdinandea en honra do entón rei das Dúas Sicilias, Fernando I.

Ao descubrimento de Piazzi seguírono outros semellantes, pero de obxectos máis pequenos. Hoxe estímase que existen preto de 2 millóns de asteroides cun diámetro maior que 1 km tan só no Cinto Principal de asteroides; porén, se se suman todas as súas masas, o total é o 5% da masa da Lúa.

No caso do Cinto de Kuiper estímase que existen uns 60 millóns de obxectos, cunha masa da orde de 2,5 veces a da Lúa, é dicir, o 3% da terrestre.

Clasificación pola posición no Sistema Solar

Cinto de asteroides

A maior parte dos asteroides coñecidos xiran no espazo nunha agrupación coñecida polo nome de Cinto de asteroides, que se atopa entre Marte e Xúpiter. Este cinto está a unha distancia do Sol comprendida entre 2 e 3,5 UA. Estes asteroides xiran ao redor do Sol en órbitas de entre 3 e 6 anos.

O 22 de agosto de 2006, Ceres foi reclasificado como planeta anano xunto con Plutón e Eris.

Asteroides próximos á Terra (NEOs)

Existe un especial interese en identificar asteroides que teñen órbitas que interseccionan coa da Terra. Os tres grupos máis importantes de asteroides próximos á Terra son os asteroides Amor, os asteroides Apolo e os asteroides Atón.

Asteroides Troianos

Imaxe dos asteroides gregos por diante de Xúpiter e os troianos tras de Xúpiter ao longo da súa órbita. Tamén mostra o cinto principal de asteroides entre as órbitas de Marte e Xúpiter.

Denomínase Asteroides Troianos a un grupo de asteroides que se moven na órbita de Xúpiter. Están situados nos dous puntos de Lagrange triangulares a 60 graos por diante (chamados gregos) e por detrás (chamados troianos) de Xúpiter.

Tamén o planeta Marte ten polo menos un asteroide troiano, (5261) Eureka, que ocupa o punto L5 do sistema Sol-Marte.

Igualmente o planeta Neptuno ten un asteroide troiano, 2001 QR 322, que é un asteroide descuberto en 2001 e é un dos dous asteroides troianos coñecidos de Neptuno; o outro é 2004 UP10, que orbita diante de Neptuno no seu punto lagrangiano L 4. En xuño de 2006 descubríronse tres novos asteroides troianos de Neptuno.

Asteroides centauros

Denomínanse Asteroides Centauros aos que se atopan na parte exterior do Sistema Solar, orbitando entre os grandes planetas. (2060) Quirón orbita entre Saturno e Urano, (5335) Domocles entre Marte e Urano.

Asteroides coorbitantes da Terra

Son asteroides que ao achegarse á Terra permanecen capturados pola gravidade terrestre por algúns anos e despois afástanse novamente. Actualmente coñécense dous corpos deste tipo: o 2003 YN 107 e o 2004 GU 9.

Obxectos transneptunianos

Os Obxectos Transneptunianos (TNOs) están formados maiormente por xeo e atópanse na súa maioría máis aló da órbita de Neptuno.

A maior distancia (50UA) atópanse os obxectos da Nube de Oort.

Clasificación por grupo espectral

Os asteroides poden ser clasificados polo seu espectro óptico, que corresponde á composición da superficie dos mesmos, e tendo en conta tamén o seu albedo, nos seguintes tipos:

  • Tipo C: o 75% dos asteroides coñecidos, con albedo menor que 0,04. Son extremadamente escuros, semellantes a meteoritos. Parecen conter unha elevada porcentaxe de carbono.
  • Tipo D: este tipo de asteroides teñen un albedo moi baixo (0,02-0,05). Son moi vermellos, en lonxitudes de onda longas, debido quizais á presenza de materiais con gran cantidade de carbono. Son moi raros no cinto principal e son atopados con maior frecuencia en distancias superiores a 3,3 unidades astronómicas do Sol e o seu período orbital é a metade do de Xúpiter, é dicir, están en resonancia 2:1.
  • Tipo S: este tipo representa ao redor do 17% dos asteroides coñecidos. Teñen un albedo de 0,14 como promedio e son de composición metálica, formados fundamentalmente por silicio.
  • Tipo M: inclúe gran parte do resto de asteroides. Son asteroides brillantes (albedo 0,10-0,18), case exclusivamente formados por níquel e ferro.

Hai outros grupos de asteriodes raros, o número de tipos continúa medrando e están sendo estudados os seguintes:

  • Tipo T: caracterízanse por un baixo albedo (0,04-0,11).
  • Tipo E
  • Tipo R
  • Tipo V: por Vesta.

Curiosidades dalgúns asteroides

Algúns asteroides teñen satélites ao seu redor, como (243) Ida e o seu satélite asteroidal Dactyl. O 10 de agosto de 2005 anunciouse o descubrimento dun asteroide, o (87) Silvia, que ten dous satélites xirando ao seu redor, Rómulo e Remo. Rómulo, a primeira lúa, descubriuse o 18 de febreiro de 2001 no telescopio W. M. Keck II de 10 metros en Mauna Kea. Ten 18 km de diámetro e a súa órbita, a unha distancia de 1.370 km de Silvia, tarda en completarse 87,6 horas.

Remo, a segunda lúa, ten 7 km de diámetro e xira a unha distancia de 710 km, tardando 33 horas en completar unha órbita ao redor de Silvia.

Véxase tamén

Outros artigos


Ligazóns externas

Modelo:Link FA