Carlos Callón: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 40: | Liña 40: | ||
*XVI Premio [[Vicente Risco]] de Ciencias Sociais en 2011, por ''Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media''. |
*XVI Premio [[Vicente Risco]] de Ciencias Sociais en 2011, por ''Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media''. |
||
*Premio ''Fervenzas Literarias'' ao mellor libro de ensaio no 2011, por ''Amigos e sodomitas''. |
*Premio ''Fervenzas Literarias'' ao mellor libro de ensaio no 2011, por ''Amigos e sodomitas''. |
||
*Premio ''Redelibros'' de Ensaio no 2011, por ''Como defenderes os teus dereitos lingüísticos''. |
|||
==Galería de imaxes== |
==Galería de imaxes== |
Revisión como estaba o 16 de febreiro de 2013 ás 22:58
Carlos Callón | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de agosto de 1978 (45 anos) Santa Uxía de Ribeira, Galiza |
3º Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística | |
2002 – 2014 ← Concha Costas – Marcos Maceira → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | Mestre, escritor |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Páxina web | carloscallon.com |
Carlos Manuel Callón Torres, nado en Santa Uxía de Ribeira o 26 de agosto de 1978, é licenciado en filoloxías galega e portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerce como profesor de lingua e literatura galega no ensino secundario.
Traxectoria
Foi concelleiro por parte do BNG na súa vila natal entre xaneiro de 2001 e xuño de 2002, e membro do Consello Asesor de RTVE en Galicia entre 2001 e 2002. A partir de 1995 ocupou diversas responsabilidades na Mesa pola Normalización Lingüística, organización de cuxa xunta directiva nacional é membro dende 1995 e que preside desde 2002. É presidente tamén do padroado da Fundación Vía Galego, desde a súa constitución en 2006. Preside tamén a Fundación Via Galego[1] e a federación estatal Diverslinguae, desde a constitución de ambas, en 2006 e 2008, respectivamente.
É membro do grupo Galabra da USC e do consello de redacción de Longalingua. Publicación galega de lingua e sociedade[2]. Colaborou nos primeiros pasos da Biblioteca Virtual Galega, da Universidade da Coruña.
Obra
É autor de diversos traballos centrados na sociolingüística e mais nos estudos literarios, dados a coñecer en diferentes congresos e revistas especializadas. Así mesmo, é autor dos libros Unha historia que nos pertence (A obra poética en galego de Lorenzo Varela) (2005) e En castellano no hay problema (2010), no cal aborda a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, facendo especial fincapé na política lingüística do bipartito e do comezo da lexislatura de Alberto Núñez Feijóo[3].
En febreiro de 2011 gañou o XVI premio Vicente Risco de Ciencias Sociais coa obra Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media[4], na que analiza a aceptación da adelphopoiesis na Idade Media. Entre outra documentación, analiza un documento de 1061 recollido no Tombo de Celanova, polo cal Pedro Díaz e Muño Vandilaz subscribían unión en Rairiz de Veiga.
Ensaio
- Unha historia que nos pertence (A obra poética en galego de Lorenzo Varela), 2005, A Nosa Terra.
- En castellano no hay problema, 2010, Xerais.
- Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media, 2011, Sotelo Blanco.
- Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, 2011, Xerais.
- Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, 2012, Xerais.
Obras colectivas
- I Congreso Internacional Curros Enríquez e o seu tempo, 2004, Consello da Cultura Galega.
- Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), 2010, Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas.
Premios
- XVI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais en 2011, por Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de ensaio no 2011, por Amigos e sodomitas.
- Premio Redelibros de Ensaio no 2011, por Como defenderes os teus dereitos lingüísticos.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Carlos Callón.
Notas
- ↑ Páxina web da Fundación Via Galego.
- ↑ Páxina web de Longalingua.
- ↑ Sinopse do libro no web de Edicións Xerais
- ↑ "Carlos Callón gaña o Vicente Risco de ensaio cunha obra sobre a homosexualidade na Idade Media", artigo en www.culturagalega.org, 28 de febreiro de 2011.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos Callón |