Sesostris III: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: tl:Senusret III
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: ka:სენუსერტ III
Liña 28: Liña 28:
[[hu:III. Szenuszert]]
[[hu:III. Szenuszert]]
[[it:Sesostri III]]
[[it:Sesostri III]]
[[ka:სენუსერტ III]]
[[lt:Senusretas III]]
[[lt:Senusretas III]]
[[nl:Senoeseret III]]
[[nl:Senoeseret III]]

Revisión como estaba o 15 de febreiro de 2013 ás 20:41

Sesostris III (1878 adC.-1841 adC.). Fillo de Sesostris II. Faraón que levou ao Imperio Medio á súa máxima expansión territorial. Tamén é coñecido co nome de Iakaura ou Senurset.

Reformas

Gran reformador, culminou unha política centralizadora facendo desaparecer o poder dos nomarcas, dividindo o pais en tres sectores (Alto, Medio e Baixo). Estableceu unha estruturada burocracia, recrutando funcionarios dos escribas, de clase media, ampliando a base social do poder. Reorganizou os gremios co fin de racionalizar a vida socioeconómica. Abriu rotas comerciais cara o Sinaí, Punt, Creta e Biblos. Comezou unha política de obras públicas coa construción de canles. Os seus derradeiros anos compartiu trono con Amenemhat III, seu fillo.

Campañas

Emprendeu catro campañas contra Kush (Nubia) ata a súa total dominación, incluídas as importantes minas de ouro desa área. Construíu unha rede de fortes fluviais que facilitou o control militar a a consolidación da súa expansión. Combateu Siquem chegando a controlar o Sinaí e Palestina.

Mandou construír a Pirámide de Dashur de 105 metros de altura e outras sete pirámides adxacentes.