Linguas xermánicas: Diferenzas entre revisións
Arranxo a lexenda do mapa. Arranxo e modifico varias ligazóns. |
Engado cadro. |
||
Liña 118: | Liña 118: | ||
* [[Primeira mutación consonántica]] |
* [[Primeira mutación consonántica]] |
||
* [[Segunda mutación consonántica]] |
* [[Segunda mutación consonántica]] |
||
<br /> |
|||
{{Lingua xermánica}} |
|||
[[Categoría:Linguas xermánicas]] |
[[Categoría:Linguas xermánicas]] |
Revisión como estaba o 15 de febreiro de 2013 ás 07:02
Modelo:Linguas Indoeuropeas As linguas xermánicas son un grupo de linguas de orixe indoeuropea, faladas ao principio na rexión central nórdica de Europa. Comprende linguas actuais como o inglés, alemán, baixo alemán, neerlandés, danés, frisón, noruegués, sueco, islandés, feroés e elfdaliano. Tamén algunhas extintas como o gótico.
O protoxermánico, a antiga lingua derivada do indoeuropeo e antepasado de todas as linguas xermánicas, dividiuse -segundo a maioría dos lingüistas- en tres ramas: o xermánico setentrional ou nórdico, o xermánico occidental (ou meridional, para algúns autores) e o xermánico oriental, do que derivaron os idiomas góticos hoxe desaparecidos. Do nórdico naceron os modernos diasistemas islandés, noruegués, danés, sueco e gotlandés, este último case morto. Do xermánico occidental, naceron os diasistemas anglofrisóns (o inglés e o frisón), o baixo franco (neerlandés), o baixo saxón (chamado ás veces baixo alemán) e o (alto) alemán. Aquí abaixo pódese ver una clasificación non exhaustiva dos diasistemas xermánicos.
Xermánico occidental
Xermánico occidental continental
Diasistema alto alemán
- Alemán central
- Alemán central occidental (Alto alemán central franco):
- Alemán central oriental (Alto alemán central non franco):
- Alemán central de Transilvania
- Alemán central de Pensilvania
- Alemán central de transición (ou alemán superior)
- Alemán superior
- Alemán superior occidental (ou alemánico):
- Alemánico suabo
- Baixo alamánico
- Alemán colonieiro (Alamánico de Venezuela)
- Mittelalemannisch
- Alto alamánico
- Alamánico superior
- Alemán superior oriental (ou austrobávaro):
- Alemán superior occidental (ou alemánico):
- Yídico ou Yídix
Diasistema baixo saxón
Diasistema baixo franco
- Baixo franco en Europa
- Baixo franco en África do Sur
Xermánico occidental anglofrisio
Diasistema ánglico
Diasistema frisio
Xermánico setentrional
Xermánico setentrional occidental
Nórdico occidental insular
Xermánico setentrional oriental
Diasistema danonoruegués
Diasistema sueco
Diasistema gotlandés
Xermánico oriental
Os idiomas xermánicos orientais son os idiomas extinguidos que falaban os antigos clans xermánicos orientais, dos que só o gótico está ben documentado.
Véxase tamén
Outros artigos
- Lingua protoxermánica
- Lei de Grimm
- Lei de Verner
- Primeira mutación consonántica
- Segunda mutación consonántica