Monoplacóforo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: kk:Моноплакофорлар
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: war:Monoplacophora
Liña 137: Liña 137:
[[tr:Monoplacophora]]
[[tr:Monoplacophora]]
[[uk:Моноплакофори]]
[[uk:Моноплакофори]]
[[war:Monoplacophora]]
[[zh:单板纲]]
[[zh:单板纲]]

Revisión como estaba o 13 de febreiro de 2013 ás 14:59

Monoplacóforos
Ficheiro:Neopilina001.jpg

Neopilina é un monoplacóforo.

Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Sen rango: Bilateria
Superfilo: Lophotrochozoa
Filo: Mollusca
Clase: Monoplacophora
Ordes

Os monoplacóforos (Monoplacophora) son unha clase de moluscos creada non hai moito tempo (1952), e representada inicialmente pola especie Neopilina galatheae descuberta e recollida en México a uns 3.600 m. de profundidade. Posteriormente foron descubertas outras especies vivas, ademais xa se coñecían moitos fósiles de inicios do Cambriano[1].

Características xerais

Yochelcionella cyrano

Os monoplacóforos son animais planos, cunha cuncha con forma de cúpula, semellando unha lapa. Presentan simetría bilateral. Na parte inferior do corpo presentan unha boca, cuns tentáculos preorais, e no seu interior atópase unha rádula; a continuación un estómago simple cun saco que contén o estilo cristalino. Logo segue un Intestino enroscado e remata nun ano.

No interior da cavidade paleal hai 5 pares de branquias de tipo ctenidio.

Existen uns 6 pares de nefridios que abren no suco paleal, na base das branquias.

O aparato reprodutor ten dous pares de gónadas grandes as cales desembocan respectivamente no terceiro e cuarto nefridios, saíndo os gametos a través dos gonóporos.

Clasificación

Unha das clasificacións actuais sinaña que hai unhas 20 especies vivas, distribuídas en 7 xéneros.

Clasificación da clase Monoplacophora

Bibliografía

  1. Heinz A. Lowenstam and Stephen Weiner, On Biomineralization, Oxford University Press, New York, p. 89 (1989)

Véxase tamén

Ligazóns externas