Escania: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: hi:स्कॉने लैन
EmausBot (conversa | contribucións)
Liña 68: Liña 68:
[[vo:Skaniän (provin)]]
[[vo:Skaniän (provin)]]
[[zh:斯科讷省]]
[[zh:斯科讷省]]
[[zh-min-nan:Skåne Kōan]]
[[zh-min-nan:Skåne koān]]

Revisión como estaba o 13 de febreiro de 2013 ás 06:44

Bandeira non oficial de Escania
Mapa de Escania

Escania é unha provincia situada ó sur de Suecia, á cal pertence politicamente. Antigamente estivera baixo soberanía danesa. Formaba unha das provincias históricas de Suecia, fronteriza coas de Halland, Småland e Blekinge. Actualmente forma parte do condado de Escania. A capital era Malmö. Pola súa riqueza na produción de cereais e a súa situación estratéxica á entrada do Mar Báltico foi tradicionalmente desexada polos suecos, pero non foi até o Tratado de Roskilde de 1658 que Suecia non acadou a súa adhesión, ratificada polos pactos de Copenhaguen (1660) e Lund (1679). A universidade de Lund, fundada en 1668, contribuíu a difundir a cultura sueca en Escania.

As principais cidades son Malmö, Helsingborg e Lund.

En Escania fálase o dialecto escanio do sueco. Este dialecto é considerado ocasionalmente como unha lengua propia (especialmente polos nacionalistas escanios), pero ista non é a opinión da maioría dos escanios. Este dialecto é basicamente unha variante do sueco con moitos trazos daneses.

A bandeira escania é unha mestura da bandeira sueca e a danesa. A bandeira adoita ser vista por Escania, pero non ten carácter oficial.

Ligazóns externas