Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Música: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xenxo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xenxo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 502: Liña 502:
**[[:Category:Artistas musicais|Artistas musicais]]
**[[:Category:Artistas musicais|Artistas musicais]]
***Directores de orquestra
***Directores de orquestra
***[[:Category:Cantantes solistas e Grupos musicais|Cantantes Solistas e Grupos musicais]]
***[[:Category:Grupos musicais|Grupos musicais]]
***Cantantes
***Compositores e Cantautores
***Compositores
***Músicos ''(instrumentistas)''
***Músicos ''(instrumentistas)''
***Produtores de música
***Produtores de música
***.................
***.................
|}
|}
Os cantautores creo que non merecen categoria propia,mellor inclilos nas categorias de Compositores e Cantantes


Eu tamen apoio o de engadir logo en cada categoria unha subcategoria galega
Eu tamen apoio o de engadir logo en cada categoria unha subcategoria galega

Revisión como estaba o 8 de xaneiro de 2007 ás 19:50

Engadir unha mensaxe

Aviso: Debate aberto. Esta rama procede do debate Arte e Cultura


Proposta sobre a categoría música do usuario 213.60.90.94 (Xabi) recuperada da taberna

  • Necesidade dunha nova organizacion da categoria música: == 18:21 23 agosto do 2005-- 16:22, 25 agosto 2005 (UTC)

ola. creo que estaría ben organizar doutro xeito a categoria música. esta é a miña proposta:

- musicoloxía, subcategorizada en:

            etnomusicoloxía
            historia da música
            historia do pensamento musical
            fontes musicais
            análise musical
            teoría da música
            notación

acústica educación musical organoloxía, subcategorizada en:

            voz e canto
            instrumentos musicais
            lutería

músicos, subcategorizada en:

            autores
            intérpretes
            grupos musicais

obras musicais

musica segundo o xénero (xéneros musicais) música segundo a nacionalidade, subcategorizada en:

                               outras
                               galega, subcategorizada en:
                                       
                                       historia
                                       autores
                                       obras
                                       música tradicional
                                       cancioneiros
                                       fontes
                                       baile
                                       etc...

webs sobre musica publicacions musicais bibliografia

musica en vivo, subcategorizada en:

               locais
               festas
               festivais
               concertos

musica grabada


Estes son algúns posibles epígrafes. tede en conta que son novo. correxídeme todo o que queirades, se é factible ou non...pero unha boa clasificación dende o primeiro axudaría. espero as vosas propostas. unha aperta

--213.60.90.94 16:22, 25 agosto 2005 (UTC)xabi

Algúns asuntos para considerar

Coido que, igual que se manifesta nalgunha das mensaxes, a categorización é unha axuda para a navegación. Como tal, debe cubrir unha serie de prantexamentos:

  • O usuario futuro pode estar buscando unha referencia da cal non ten coñecementos suficientes. Por exemplo, seguindo algún dos artigos que engadín eu, Mike Oldfield, ¿debe figurar en Personalidades da música, en compositores ou en instrumentistas? Creo que, como aproximación primeira, debera figurar nas tres subcategorías. A redundancia non debe ser óbice para a maior claridade e sinxeleza. Podemos tomar outros exemplos en literatura, por exemplo, tal como Shakespeare: poesía? teatro? literatura? persoalidades?
  • A subcategorización simplifica as buscas. Por exemplo: Supoñamos que tivesemos 3000 entradas en literatura. Un usuario entra na categoría Literatura. Nesa páxina, dispón das primeiras 200 entradas ordeadas por orde alfabética. Poñamos por caso que busca información sobre Eduardo Pondal. A priori, se busca na letra P, debería atopalo (nesa mesma categoría). Mais para iso deberá avanzar as páxinas suficientes para chegar a letra P (digamos que ten que avanzar 8 páxinas). Subcategorías como Poesía, Autores galegos, incluso Poesía->Autores galegos poden aforrarlle tempo (incluso esforzo), pero, o que é importante, só poden ser utis se supomos que o usuario sabe a ciencia certa onde buscar. Pois, onde buscar, poñamos por caso, a Valleinclán?
  • A redundancia só é un problema nos soportes físicos, como as enciclopedias. Inda así, a maioría das boas enciclopedias dispoñen de táboas de busca con información redundante (unha táboa de contidos, un índice alfabético, unha ou varias táboas de índices analíticos). Nos soportes informáticos, estas limitacións non existen. Podemos crear enlaces onde queiramos, que non suporán máis ca un pequeno despilfarro de espacio. Mais este despilfarro á larga compensa.

A subcategoría ... galeg@s é un exemplo estupendo. Non ten por que afectar á organización da información, e pode proporcionar ventaxas interesantes, a cambio de estar ben feito, por suposto. Por exemplo, poñamos por caso:

  • Música

....A música en Galicia

....Teoría da Música

.........Notación

.........Teoría musical

.........Historia da música

..............Historia da música en Galicia

....Autores e intérpretes

.........Artistas

..............Galegos

.........Persoalidades da Música

..............Galegos

.........Músicos Galegos

etc.

Por suposto, isto só é un exemplo, non unha proposta. Mais con ela quero ilustrar que a redundancia é útil se a sabemos manexar. Por exemplo, Mercedes Peón figuraría no apartado Artistas (porque o é), en Músicos galegos, e se o consideramos oportuno, en Personalidades da Música->Galegos. Podemos incluso engadir un enlace na subcategoría Personalidades da Música (dito xa de paso, pode ser difícil estabrecer os criterios que implican que alguén é ou foi unha persoalidade dentro da música.

A maiores de todo isto, preciso aumentar o grao de categorización. Un exemplo pode ser a entrada que teño para Yngwie Malmsteen ou unha futura entrada para Kai Hansen. Ámbolos dous son guitarristas (dentro do panorama heavie). Ningún dos dous é un solista, máis un é un músico que forma a súa propia banda para tocar (co seu nome) e outro toca en outra banda (formada por el pero con un nome colectivo, concretamente, Gamma Ray). Mais estes son exemplos sinxelos. Outros músicos poden ser, caso de Piet Sielk, productores e, a maiores, ter o seu propio grupo (por suposto con un nome colectivo). Preciso categorías do tipo de:

  • Música

...Artistas

...Solistas

...Grupos

...Compositores

...Técnicos

...Intérpretes

Un músico dun grupo pode ter o seu proxecto como solista. Unha proposta concreta, e quizais un tanto agresiva, podería ser algo así:

  • Música

...Artistas

...Músicos

......Compositores

......Solistas

......Grupos

......Productores

......Intérpretes

...Técnicos

...Teoría da Música

......Notación

...Estilos

......Historia e evolución

......barroco

......rock

......etc.

--Karlggest 11:24, 22 setembro 2005 (UTC)

Rama Música en Arte e Cultura

No seguinte cadro inclúo as diferentes propostas sobre a categoría Música para integrar nunha soa de síntese. Penso que hai material suficiente para chegar a un bo resultado pero sería valioso que engadírades calquera outra proposta de mellora. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:22, 21 outubro 2005 (UTC)



  • Musicoloxía
  • Etnomusicoloxía
  • Historia da música
  • Historia do pensamento musical
  • Fontes musicais
  • Análise musical
  • Teoría da música
  • Notación
  • Acústica
  • Educación musical
  • Organoloxía
  • Voz e canto
  • Instrumentos musicais
  • Lutería
  • Músicos
  • Autores
  • Intérpretes
  • Grupos musicais
  • Obras musicais
  • xéneros musicais
  • Música segundo a nacionalidade
  • Outras
  • Música galega
  • Historia
  • Autores
  • Obras
  • Música tradicional
  • Cancioneiros
  • Fontes
  • Baile
  • etc...
  • Música

...Artistas

...Músicos

......Compositores

......Solistas

......Grupos

......Productores

......Intérpretes

...Técnicos

...Teoría da Música

......Notación

...Estilos

......Historia e evolución

......barroco

......rock

......etc.

Síntese das propostas de Música

  • Síntese das propostas existentes, non estou moi seguro de poñer Cancioneiros e Baile dentro de Xéneros musicais. A subcategoría Musicoloxía necesitaría dunha explicación do usuario que a propuxo para determinar con claridade os criterios de clasificación. Con respecto a Artistas nesta ocasión eliminoa porque é unha categoría que creei hai unha chea de tempo en Música e agora penso que require un tratamento distinto, porque é un termo moi xeral que abarca varias ramas de categorías ,desde as variadades ata Arte. Sobre o apartado Personalidades da música penso que hai que elaboralo e debatilo en profundidade para que non se produzan ambigüidades. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:29, 23 outubro 2005 (UTC)


Non sei se lutería é o termo adecuado en galego pero sei que en castelán hai autores que non usan ese termo por consideralo un galicismo innecesario e utilizan a forma laudero que existiu en castelán sen ser un calco do francés.

Lute => Luthier Laude=> Laudero

Non controlo moito de lingua así que se alguén sabe sobre este respecto...

Por outra banda, penso que non é adecuada a división entre cantantes, instrumentistas e directores, polo menos no que a música clásica se refire. Tanto os cantantes coma os directores son intrumentistas, uns da orquesta e outros da voz. Si penso que debería haber una apartado para agrupacións musicais, sobre todo para dar cabida ás bandas e ás orquestras, que en grupos musicais estaría pouco claro. Tampouco vexo clara a división entre música clásica e ópera. Toulousain

Suxestión sobor da anterior síntese

Vista a síntese anterior, teñó algunhas suxestións:

  • Non teñen moito senso clasificacións coma artistas, grupos musicais, etc., dende o ponto de vista do estudo da música. A súa xustificación é a simplificación das buscas.
  • A musicoloxía é o estudo da música (non?). Polo tanto, debera incluír a teoría da música (acúscica, organoloxía, etc.), a historia da música, os xéneros, etc. Neste senso, os xéneros musicais están vistos dende o ponto de vista teórico (patróns rítmicos típicos, escalas típicas, etc.).
  • Non comparto que debamos separar a música galega da demais (anque isto vaia para tódalas artes). Como propuxen anteriormente (algúns asuntos por considerar), coido que sería apropiado que cada categoría e subcategoría tivese un apartado para o galego a maiores, de tal xeito que unha obra, grupo, ou o que sexa apareza tanto na categoría xeral (digamos por exemplo, grupos de música) como no apartado de galegos. Non atopo senso a que na subcategoría músicos non apareza, por exemplo, Manuel Budiño (dándose a paradoxa de que puidese aparecer Carlos Núñez).

Suxestión sobor da anterior síntese

Vista a síntese anterior, teñó algunhas suxestións:

  • Non teñen moito senso clasificacións coma artistas, grupos musicais, etc., dende o ponto de vista do estudo da música. A súa xustificación é a simplificación das buscas.
  • A musicoloxía é o estudo da música (non?). Polo tanto, debera incluír a teoría da música (acúscica, organoloxía, etc.), a historia da música, os xéneros, etc. Neste senso, os xéneros musicais están vistos dende o ponto de vista teórico (patróns rítmicos típicos, escalas típicas, etc.).
  • Non comparto que debamos separar a música galega da demais (anque isto vaia para tódalas artes). Como propuxen anteriormente (algúns asuntos por considerar), coido que sería apropiado que cada categoría e subcategoría tivese un apartado para o galego a maiores, de tal xeito que unha obra, grupo, ou o que sexa apareza tanto na categoría xeral (digamos por exemplo, grupos de música) como no apartado de galegos. Non atopo senso a que na subcategoría músicos non apareza, por exemplo, Manuel Budiño (dándose a paradoxa de que puidese aparecer Carlos Núñez).
  • A grandes rasgos, podemos dicir que a ópera non é outra cousa que teatro musicado, polo que hai unha forte xustificación para que vaia nunha categoría distinta á de música clásica. De feito, a ópera non é exclusiva da música clásica: existen óperas-rock e incluso óperas-metal(dende o ponto de vista teórico, poderían existir óperas de tódolos estilos musicais, anque o máis común é que obras teatrais musicadas en outros estilos den lugar a operetas, musicais ou zarzuelas. Persoalmente, coido que deberiamos elabourar algo esta categoría. Como mínimo deberiamos distinguir os compositores musicais (que poden ser exclusivos de ópera, mais rara vez) e os autores dos libretos (que non sempre coinciden).

--Karlggest 19:03, 7 novembro 2005 (UTC)

  • Falta o Folk nos xéneros musicais. Concordo con facer unha subcategoría "galeg@" para cada categoría que se considere, en lugar de mesturar todo nunha única categoría de música galega. Nanotrasno.

Otra proposta de categorización

A música é un tema enormemente complexo e difícil de categorizar, unha clasificación que sexa ao mesmo tempo clara, útil e que represente a variedade existente ten que partir do feito de que non hai unha música senon músicas (con instrumentos, escalas, estilos, tradicións e escalas de valores próprios). As categorias que definen os subsistemas son moitas, pero unha enciclopedia debe incluir cando menos:

  • ocidental
  • da índia
  • chinesa
  • afroamericana
  • xaponesa
  • árabe
  • folk, con moitas subdivisións

Noutros caso o tema é mais complexo, como no caso de oriente médio, a fronteira entre grécia-turquia-arménia non está clara, pero neste momento da galipédia ainda nos falta moito para chegar ai.

Dentro de cada estilo existen diferentes categorias e xa se pode fiar mais fino, p.e.:

Na india hai dous grupos: clásica (sangeet) e popular (qawwali, filmes..) o que tamén sucede en ocidente, na china pola contra non existe separación e en Xapón o número de categorias é maior. Na wikipedia en inglés obviaron isto e o resultado é confuso, e nós seguimos na liña, non se pode pór ao mesmo nível música clásica que bambuco (excelentes artigos os deste tema por certo). Un é un termo moi amplo que cobre 400 anos de músicas en meio mundo con diversos xéneros e outro é un estilo moi definido dunha rexión concreta. Eu polo tanto propoño un sistema xerarquizado, que de cada categoria colguen unhas poucas, e non o caos de outra wikipedias, onde premes nunha categoria e saen-che 50 categorias distintas sen anda a ver unhas coas outras, ao lector cnfundeo e non lle dá un mapa claro, e ao colaborador non lle transmite unha idea de xerarquia (organizativa, ollo, non estética). Sinto ter sido tan prolixo.Emilio juanatey 00:31, 5 outubro 2006 (UTC)

Categorización cruzada

Na proposta anterior que fixen, só pretendía mentar a flexibilidade dun sistema moi xerarquizado combinado con referencias múltiples. Coido que partindo desa idea, definir un sistema debera ser abondo doado. A proposición básica é separar as áreas evidentemente principais por un lado (así a proposta de ter nun primerio nivel:

  • Teoría da música.
  • Intérpretes.
  • Obras.
  • Outros asuntos (na proposta anterior mentaba aquí por exemplo premios e concursos)
  • O que se nos ocorra...

A maiores, por exemplo, a Teoría da música incluiría:

  • Etnoloxía (estudo da música en función da cultura e pobo concreta: oriental, occidental, logo por países, por rexións, etc.).
  • Historia (a música dende unha perspectiva histórica)

Estas dúas subcategorías incluirían á súa vez os respectivos artigos e subcategorías, moitos dos cales figurarían en ambas.

Quizais quede máis clara a idea na cuestión dos xéneros. Vendo a evolución da música popular dende os cantos dos escravos recolectores de algodón, o blues, o jazz, o rock'n roll, o heavy, o punk, e dentro destes estilos os seus respectivos subxéneros, é obvio que habería un artigo correspondente á sección Etnoloxía común á sección Historia, e que categorizaría ós distintos xéneros, e dentro deles, ós subxéneros. Isto sen impedir que exista unha subcategoría propia para os xéneros, onde naturalmente figuraría tamén este artigo.

Os nomes e a clasificación concreta que propoño son irrelevantes. Só trato de refrectir a idea.

O exemplo que facía coa subcategoría galeg@s para cada categoría considerada apunta nesa mesma dirección.

Creo que así non só se soslaian os problemas antes considerados, senón que se incrementa a usabilidade por parte do usuario consultor (dacordo, para clasificar un artigo habería que incluír máis categorías ó crealo... :) )

--Karlggest 12:59, 24 outubro 2006 (UTC)


--Xenxo 20:44, 7 xaneiro 2007 (UTC) ¿E porqué non asi?

Os cantautores creo que non merecen categoria propia,mellor inclilos nas categorias de Compositores e Cantantes

Eu tamen apoio o de engadir logo en cada categoria unha subcategoria galega