Real Zaragoza: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Elimino: diq:Real Zaragoza
m r2.7.3) (Bot: Engado: min:Real Zaragoza
Liña 173: Liña 173:
[[lt:Real Zaragoza SAD]]
[[lt:Real Zaragoza SAD]]
[[lv:Saragosas "Real"]]
[[lv:Saragosas "Real"]]
[[min:Real Zaragoza]]
[[mr:रेआल झारागोझा]]
[[mr:रेआल झारागोझा]]
[[nl:Real Zaragoza]]
[[nl:Real Zaragoza]]

Revisión como estaba o 11 de febreiro de 2013 ás 17:45

Real Zaragoza
NomeReal Zaragoza, S.A.D.
Alcume(s)Maños
Blanquillos
Fundación18 de marzo de 1932 (92 anos)
EstadioLa Romareda,
Zaragoza, España
Inauguración8 de setembro de 1957
Capacidade34.596
PresidenteEspaña Agapito Iglesias
AdestradorEspaña Manolo Jiménez
LigaPrimeira División
2011-1216º
VestimentaAdidas
Na rede
http://www.realzaragoza.com
Facebook: RealZaragozaOficial Twitter: RealZaragoza Instagram: realzaragoza Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O Real Zaragoza S.A.D. é un club de fútbol profesional español, da cidade de Zaragoza en Aragón. Foi fundado en 1932 da unión do Iberia SC e do Zaragoza CD, os dous clubs máis importantes da cidade naquela época. Actualmente xoga na Primeira División.

É o 9º equipo na Clasificación histórica da Primeira División[1] habendo completado 55 tempadas en devandita categoría.

O 10 de setembro de 2009, a IFFHS publicou a clasificación dos mellores clubs europeos do século XX, ocupando o Real Zaragoza a posición número 37[2] debido aos campionatos europeos conseguidos no século XX, a Copa de Feiras de 1964 e a Recopa de Europa en 1995. Actualmente ocupa o posto número 355 na clasificación mundial de clubs da IFFHS[3] e o 59º posto na clasificación histórica do mesmo organismo.[4]

Conta cuns 30.000 abonados e un orzamento anual de 36.000.000 . É o 7º equipo en número de aficionados en España (2,7%),[5] segundo a enquisa do CIS de maio de 2007.

Uniforme

  • Uniforme titular: Camiseta branca con franxas laterais azuis, pantalón azul e medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta amarela fosforito con mangas negras, pantalón negro con borde amarelo e medias negras.

Estadio

Imaxe lateral do estadio de La Romareda.
Artigo principal: Estadio de La Romareda.

O estadio do Real Zaragoza é La Romareda, cunha capacidade para 34.596 espectadores e cunhas dimensións de 105 x 68 metros.

Inaugurouse cun partido entre o Real Zaragoza e Osasuna o 8 de setembro de 1957, sendo presidente do club maño Cesáreo Alierta. O resultado do encontro foi 4-3, a favor do Real Zaragoza, con goles de Vila (o primeiro gol na Romareda), Wilson, Murillo e Vila (de novo) para o Real Zaragoza, e Areta, Sabino e Glaría para Osasuna. A capacidade inicial do estadio era de 32.416 espectadores, 16.000 sentados.

Datos do club

  • Tempadas en : 57
  • Tempadas en : 15
  • Tempadas en : 4
  • Mellor posto na liga: 2º (tempada 74-75)
  • Peor posto na liga: 20º (tempada 01-02)
  • Posto na Clasificación histórica da Primeira división: 9º
  • Máis partidos disputados: Aguado (383), Violeta (327), Señor (304).
  • Máis minutos: Aguado (33.480), Violeta (29.042), Señor (26.984).
  • Máis goles: Murillo (88), Pardeza (76) Marcelino (70).
  • Expulsado máis veces: Aguado (18), Cuartero (8), Belsué (6).
  • Maior goleada conseguida:
  • Maior goleada encaixada:
  • Participacións en competicións europeas: 18

Xogadores

Ao longo da historia do equipo, máis de 500 xogadores pertenceron ao mesmo desde o seu fundación en 1932, moitos dos cales logo de retirados pasan a ser coñecidos como os veteranos e están aglutinados nunha asociación conxunta ao club.

Cadro 2011/12

Actualizado a 31 de xaneiro de 2012.

Posto País Xogador
1 POR España Roberto Jiménez
2 DEF Pablo Álvarez
3 DEF España Javier Paredes Capitán
4 MED España David Mateos
5 DEF Italia Maurizio Lanzaro
7 DIA España Carlos Aranda
8 MED España Edu Oriol
9 DIA Portugal Hélder Postiga
10 DIA España Luis García
11 MED España Juan Carlos
14 DEF Modelo:PARb Paulo da Silva
Posto País Xogador
15 MED Croacia Tomislav Dujmović
16 DIA Pablo Barrera
17 MED España Ángel Lafita
18 MED Portugal Rúben Micael
20 MED Franco Zuculini
21 DEF España Abraham Minero
22 MED Hungría Ádám Pintér
23 MED España Apoño
24 DEF Modelo:SERb Ivan Obradović
25 POR Leo Franco
27 MED España Kevin Lacruz

Palmarés

Recopa de Europa de 1995 gañada polo Zaragoza.

Torneos rexionais

  • Campionato Mancomunado Navarra-Guipúscoa-Aragón (1): 1939-40

Torneos nacionais

Torneos internacionais

Torneos amigables

Filial

Artigo principal: Real Zaragoza B.

O Real Zaragoza B é o equipo filial do Real Zaragoza. Fundouse no 1965 e xoga na Segunda División B.

Notas

  1. "Clasificación histórica da Primeira División Española de fútbol". webprincipal.com. Consultado o 15 de xaneiro de 2010. 
  2. "O Club do Século de Europa". IFFHS. Consultado o 15 de xaneiro de 2010. 
  3. "Clasificación Mundial dos Clubs". IFFHS. Consultado o 31 de decembro de 2009. 
  4. "Clasificación histórica do Ranking Mundial de Clubs". IFFHS. Consultado o 31 de decembro de 2009. 
  5. "Enquisa CIS sobre equipos de fútbol". CIS. Consultado o 15 de xaneiro de 2009. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Link FA