Xove: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Outros homónimos.
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Concello info +{{Concello)
Liña 2: Liña 2:
{{Coordenadas|43|41|09|N|07|30|32|W|display=title}}
{{Coordenadas|43|41|09|N|07|30|32|W|display=title}}
{{Outroshomónimos|Xove (homónimos)|Xove}}
{{Outroshomónimos|Xove (homónimos)|Xove}}
{{Concello info|
{{Concello|
escudo= Escudo Xove.jpg|
escudo= Escudo Xove.jpg|
imaxe= [[Ficheiro:Paseo río Rigueira (A Rigueira, Xove)(3).JPG|300px]]|
imaxe= [[Ficheiro:Paseo río Rigueira (A Rigueira, Xove)(3).JPG|300px]]|

Revisión como estaba o 11 de febreiro de 2013 ás 15:23


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Coordenadas: 43°41′09″N 07°30′32″O / 43.68583, -7.50889

Xove
Escudo de Xove
Paseo do río Rigueira.
Situación
Xentilicio[1]xovense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Mariña Occidental
Poboación3.500 hab. (2010)[2][3]
Área89,1 km²[3]
Densidade39,28 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias e 86 lugares[4]
Capital do concelloXove
Política (2011)
AlcaldeDemetrio Salgueiro Rapa (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 1
Outros: -
Eleccións municipais en Xove
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes97,76%
Na rede
www.xove.es
Facebook: ConcelloDeXove Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Xove é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE en 2010 tiña 3.500 habitantes (3.614 no 2006, 3.636 no 2005, 3.603 no 2004, 3.574 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «xovense».

Evolución da poboación de Xove   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3.816 3.711 4.062 3.607 3.603 3.500 {{{7}}} {{{8}}} {{{9}}} {{{10}}} {{{11}}} {{{12}}} {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}} {{{18}}} {{{19}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Limita cos concellos de Cervo e Viveiro. As súas costas están bañados polo mar Cantábrico. Ten unha superficie de 89 km². O cumio máis alto é o Pao da Vella (705 m). Outro pico importante é o monte Medela (346 m)

Historia

Na zona hai numerosos enterramentos megalíticos.

O topónimo podería preoceder do latín Villa Iovii, Vila de Xúpiter, quizais referido a un templo ou altar construído trala romanización.

Durante o antigo réxime estas terras pertenceron ás xurisdicións de Portocelo, Galdo e Viveiro, dependentes da provincia de Mondoñedo. Coa nova división territorial a comezos do século XIX convertiuse no concello de Portocelo, integrado na provincia de Lugo. En 1940 adoptou a denominación actual, pasando a capitalidade a Xove.

En 1973 o estado español proxectou a construción da central nuclear de Regodola, que sería explotada por Fenosa, Electra do Viesgo e Hidroeléctrica do Cantábrico. Tras fortes protestas veciñais, a súa construción adiouse, quedando paralizada coa moratoria nuclear de 1985.

En Xove tributa a factoría de Alcoa-S.Cibrao, a maior fábrica de Alúmina/Aluminio por estar neste concello localizadas as oficinas da mesma.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Xove.

Lugares de Xove

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Xove vexa: Lugares de Xove.

Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Xove

Lago (Santa Eulalia) | O Monte (Santo Isidoro) | Morás (San Clemente) | Portocelo (San Tirso) | A Rigueira (San Miguel) | Sumoas (Santo Estevo) | Xove (San Bartolo) | Xuances (San Pedro)

Festas

  • San Bartolo na capital, Xove, na segunda metade do mes de agosto.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Xove".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén

Outros artigos