Boqueixón: Diferenzas entre revisións
m actualización: poboación 2012; fonte: IGE |
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Concello info +{{Concello) |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Outroshomónimos|Boqueixón (homónimos)}} |
{{Outroshomónimos|Boqueixón (homónimos)}} |
||
{{Coordenadas|42|49|31|N|08|24|57|W|display=title}} |
{{Coordenadas|42|49|31|N|08|24|57|W|display=title}} |
||
{{Concello |
{{Concello| |
||
escudo = Escudo de Boqueixón.svg| |
escudo = Escudo de Boqueixón.svg| |
||
imaxe = [[Ficheiro:Concello de Boqueixón.JPG|300px]]| |
imaxe = [[Ficheiro:Concello de Boqueixón.JPG|300px]]| |
Revisión como estaba o 11 de febreiro de 2013 ás 15:08
Coordenadas: 42°49′31″N 08°24′57″O / 42.82528, -8.41583
Boqueixón | |
---|---|
Casa do Concello | |
Situación | |
Xentilicio[1] | boqueixonés |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca de Santiago |
Poboación | 4.417 hab. (2012)[2][3] |
Área | 73,2 km²[3] |
Densidade | 60,34 hab./km² |
Entidades de poboación | 14 parroquias[4] |
Capital do concello | O Forte |
Política (2011) | |
Alcalde | Jesús Sanjuás (PPdeG) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 9 PSdeG-PSOE: 1 Outros: - |
Eleccións municipais en Boqueixón | |
Uso do galego[5] (2001) | |
Galegofalantes | 99,00% |
Na rede | |
www.boqueixon.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Boqueixón é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2012 tiña 4.417 habitantes (4.462 no 2009, 4.437 no 2007, 4.406 no 2006, 4.378 no 2005, 4.337 no 2004, 4.263 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boqueixonés.
Evolución da poboación de Boqueixón Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.232 | 4.432 | 5.062 | 5.511 | 4.337 | 4.417 | |||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
O concello de Boqueixón ten 73,2 km², e está situado na vertente dereita do río Ulla, nun sector do curso medio. Forma parte do chamado Escalón de Santiago, o espazo morfolóxico estendido entre a Dorsal galega cara ao océano Atlántico, coa forma dun peniplano arrasado que descende suavemente de altitude.
Ten unha topografía suave, agás na zona oeste, onde ten formas máis abruptas e empinadas. Neste sector está o monte Castelo (498 m), e no sur está o Pico Sacro (534 m). As menores altitudes están na zona sureste, na parroquia de Ponte Ledesma, a 60 m.
Historia
O Concello de Boqueixón foi creado en 1836. En 1820 propúxose integrar as parroquias do actual concello no partido xudicial de Santa María a Maior e Real de Sar, e á súa vez distribuídas entre os concellos de Sar, Vilar, Santa Cruz de Rivadulla, Vedra e Touro. Porén, a proposta foi desestimada en 1821, suprimíndose o Partido e o Concello de Sar. Este último foi substituído polo de Santa Eulalia de Vigo, que agrupou a maioría das parroquias do Boqueixón actual xunto co de Vilar. Esta organización só durou ata 1823.
En 1836 a Deputación Provincial da Coruña propuxo a división municipal para o Partido Xudicial de Santiago, figurando o concello de Boqueixón con quince parroquias (as catorce actuais máis Marrozos, que se unirá en pouco tempo ao desaparecido concello de Conxo).
Festas e celebracións
- Na parroquia de Lestedo celébrase a festa da filloa de Lestedo.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Boqueixón.
-
Casa particular
-
Igrexa de Nosa Señora de Lourdes
-
Pico Sacro
-
Cruceiro
Parroquias
Lugares de Boqueixón
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Boqueixón vexa: Lugares de Boqueixón.
Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Boqueixón".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boqueixón |
Ligazóns externas
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |