Cantón, China: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TjBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: ext:Cantón
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Cambio ro:Guangzhou por ro:Canton, China
Liña 108: Liña 108:
[[pt:Cantão (China)]]
[[pt:Cantão (China)]]
[[qu:Guangzhou]]
[[qu:Guangzhou]]
[[ro:Guangzhou]]
[[ro:Canton, China]]
[[ru:Гуанчжоу]]
[[ru:Гуанчжоу]]
[[sah:Гуандьоу]]
[[sah:Гуандьоу]]

Revisión como estaba o 8 de febreiro de 2013 ás 22:51

Pagoda das Flores na cidade de Guangzhou.

Guangzhou ( chinés simplificado: 广州, chinés tradicional: 廣州, pinyin: Guǎngzhōou, forma tradicional: Kwangchow) é a capital da provincia de Guangdong no sur de China. Con anterioridade foi coñecida internacionalmente como Cantón, por unha corrupción europea de "Guangdong", o nome da provincia. En 1999 tiña unha poboación de 6.850.000 habitantes na área urbana, e na área metropolitana 4.050.000.

Situada no río das Perlas, é a cidade máis importante do sur da China. A súa posición estratéxica, moi preto de Hong Kong, permitiu que a cidade se desenvolvese con rapidez. Foi o principal punto de saída dos emigrantes chineses durante os séculos XIX e principios do XX.

A cidade foi fundada pola dinastía Qin hai algo máis de 2000 anos e recibiu o nome de “Yancheng” ou “cidade das cabras”. Foi a capital do reino Yue do sur.

Converteuse nun dos principais portos de Asia durante a dinastía Tang. Foi tamén o porto de entrada dos primeiros misioneiros españois e portugueses que chegaron a China no século XVI.

A cidade dispón dun aeroporto internacional. Está comunicada coa veciña Hong Kong (a unha distancia de 182 Km.) mediante trens, autobuses e un servizo de Ferry.

Lugares de interese

Casa da familia Chen
  • Templo dos seis banianos: Construído no ano 537, este templo quedou completamente destruído no século X por culpa dun incendio. Reconstruíuse entre o ano 989 e o 990. No seu interior encóntrase a pagode das flores, dunha altura total de 57 metros.
  • Casa da familia Chen: O máis rechamante desta casa son os seus tellados, cheos de esculturas e de colorido. O edificio foi rematado no ano 1894.
  • Guangxiao Si: Trátase dun templo budista construído no século IV e reconstruído no século XVII.

Cidades irmandadas

Visión nocturna do río das Perlas, Guangzhou

Guangzhou está irmandada coas seguintes cidades:

Véxase tamén

Historia urbana de Guangzhou