Astrocitoma: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
ArtaiGZ (conversa | contribucións)
Liña 25: Liña 25:
== Tratamento ==
== Tratamento ==
O tratamento do astrocitoma pode ser cirúrxico, mediante radioterapia ou mediante quimioterapia.
O tratamento do astrocitoma pode ser cirúrxico, mediante radioterapia ou mediante quimioterapia.
Para os astrocitomas de baixo grao, isto é, os de tipo I e algúns de tipo II, a exérese cirúrxica ou extirpación do [[tumor]] polo xeral permite a sobrevivencia da maioría dos [[doente]]s. Nalgunhas series de estudo demostrouse que a extirpación do tumor proporcionaba unha sobrevivencia de máis do 90% aos 7 anos de se extraer o tumor. A [[quimioterapia]] e a [[adioterapia]] empréganse ás veces como tratamento complementario previamente ou posteriormente á intervención cirúrxica.
Para os astrocitomas de baixo grao, isto é, os de tipo I e algúns de tipo II, a exérese cirúrxica ou extirpación do [[tumor]] polo xeral permite a sobrevivencia da maioría dos [[doente]]s. Nalgunhas series de estudo demostrouse que a extirpación do tumor proporcionaba unha sobrevivencia de máis do 90% aos 7 anos de se extraer o tumor. A [[quimioterapia]] e a [[radioterapia]] empréganse ás veces como tratamento complementario previamente ou posteriormente á intervención cirúrxica.
Algúns tumores coma os astrocitomas pilocíticos, son procesos indolentes que permiten a función neurolóxica malia a súa presenza. Porén, o feito de deixalos sen atención médica pode facer que evolucionen aparecendo transformacións neoplásicas e posíbeis [[metástase]]s. A extirpación cirúrxica completa do tumor non é posíbel por mor da existencia de infiltración difusa no parénquima cerebral da maioría dos astrocitomas. É por iso que os astrocitomas de alto grao (tipo III e IV) poden recidivar co tempo, facendo recaer da doenza ao paciente.
Algúns tumores coma os astrocitomas pilocíticos, son procesos indolentes que permiten a función neurolóxica malia a súa presenza. Porén, o feito de deixalos sen atención médica pode facer que evolucionen aparecendo transformacións neoplásicas e posíbeis [[metástase]]s. A extirpación cirúrxica completa do tumor non é posíbel por mor da existencia de infiltración difusa no parénquima cerebral da maioría dos astrocitomas. É por iso que os astrocitomas de alto grao (tipo III e IV) poden recidivar co tempo, facendo recaer da doenza ao paciente.
En astrocitomas avanzados nos que o tratamento cirúrxico é imposíble, o tratamento baséase na terapia paliativa con [[quimioterapia]] ou [[radioterapia]]. Ocasionalmente empréganse [[corticoide]]s, sobre todo nos astrocitomas de alto grao.
En astrocitomas avanzados nos que o tratamento cirúrxico é imposíble, o tratamento baséase na terapia paliativa con [[quimioterapia]] ou [[radioterapia]]. Ocasionalmente empréganse [[corticoide]]s, sobre todo nos astrocitomas de alto grao.

Revisión como estaba o 8 de febreiro de 2013 ás 13:56

Astrocitoma de baixo grao na lámina tectónica do cerebro.

O astrocitoma é un tumor cerebral derivado dos astrocitos, un tipo de célula do cerebro. É un dos tumores máis frecuentes, sendo o 30% destes cancros do cerebro. Nos adultos adótanse presentar nos hemisferios do propio cerebro, e nos nenos, pola contra, son máis frecuentes no cerebelo[1].

Clasificación

A OMS (Organización Mundial da Saúde, clasificou en 1981 este cancro en catro graos. O grao I ten un prognóstico excelente, sendo a curación case que completa. Os graos III e IV teñen, pola contra, unha supervivenvia menor [2].

Grao Histoloxía Prognóstico
Grao I Baixo grao Prognóstico excelente
Grao II Astrocitoma propiamente dito Variábel
Grao III Astrocitoma anaplásico Potencialmente agresivos
Grao IV Glioblastoma multiforme Mal prognóstico

Diagnóstico

Polo xeral, cómpre dunha TAC ou unha resonancia magnética para caracterizar o tumor e a súa extensión, incluíndo o tamaño, a localización e a consistencia. A TAC amosa normalmente a distorsión no terceiro ventrículo e os ventrículos laterais, con desprazamento das arterias cerebrais anterior e media. A análise histolóxica é necesaria para estadificar o tumor nalgún dos seus catro grao da OMS. Adicionalmente, adóitase realizar un exame médico total, coa fin de verificar a integridade neurolóxica do individuo, incluíndo a visión, o equilibrio, a coordinación e o estado mental. A biopsia do tumor é un procedemento dirixido por un neurocirurxián. As biopsias serven para facer a estadiaxe do tumor. Esta estadiaxe depende do grao de diferenciación e da cantidade de vasos sanguíneos que teña o tumor. A actividade mitótica das células que compoñen o tumor correlaciónase co curso clínico deste, sendo posíbel detectar por anticorpos o grao de proliferación destas células neoplásicas, grazas a súa tinción inmunihistoquímica.

Tratamento

O tratamento do astrocitoma pode ser cirúrxico, mediante radioterapia ou mediante quimioterapia. Para os astrocitomas de baixo grao, isto é, os de tipo I e algúns de tipo II, a exérese cirúrxica ou extirpación do tumor polo xeral permite a sobrevivencia da maioría dos doentes. Nalgunhas series de estudo demostrouse que a extirpación do tumor proporcionaba unha sobrevivencia de máis do 90% aos 7 anos de se extraer o tumor. A quimioterapia e a radioterapia empréganse ás veces como tratamento complementario previamente ou posteriormente á intervención cirúrxica. Algúns tumores coma os astrocitomas pilocíticos, son procesos indolentes que permiten a función neurolóxica malia a súa presenza. Porén, o feito de deixalos sen atención médica pode facer que evolucionen aparecendo transformacións neoplásicas e posíbeis metástases. A extirpación cirúrxica completa do tumor non é posíbel por mor da existencia de infiltración difusa no parénquima cerebral da maioría dos astrocitomas. É por iso que os astrocitomas de alto grao (tipo III e IV) poden recidivar co tempo, facendo recaer da doenza ao paciente. En astrocitomas avanzados nos que o tratamento cirúrxico é imposíble, o tratamento baséase na terapia paliativa con quimioterapia ou radioterapia. Ocasionalmente empréganse corticoides, sobre todo nos astrocitomas de alto grao.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Notas

  1. Farreras-Rozman: Medicina Interna, 16ª Edición. Elselvier, 2009.
  2. Harrison Principios de Medicina Interna 16a edición (2006). «Tumores cerebrais primarios» . Harrison online en español. McGraw-Hill. Consultado el 17 de julio de 2008.