Sisto I, papa: Diferenzas entre revisións
m Bot: Modifico: tl:Sixto I→tl:Papa Sixto I |
m r2.7.3) (Bot: Engado: ilo:Papa Sixto I |
||
Liña 48: | Liña 48: | ||
[[hu:I. Szixtusz pápa]] |
[[hu:I. Szixtusz pápa]] |
||
[[id:Paus Siktus I]] |
[[id:Paus Siktus I]] |
||
[[ilo:Papa Sixto I]] |
|||
[[it:Papa Sisto I]] |
[[it:Papa Sisto I]] |
||
[[ja:シクストゥス1世 (ローマ教皇)]] |
[[ja:シクストゥス1世 (ローマ教皇)]] |
Revisión como estaba o 6 de febreiro de 2013 ás 04:43
Sisto I, chamado logo san Sisto, nado probablemente en Roma e morto tal vez na mesma cidade en 126, foi bispo cristián de Roma entre o 113 e o 126[1].
Vida e pontificado
Como na maior parte dos primeiros papas, pouco se sabe da súa vida e do seu labor profesional, e os feitos que se lle atribúen son a miúdo dubidosos. Crese que procedía dunha familia da Elvidia (Grecia), e o Liber pontificalis di que sistematizou algúns ritos prohibindo que os obxectos sagrados fosen tocados por persoas que non fosen ministros oficiados. Tamén se lle atribúe o triplo canto do Sanctus na misa, a norma de que os bispos que van a Roma deben regresar ás súas dioceses cunha misiva de comuñón co papa, e unhas epístolas apócrifas sobre a doutrina da Trindade.
Durante o seu pontificado comezan a rexistrarse as primeiras diferenzas entre a Igrexa de Occidente e a Igrexa de Oriente, por cuestións do calnedario de celebración da Pascua.
Morte e santidade
Como todos os papas que o foron antes da emisión do Edicto de Milán, é considerado santo. Ademais, a Igrexa teno por mártir e venérao o 6 de abril a canda os outros papas santos co mesmo nome Sisto II e Sisto III, se ben non está probado que fose asasinado polas súas crenzas.
Foi soterrado no Vaticano por mandato de Pascual I. As súas reliquias atoparíanse pois neste templo, e mais nas catedrais de Alatri e de Alife, dúas vilas do interior de Italia, ata onde serían levadas na Idade Media.
Parroquias galegas
Non hai ningunha parroquia galega baixo a avogación de san Sisto.