Símaco, papa: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: ilo:Papa Simaco |
m r2.7.3) (Bot: Cambio tl:Símaco por tl:Papa Símaco |
||
Liña 78: | Liña 78: | ||
[[sw:Papa Symmachus]] |
[[sw:Papa Symmachus]] |
||
[[th:สมเด็จพระสันตะปาปาซิมมาคุส]] |
[[th:สมเด็จพระสันตะปาปาซิมมาคุส]] |
||
[[tl:Símaco]] |
[[tl:Papa Símaco]] |
||
[[uk:Симах]] |
[[uk:Симах]] |
||
[[vi:Giáo hoàng Symmacô]] |
[[vi:Giáo hoàng Symmacô]] |
Revisión como estaba o 6 de febreiro de 2013 ás 01:02
Símaco, nado en Sardeña cara ó ano 450 e falecido en Roma o 19 de xullo de 514, foi o 51º papa da igrexa católica entre 498 e 514.
Traxectoria
Fillo dun tal Fortunato, foi arquidiácono durante o pontificado de Anastasio II, ao que sucedeu no pontificado ao ser elixido por unha parte do clero romano.
O mesmo día da súa elección, o 22 de novembro de 498, unha facción disidente do clero romano apoiada polo emperador bizantino Anastasio I, encabezada polo senador Festo, procedeu á elección do arcipreste de Santa Práxedes, Lourenzo, como antipapa.
Ante a existencia de dous pontífices, o rei ostrogodo Teodorico o Grande, intentou acabar co nacente cisma apoiando a Símaco. Finalmente, este convocou un concilio o 1 de marzo de 499, no que Lourenzo, tras aceptar a lexitimidade do seu rival como pontífice, foi nomeado bispo de Nocera. Neste sínodo decretouse que todo clérigo que, durante o pontificado dun papa, intrigase para elixir o seu futuro sucesor, sería excomungado.
Porén, o cisma reiniciouse en 501, cando o senador Festo acusou a Símaco de diversos crimes e convenceu a Lourenzo para que regresase a Roma. O Papa negouse a comparecer perante o rei para responder as acusacións alegando que ningún poder temporal tiña xurisdición sobre el.
O 23 de outubro de 502 convocouse un novo sínodo, coñecido como Synodus Palmaris, que decretou que ningunha corte humana podía axuizar a un papa xa que este só podía ser xulgado por Deus.
Ante isto, Teodorico instalou a Lourenzo no Palacio de Letrán como papa, co que o cisma se mantivo aberto durante catro anos ata que, en 506, o rei retirou o seu apoio a Lourenzo pola súa excesiva conivencia coa corte bizantina e, tras expulsar a todos os probizantinos, apoiou definitivamente a Símaco.
Durante o seu pontificado, Símaco apoiou economicamente os bispos de África que se encontraban desterrados en Sardeña tralas persecucións ás que os vándalos, de doutrina ariana, someteran á Igrexa do norte de África. Tamén concedeu a liberdade aos escravos que mantiña a Igrexa, e atribúeselle a construción inicial do Palacio Vaticano.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Predecesor: Anastasio II |
papa 498-514 |
Sucesor: Hormisdas |