Espazo exterior: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
traduzo de wiki:es
 
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21: Liña 21:


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Espazo intergaláctico]]
* [[Espazo intergaláctico]]
* [[Espazo interestelar]]
* [[Espazo interestelar]]


== Ligazóns externas ==
=== Ligazóns externas ===
{{commons|Space}}
{{commons|Space}}
* [http://neofronteras.com/?p=1103 Pódese sobrevivir ao baleiro espacial por un tempo]
* [http://neofronteras.com/?p=1103 Pódese sobrevivir ao baleiro espacial por un tempo]
Liña 31: Liña 32:
[[Categoría:Plasma espacial]]
[[Categoría:Plasma espacial]]
[[Categoría:Espazo]]
[[Categoría:Espazo]]

{{Ligazón AD|ca}}


[[af:Ruimte]]
[[af:Ruimte]]

Revisión como estaba o 3 de febreiro de 2013 ás 12:04

Capas da atmosfera (non esta a escala).

O espazo exterior ou espazo baleiro, tamén simplemente chamado espazo, refírese ás rexións relativamente baleiras do universo fóra das atmosferas dos corpos celestes. Úsase espazo exterior para distinguilo do espazo aéreo (e as zonas terrestres). O espazo exterior non está completamente baleiro de materia (é dicir, non é un baleiro perfecto) senón que contén unha baixa densidade de partículas, predominantemente gas hidróxeno, así como radiación electromagnética. Aínda que se supón que o espazo exterior ocupa practicamente todo o volume do universo e durante moito tempo considerouse practicamente baleiro, ou repleto dunha sustancia chamada éter, agora sábese que contén a maior parte da materia do universo. Esta materia está formada por radiación electromagnética, partículas cósmicas, neutrinos sen masa e mesmo formas de materia non ben coñecidas como a materia escura e a enerxía escura. De feito no universo cada un destes compoñentes contribúe ao total da materia, segundo estimacións, na seguinte proporción: materia condensada fría (0,03%), materia estelar (0,5%), neutrinos (partículas sen masa, 0,3%), materia escura (25%) e enerxía escura (75%). A natureza física destas últimas é aínda apenas coñecida. Só se coñecen algunhas das súas propiedades polos efectos gravitatorios que imprimen no período de revolución das galaxias, por unha banda, e na expansión acelerada do universo ou inflación cósmica, por outro.

Límite da Terra

Non hai un límite claro entre a atmosfera terrestre e o espazo, xa que a densidade da atmosfera decrece gradualmente a medida que a altitude aumenta. No entanto, a Federación Aeronáutica Internacional estableceu a liña de Kármán a unha altitude de 100 quilómetros como unha definición de traballo para o límite entre a atmosfera e o espazo. Isto úsase porque, como Theodore von Kármán calculou, por riba dunha altitude dun 100 km, un vehículo típico tería que viaxar máis rápido que a velocidade orbital para poder obter suficiente sustentación aerodinámica para sosterse el mesmo. Estados Unidos designa á xente que viaxa por riba dunha altitude de 80 km como astronautas. Durante a reentrada atmosférica, a altitude de 120 km marca o límite onde a resistencia atmosférica convértese en perceptible.

Sistema Solar

O espazo exterior dentro do Sistema Solar é chamado espazo interplanetario, que se converte en espazo interestelar na heliopausa. O baleiro do espazo exterior non é realmente baleiro; está poboado en parte con varias ducias de tipos de moléculas orgánicas descubertas mediante espectroscopia de microondas. Segundo a Teoría do Big Bang, a radiación dos corpos negros de 2,7 K de temperatura quedou do 'big bang' e a orixe do universo enche o espazo, así como os raios cósmicos, que inclúen núcleos atómicos ionizados e varias partículas subatómicas. Tamén hai gas, plasma, po, meteoros e material deixado de lanzamentos previos tripulados e non tripulados que son un risco potencial para as naves espaciais. Parte deste lixo espacial volve entrar na atmosfera.

A ausencia de aire converte ao espazo exterior en lugares ideais para a astronomía en todas as lonxitudes de onda do espectro electromagnético. As imaxes e outros datos de vehículos espaciais non tripulados proporcionaron información sobre os planetas, asteroides e cometas no noso sistema solar.

Variación de presión

Trasladarse desde o nivel do mar até o espazo exterior produce unha diferenza de presión duns 15 psi (103 410Pa), equivalente a saír á superficie desde unha profundidade baixo a auga duns 10 metros.

Baleiro

Contrario á crenza popular, unha persoa exposta de súpeto ao baleiro non explotaría, morrería de frío ou polo seu propio sangue fervendo, pero tardaría pouco tempo en morrer de asfixia (anoxia). O vapor de auga comezaría a ferver desde as áreas expostas como a córnea do ollo e xunto co osíxeno, desde as membranas dentro dos pulmóns. [1]

Satélites

Hai moitos satélites artificiais orbitando a Terra, incluíndo satélites de comunicacións geosíncronos a 35.786 km sobre o nivel do mar sobre o ecuador. As súas órbitas nunca se deterioran" porque case non hai materia alí para exercer arrastre por fricción. Hai tamén unha crecente dependencia de satélites que permiten o Sistema de posicionamento global (GPS), para usos militares e civís. Unha idea equivocada común é que a xente en órbita está fóra da gravidade da Terra porque están "a flotar", pero flotan porque están en caída libre: a forza da gravidade e a súa velocidade lineal crean unha forza centrípeta interior que non lles permite voar fóra, cara ao espazo. A gravidade da Terra alcanza máis aló do cinto de Van Allen e mantén a Lúa en órbita a unha distancia media de 384.403 km. A gravidade de todos os corpos celestes tende a cero coa inversa do cadrado da distancia.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Ligazón AD