Faysal bin Abdelaziz Al Saud: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
DragonBot (conversa | contribucións)
Liña 66: Liña 66:
[[jv:Faisal bin 'Abd al 'Aziz Al Sa'ud]]
[[jv:Faisal bin 'Abd al 'Aziz Al Sa'ud]]
[[ko:파이살 (사우디아라비아)]]
[[ko:파이살 (사우디아라비아)]]
[[ml:ഫൈസൽ ഇബ്ൻ അബ്ദുൽ അസീസ്‌ അൽ സൗദ്]]
[[ms:Faisal ibn ’Abd al ’Aziz Al Sa’ud]]
[[ms:Faisal ibn ’Abd al ’Aziz Al Sa’ud]]
[[mzn:فیصل بن عبدالعزیز]]
[[mzn:فیصل بن عبدالعزیز]]

Revisión como estaba o 2 de febreiro de 2013 ás 19:09

Faysal bin Abdelaziz Al Saud

Faysal bin Abdelaziz Al Saud (en árabe فيصل بن عبدالعزيز آل سعود), tamén chamado Faisal ibn Abd al-Aziz, nado probabelmente en 1906 en Riad, foi o cuarto fillo de Ibn Saud e o terceiro rei de Arabia Saudí.

Traxectoria

En 1925, comandando un exército de leais Saudistas, obtivo unha decisiva vitoria sobre os Hejaz. Como recompensa, foi feito gobernador de Hejaz ó ano seguinte. En 1932 aceptou o cargo de Ministro de Asuntos Exteriores.

Despois de que as Nacións Unidas dividisen Palestina, Faisal pediu ó seu pai que rompese as súas relacións cos Estados Unidos, pero foi ignorado. A saúde de Saud empeorou, e Faisal tomou o posto de rexente o 4 de marzo de 1964. O 2 de novembro dese ano converteuse en rei despois de que o seu irmán fose deposto.

Faysal introduciu algunhas reformas, coma a televisión e a escolarización feminina, ás que se opuxeron moitos saudies, incluindo ós membros da familia real, pois ambas foron consideradas contrarias ó Islam. En 1967, tras a vitoria israelí na Guerras dos Seis Días, sentiuse derrotado e nunca volteou a sorrir.

En 1973, comezou un programa para incrementalo poder militar de Arabia Saudí. O 17 de outubro, retirou o pretróleo saudí dos mercados mundiais, cuadruplicando o seu prezo. Esta acción foi a principal culpábel da Crise Enerxética de 1973. En 1974 foi nomeado Home do Ano pola revista Time.

Asasinato

O 25 de Marzo de 1975 foi asasinado a tiros polo seu sobriño Faisal bin Musaed por razóns aínda descoñecidas. Especulouse con que quería vingar ó seu irmán maior Khalid, que morreu nun encontro contra as forzas de seguridade en 1966. Aínda que se falou de varias teorías sobre conspiración, unha investigación descubriu que o Príncipe Faisal bin Musaed supostamente actuou só.

O Principe Musaed estaba xunto a unha delegación Kuwaiti que agardaba para reunirse co rei. O rei Faysal encamiñábase cara eles cando Musaed sacou unha pistola e disparou sobre el.

Musaed foi capturado inmediatamente e inicialmente declarado demente. Máis tarde foi acusado de rexicidio e, en Xuño de 1975, foi decapitado na praza pública de Riyadh.

Faysal foi sucedido polo seu irmán Khalid bin Abdul Aziz.

En 1979, a cidade de Lyallpur, en Pakistán, foi renomeada coma Faysalabad no seu honor. A Mesquita Faysal en Islamabad, Pakistán tamén recibiu o seu nome. A maior estrada de Karachi foi renomeada Shahrah-e-Faisal e unha zona residencial próxima ó Aeroporto de Karachi foi renomeada coma Colonia do Shah Faysal.

Precedido por:

Saud bin Abdul Aziz

Reis de Arabia Saudí
e
Lideres da Casa de Saud
Sucedido por:

Khalid bin Abdul Aziz

Véxase tamén

Outros artigos