Patricio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
DragonBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: ml:പട്രീഷ്യൻ
Liña 36: Liña 36:
[[lt:Patricijai]]
[[lt:Patricijai]]
[[lv:Patriciāts]]
[[lv:Patriciāts]]
[[ml:പട്രീഷ്യൻ]]
[[nl:Patriciër]]
[[nl:Patriciër]]
[[no:Patrisier]]
[[no:Patrisier]]

Revisión como estaba o 2 de febreiro de 2013 ás 18:24

Os patricios conformaban unha clase romana formada inicialmente polo pai de familia (Pater familias) ou ben por fillo de pai de familia vinculado á obediencia paterna (os fillos homes non alcanzaban a condición de pai de familia até que o pai morría e se independizaban, pero se daba por descontado que alcanzarían esta condición). Chamábaselles tamén patres. Estes patres e os seus descendentes, que compoñen as persoas das trinta curias primitivas, forman a clase dos patricios, «patricii». Eles constitúen unha nobreza de raza e eles sós participan do goberno do Estado e gozan de todos os privilexios do cidadán romano.

Eran os descendentes das familias máis antigas da cidade. Constituían a clase aristocrática e formaban o verdadeiro pobo romano. Eran considerados superiores ao resto dos habitantes, gozaban de todos os dereitos, posuían terras e estaban chamados a formar parte do exército romano, a lexión.