Dragan Stojković: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SassoBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: hif:Dragan Stojković
Anton45 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 31: Liña 31:
* [http://www.national-football-teams.com/php/spieler.php?id=15323 Estatísticas de Stojković a nivel de club]
* [http://www.national-football-teams.com/php/spieler.php?id=15323 Estatísticas de Stojković a nivel de club]


[[Categoría:Futbolistas serbios]]
[[Categoría:Futbolistas serbios|Stojković]]
[[Categoría:Xogadores do Olympique de Marsella]]
[[Categoría:Xogadores do Olympique de Marsella]]
[[Categoría:Dianteiros de fútbol]]
[[Categoría:Dianteiros de fútbol]]

Revisión como estaba o 1 de febreiro de 2013 ás 19:18

Modelo:InfFut2 Dragan Stojković (en serbio cirílico: Драган Стојковић), nado o 3 de marzo de 1965 en Niš, Iugoslavia, é un ex-futbolista serbio e o actual adestrador do Nagoya Grampus da liga xaponesa. Tamén é coñecido polo seu alcume Piksi ou Pixy.

Traxectoria

Club

Talentoso mediocampista aínda que tamén xogaba ás veces de diantiero, Stojković comeza a súa carreira profesional na Primeira División Iugoslava no equipo da súa cidade, o Radnički Niš na tempada 1981-82. Alí ficará as catro seguintes, xogando 69 encontros e anotando 8 goles. Logo marchará ao Estrela Vermella de Belgrado onde estivo cinco tempadas, xogando 120 encontros e anotando 48 goles. Foi nomeado mellor xogador da liga nos anos 1988 e 1989.

Stojković tamén xogou no Hellas Verona e dúas tempadas e media no Olympique de Marsella. O Olympique con Stojković gañou a Liga de Campións no 1993. Na primavera de 1994 Stojković ficha polo clube Xaponés Nagoya Grampus Eight, adestrado por Arsène Wenger e no que que tamén xogaba Gary Lineker. Alí ficou sete tempadas, xogando 183 encontros e anotando 57 goles. Foi nomeado mellor xogador da liga en 1995. En Xapón hai un monumento, un estadio e unha rúa no seu nome.

Selección

Coa selección, xogou 84 encontros e anotou 15 goles, tanto na selección Iugoslava coma na Serbia. O seu debut foi en xuño de 1983, e participou nas Eurocopas de 1984 e do 2000. Tamén participou nos mundiais de 1990 e 1998.

Véxase tamén

Ligazóns externas