Linfocito T CD4+: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 16: Liña 16:


== Funcións do linfocito Th1 ==
== Funcións do linfocito Th1 ==
Colabora coa inmunidade celular, activando linfocitos T ou forzando a outras presentadoras de antíxenos a activalos. Colabora tamén coa inmunidade innata ao liberar Tumor Necrosis Factor e Interferón gamma. Estas dúas substancias activan aos neutrófilos e particularmente o interferón gamma activa tamén aos macrófagos. O interferón ten a maiores efectos antivirais, bloqueando a entrada e/ou replicación dos virus nas células. Ten ademais actividade inhibitoria sobre os Th2.
Colabora coa inmunidade celular, activando linfocitos T ou forzando a outras presentadoras de antíxenos a activalos. Colabora tamén coa inmunidade innata ao liberar [[TNF]] (factor de necrose tumoral) e [[interferón gamma]]. Estas dúas substancias activan aos neutrófilos e particularmente o interferón gamma activa tamén aos macrófagos. O interferón ten a maiores efectos antivirais, bloqueando a entrada e/ou replicación dos virus nas células. Ten ademais actividade inhibitoria sobre os Th2.


== Funcións do linfocito Th2 ==
== Funcións do linfocito Th2 ==

Revisión como estaba o 31 de xaneiro de 2013 ás 17:50

Función dos linfocitos (células) T

O linfocito CD4+, tamén chamado linfocito Th (helper), linfocito T colaborador ou linfocito T axudante, é un linfocito derivado dun linfocito T no timo. Neste órgano unha parte dos timocitos en maduración deixan de expresar o complexo CD8 e só expresan CD4. É por este motivo polo que a estas células se lles denomina CD4 positivas. Unha vez rematada a súa maduración tímica este tipo celular posúe:

Funcións do linfocito T colaborador

Encárgase de coordinar a resposta inmune. Ten funcións na inmunidade celular e humoral. A célula T colaboradora será activada no ganglio linfático por contacto cun antíxeno esóxeno. Efetuado este contacto pode ocorrer:

  • Linfocito T efector, capaz de diferenciarse a Th1 e Th2
  • Linfocito T de memoria, que precisa dun segundo contacto

Os linfocitos Th efectores á súa vez diferéncianse en:

  • Th1: Aparecen polo contacto con interleucina-2
  • Th2: Aparecen polo contacto con interleucina-4

Funcións do linfocito Th1

Colabora coa inmunidade celular, activando linfocitos T ou forzando a outras presentadoras de antíxenos a activalos. Colabora tamén coa inmunidade innata ao liberar TNF (factor de necrose tumoral) e interferón gamma. Estas dúas substancias activan aos neutrófilos e particularmente o interferón gamma activa tamén aos macrófagos. O interferón ten a maiores efectos antivirais, bloqueando a entrada e/ou replicación dos virus nas células. Ten ademais actividade inhibitoria sobre os Th2.

Funcións do linfocito Th2

Traballa na inmunidade humoral, xa que activa aos linfocitos B. Con eles interaccionan:

  • MHCII da célula B co TCR do linfocito Th2
  • B27 da célula B co CD4 do linfocito Th2
  • CD40 da célula B co CD40L do linfocito Th2

Ademais, atenúa a resposta inmune innata, ao diminuír a actividade de macrófagos, neutrófilos e células Th1.