Célula presentadora de antíxenos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Miguelferig moveu a páxina "Célula presentadora do antíxeno" a "Célula presentadora de antíxenos": nome máis común
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 31 de xaneiro de 2013 ás 10:09

A presentación do antíxeno estimula as células T para que se convertan en células "citotóxicas" CD8+ ou "axudantes" CD4+.
Véxase tamén: Presentación do antíxeno.

Unha célula presentadora de antíxenos (xeralmente abreviada como CPA ou como APC, polo seu nome inglés antigen-presenting cell) é unha célula que expón os antíxenos na súa superfice celular formando complexos coas moléculas do complexo maior de histocompatibilidade. Os linfocitos T poden recoñecer estes complexos contactando coa célula presentadora por medio do seu receptor de célula T (TCRs). A presentación de antíxenos é fundamental para o funcionamento do sistema inmunitario. As células presentadoras deben procesar os antíxenos no interior da célula antes de presentalos ás células T.

Tipos

As células presentadoras de antíxenos divídense xeralmente en dous grupos: as células presentadoras "profesionais" e as "non profesionais". Considéranse "profesionais" as que expresan de forma constitutiva as moléculas do MHC de clase II.

As células T non poden recoñecer aos antíxenos libres, e, por tanto, non poden responder a eles. As células T só poden detectar antíxenos que foron primeiro procesados e despois presentados na superficie de células unidos a moléculas portadoras como as do MHC e CD1. A maioría das células do corpo poden presentar antíxenos ás células T CD8+ por medio das moléculas MHC de clase I e, así, actúan como células presentadoras; porén, o termo a miúdo limítase ás células especializadas que poden cebar ás células T (é dicir, activar unha célula T que non foi exposta a un antíxeno, denominado célula T virxe). Estas células, en xeral, expresan moléculas do MHC de clase II e as do MHC de clase I, e poen estimular as células CD4+ ("axudantes") e as células CD8+ ("citotóxicas"), respectivamente. (Case todas as células nucleadas expresan os receptores MHC de clase I, incluíndo as células presentadoras profesionais. Se un virus infecta a un macrófago ou célula dendrítica, promoverá a súa propia destrución por medio de células T citotóxicas. Porén, as células dendríticas poden inxerir virus por pinocitose e, por tanto, activan a resposta inmune adaptativa para producir anticorpos para o virus por medio dos receptores MHC de clase II.)

Profesionais

As células presentadoras de antíxenos profesionais expresan constitutivamente as proteínas do MHC. Son moi eficientes internalizando o antíxeno (introducíndoo dentro da célula), ou por fagocitose ou por endocitose mediada por receptor, e despoisn expoñen un fragmento do antíxeno, unido a unha molécula do complexo maior de histocompatibilidade de clase II, na súa membrana. A célula T recoñece e interacciona co complexo MHC de clase II-péptido do antíxeno na membrana da célula presentadora. Entón a célula presentadora produce un sinal adicional coestimulador, que leva á activación da célula t. A expresión de moléculas coestimuladoras é unha característica definitoria das células presentadoras de antíxenos priofesionais.

Os tipos de células presentadoras de antíxenos profesiosnasi son:

  • Células dendríticas, que son as que teñen o rango máis amplo para a presentación de antíxenos, e son probablemente as células presentadoras máis importantes. As células dendríticas activadas son activadores especialmente potentes das células TH porque expresan moléculas coestimuladoras como B7.
  • Macrófagos, que son potentes fagocitos. Como tamén son células CD4+ e, por tanto, son tamén susceptibles de infección por VIH.
  • Certas células B. which express (as B cell receptor) and secrete a specific antibody, can internalize the antigen, which bind to its BCR and present it incorporated to MHC II molecule, but are inefficient APC for most other antigens.
  • Certas células epiteliais activadas.

Non profesionais

As chamadas células presentadoras de antíxenos non profesionais non expresan constitutivamente as proteínas do complexo maior de histocompatibilidade de clase II requiridas para a interacción coas células T virxes; e só poden expresalas se son inducidas pola estimulación con certas citocinas, como o IFN-γ. Entre as células presentadoras de antíxenos non profesionais están:

Interacción coas células T

Despois de que as células presentadoras de antíxenos fagocitaron os patóxenos, xeralmente migran pola vasta rede de vasos linfáticos e son transportados polo fluxo linfático aos ganglios linfáticos. Os ganglios linfáticos son o lugar onde se acumulan as células presentadoras de antíxenos como as células dendríticas e alí poden interaccionar coas células T. Fano por quimiotaxe, a cal implica a interacción con quimiocinas que se expresan na superficie de células (por exemplo, células endoteliais das grandes vénulas endoteliais) ou que foron liberadas como mensaxeiros químicos para atraer ás células presentadoras cara aos ganglios linfáticos. Durante a migración, as células dendríticas sofren un proceso de maduración; en esencia, perden a maioría da súa capacidade de seguir fagocitando patóxenos, e desenvolven unha crecente capacidade de comunicarse coas células T. Os encimas que hai dentro da célula dixiren o patóxeno fagocitado en pequenos cachos que conteñen os epitopos, os cales son despois presentados ás células t utilizando as moléculas do MHC.

Investigacións recentes indican que só son presentados certos patóxenos porque son inmunodominantes, parece que debido á súa afinidade para unirse ás moléculas do MHC. Esta afinidade de unión máis forte permite que o complexo permaneza cineticamente estable tempo dabondo como para ser recoñecido polas células T.

Notas

Kindt, TJ & Goldsby, RA, 2007, Kuby immunology, 6th ed, W.H. Freeman, New York, N.Y.

Véxase tamén

Ligazóns externas