Demi Lovato: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: bcl:Demi Lovato |
m r2.7.3) (Bot: Elimino: lez:Деми Ловато |
||
Liña 84: | Liña 84: | ||
[[ko:데미 로바토]] |
[[ko:데미 로바토]] |
||
[[la:Demetria Lovato]] |
[[la:Demetria Lovato]] |
||
[[lez:Деми Ловато]] |
|||
[[lv:Demi Lovato]] |
[[lv:Demi Lovato]] |
||
[[mk:Деми Ловато]] |
[[mk:Деми Ловато]] |
Revisión como estaba o 29 de xaneiro de 2013 ás 16:00
Demi Lovato | |
---|---|
Orixe | Albuquerque, Novo México, Estados Unidos |
Período | 2002 - actualidade |
Xénero(s) | Pop, Rock, Pop rock, R&B |
Selo(s) discográfico(s) | Hollywood Records (2008 - actualidade) |
Na rede | |
http://www.demilovato.com | |
|
Demetria Devonne Lovato, coñecida artisticamente como Demi Lovato, nada o 20 de agosto de 1992 en Albuquerque, Novo México, é unha actriz e cantante estadounidense.
Biografía
Demi Lovato naceu en Albuquerque, Novo México, e criouse en Dallas, Texas. Filla de Patrick Lovato e Dianna De La Garza (Hart, de solteira). Ela é de ascendencia mexicana, irlandesa e italiana. Ten unha irmá máis vella, Dallas Lovato que tamén é cantante, e unha media-irmá, Madison De La Garza que tamén é actriz. Súa nai Diana Hart foi unha "Dallas Cowboys Cheerleader" e unha cantante country famosa na súa cidade local, o seu pai trasladouse a Novo México despois de divorciarse da súa anterior esposa en 1994.
Demi estudiou no "Cross Timbers Middle School", un dos "Middle School" pertencente ao distrito escolar "Grapevine-Colleyville Independent School District", onde foi á clase de coro 3 anos. Gañou un diploma de ensino medio mediante educación no fogar en xullo de 2009. Empezou a tocar o piano á idade de sete anos.
Carreira como actriz
Comezou no 2002, con 10 anos na serie infantil Barney & friends sendo emitida nos anos 2003 e 2004. No 2006, Demi Lovato fixo un capítulo para a serie Prison Break onde interpretaba o papel de Danielle Curtin. Tamén interpretou de Nicole na segunda temporada de Just Jordan no episodio Slippery When Wet. No ano 2007 conseguiu o seu primeiro papel protagonista, na serie de Disney Channel As the Bell Rings.
No ano 2008, protagonizou a pelicula Camp Rock que a levaría á fama internacional. O seu papel foi o de Mitchie Torres, unha adolescente de 14 anos que tiña como sono ser cantante e ir ao campamento musical de verán "Camp rock". A pelicula, só en EEUU conseguiu no estreno a 8.9 millóns de espectadores. No 2009, protagonizou a serie orixinal de Disney Channel, Sonny with a Chance onde facia de Sunny Monroe, unha humorista no programa en vivo So random!
No ano 2009 volve protagonizar outra pelicula de Disney Channel, esta vez, xunto coa súa amiga e estrela adolescente Selena Gomez, Princess Protection Program facendo da Princesa Rosalinda. En 2010 protagoniza Camp Rock 2: The final jam.
Carreira musical
Demi Lovato conta con 3 albumes de estudio Don't Forget, Here we go again e Unbroken.