Aleksandr Kerenskii: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Cambio fr:Alexandre Kerensky por fr:Aleksandr Kerenski
Liña 68: Liña 68:
[[fa:الکساندر فیودورویچ کرنسکی]]
[[fa:الکساندر فیودورویچ کرنسکی]]
[[fi:Aleksandr Kerenski]]
[[fi:Aleksandr Kerenski]]
[[fr:Alexandre Kerensky]]
[[fr:Aleksandr Kerenski]]
[[ga:Alexander Kerensky]]
[[ga:Alexander Kerensky]]
[[he:אלכסנדר קרנסקי]]
[[he:אלכסנדר קרנסקי]]

Revisión como estaba o 27 de xaneiro de 2013 ás 20:49

Aleksandr Kérenski
Período de goberno: 1917 (21 de xullo - 8 de novembro)
Predecesor: Georgy Lvov
Sucesor: Lenin
Data de nacemento: 22 de abril de 1881
Lugar de nacemento: Simbirsk, Imperio Ruso
Data da morte: 11 de xuño de 1970
Lugar do falecemento: Nova York, Estados Unidos
Profesión: Político e Avogado
Partido político: Partido Social-Revolucionario

Aleksandr Fiódorovich Kérenski (en ruso Алекса́ндр Фёдорович Ке́ренский), nado en Simbirsk o 22 de abril de 1881 (2 de maio segundo o calendario gregoriano) e finado en Nova York o 11 de xuño de 1970, foi un político socialdemócrata, avogado e un líder revolucionario ruso, que desempeñou un papel primordial no derrocamento do réxime tsarista en Rusia. Foi o segundo primeiro ministro do goberno provisional instaurado trala Revolución de Febreiro. Foi quen de facer fracasar o golpe de Kornilov, pero non puido evitar a Revolución de Outubro na que os bolxeviques tomaron o poder.

Mocidade

Alexandr Kerenski nado en Simbirsk (agora Ulyanovsk) preto do río Volga, na familia do director do colexio de secundaria, Fyodor Kerenski, cuxo pai foi un sacerdote da Igrexa Ortodoxa Rusa. A súa nai, Nadezhda Adler, foi filla do nobre, Alexander Adler.

O pai de Kerensky foi o director de Vladimir Ulyanov (Lenin) na escola secundaria para nenos de Simbirsk, e varios membros da familia de Kerensky e Ulyanov eran amigos. En 1889, cando Kerensky tiña 8 anos, a súa familia mudouse a Tashkent, onde os seu pai fora designado como inspector principal dos colexios públicos. Kerensky graduouse con honores na escola secundaria de Tashkent en 1899. O mesmo ano ingresou na Universidade de St. Petersburgo, onde estudou historia e filoloxía no primeiro ano. Ó ano seguinte cambiou para o departamento de Leis e recibiu o graduado en 1904. Traballou como conselleiro legal das vítimas da violencia do goberno en 1905. A finais de decembro de 1905, foi encarcerado so sospeita de que pertencía a un grupo militante. Gañou reputación polo seu traballo como avogado defensor nos xuízos contra revolucionarios.

Foi elixido para a Cuarta Duma en 1912 como membro dos Trudoviks, un partido Laborista moderado que estaba asociado ó Partido Social-Revolucionario. Foi un brillante orador chegando a ser o líder da oposición contra o réxime do tsar Nicolao II

Revolución de Outubro de 1917

Kerenski distribuíra armas ós traballadores de Petrogrado, e en outubro moitos destes traballadores convertíranse en bolxeviques. Entre o 25 ó 27 Outubro (calendario antigo) de 1917 os bolxeviques lanzaron a segunda Revolución Rusa do ano. O goberno de Kerenski en Petrogrado case non tiña apoios na cidade. Só un pequeno reximento de mulleres, loitaban contra os bolxeviques para salvaren o goberno, pero estes tomaron o control sen daren nin un só disparo en menos de 20 horas.

Kerenski escapou dos bolxeviques e marchou cara a Pskov, onde atopou algúns fieis para un intento de recuperar a capital. As tropas avanzaron ata Tsarskoie Selo, pero foron derrotadas ó día seguinte en Pulkovo. Kerenski fuxiu e pasou os seguintes días escondido ata que conseguiu saír do país e chegar á Francia. Durante a Guerra Civil Rusa non apoiou a ningún dos dous bandos, os bolxeviques e os Brancos.

Predecesor:
Georgy Lvov
Ficheiro:Blason Russie 1917.gif
Presidente do Goberno Provisional

1917 (21 de xullo - 8 de novembro)
Sucesor:
Vladimir Lenin