Intérprete (informática): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ky:Интерпретатор
Liña 35: Liña 35:
[[ja:インタプリタ]]
[[ja:インタプリタ]]
[[ko:인터프리터]]
[[ko:인터프리터]]
[[ky:Интерпретатор]]
[[lt:Interpretatorius]]
[[lt:Interpretatorius]]
[[ms:Pentafsir (pengkomputan)]]
[[ms:Pentafsir (pengkomputan)]]

Revisión como estaba o 27 de xaneiro de 2013 ás 09:08

En informática, un intérprete refírese a un programa informático que executa instrucións escritas nunha linguaxe de programación. Namentres que intérprete e compilador poden parecer termos excluíntes, isto non é de todo certo, xa que moitos intérpretes levan a cabo certo traballo de tradución, coma os compiladores. Un intérprete será, desta forma, un programa que:

  1. executa código fonte directamente
  2. traduce código fonte a algunha forma eficiente de código intermedio (ex: bytecode) e execútao de seguido.
  3. executa código precompilado polo propio sistema intérprete.

Perl, Python e Ruby son exemplos do segundo tipo, namentres que Java o é do terceiro: os programas compílanse coma bytecode e son enlazados en tempo de execución e executados por un intérprete (ou compilados a código máquina e logo executados no caso do JIT). Algunhas linguaxes, coma o Lisp e outros, poden combinar o segundo e o terceiro tipo.

Os termos linguaxe interpretada ou linguaxe compilada significan nada máis que a implementación canónica desa linguaxe é un intérprete ou un compilador; idealmente, unha linguaxe de alto nivel é unha abstracción independente de calquera das suas implementacións.