Hulla: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: da:Stenkul
m r2.7.3) (Bot: Engado: sk:Čierne uhlie
Liña 32: Liña 32:
[[ro:Huilă]]
[[ro:Huilă]]
[[ru:Ископаемый уголь#Каменный уголь]]
[[ru:Ископаемый уголь#Каменный уголь]]
[[sk:Čierne uhlie]]
[[sv:Stenkol]]
[[sv:Stenkol]]
[[szl:Kamjůnny wůngel]]
[[szl:Kamjůnny wůngel]]

Revisión como estaba o 27 de xaneiro de 2013 ás 02:02

Hulla.

A hulla é un tipo de carbón mineral, de tipo bituminoso, e é unha rocha sedimentaria de orixe orgánica.

Características

Contén entre un 45 e un 85% de carbono. É dura e crebadiza, estratificada, de cor negra e brillo mate ou graxo. A hulla foi a propulsora da industria do século XIX, durante a chamada revolución industrial, sendo trocada polo petróleo no século XX. Actualmente é empregado como combustible nas centrais térmicas, e tamén para elaborar o coque, que se emprega na obtención do aceiro, e tamén para outros produtos químicos.

O carbón formouse mediante a presión que exerceu a terra en lugares pantanosos sobre restos vexetais primitivos que se descompuxeron hai 250 millóns de anos, principalmente durante os períodos Carbonífero e Pérmico. Primeiro fórmase o lignito e logo a hulla, tendo esta maior cantidade de carbono, menor humidade e máis poder calorífico; encontrándose tamén a máis profundidade. Se o tempo e a presión conseguen comprimir máis o carbono, teriamos a antracita.

Véxase tamén