Toxicidade: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
PixelBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: fi:Myrkyllisyys
m r2.7.3) (Bot: Engado: tr:Zehirlenme
Liña 100: Liña 100:
[[sv:Toxicitet]]
[[sv:Toxicitet]]
[[ta:நச்சுத்தன்மை]]
[[ta:நச்சுத்தன்மை]]
[[tr:Zehirlenme]]
[[uk:Токсичність]]
[[uk:Токсичність]]
[[zh:毒性]]
[[zh:毒性]]

Revisión como estaba o 25 de xaneiro de 2013 ás 23:37

Símbolo estándar da toxicidade na UE, segundo o definido na directiva 67/548/CEE. A caveira e as tibias cruzadas son un símbolo estándar para os velenos

A toxicidade é unha medida usada para medir o grao tóxico ou velenoso dalgúns elementos. O estudo dos velenos coñécese como toxicoloxía. A toxicidade pode referirse ao efecto desta sobre un organismo completo, como un ser humano, unha bacteria ou mesmo unha planta, ou a unha subestrutura, como unha célula (citotoxicidade).

Categorías

A toxicidade, ou capacidade dunha sustancia de danar un organismo exposto, xeralmente pode ser dividida en dúas categorías:

  • Toxicidade aguda: refírese á evolución rápida dos síntomas ou dos efectos despois da administración de doses relativamente altas da substancia tóxica, ou o que é o mesmo, aos efectos nocivos inmediatos xerados por doses suficientemente grandes.
  • Toxicidade crónica: refírese aos efectos nocivos da exposición a longo prazo a un tóxico. Isto incluiría os residuos de pesticidas na comida, a contaminación do aire, etc.

Un mesmo composto pode producir efectos tóxicos tanto agudos coma crónicos, dependendo da dose e da duración da exposición.

Factores

Unha mesma substancia, administrada incluso nas mesmas doses, pode ter efectos moi distintos en distintos organismos biolóxicos, dependendo de distintos factores.

Especie biolóxica

As diferenzas xenéticas entre as diversas especies afectan de modo importante aos efectos farmacolóxicos e toxicolóxicos dos fármacos e de outros elementos tóxicos. A investigación clínica ten atopado diferenzas entre especies moi significativas para a avaliación de tóxicos e fármacos, que antes de ser usados en humanos son estudados normalmente en animais. Estes son algúns exemplos:

  • Formaldehido: é neurotóxico en animais, pero en humanos causa teratoxenicidade.
  • FB642 (metil-2-benzimidazolecarbamato, carbendazim): ten actividade antitumoral, pero tamén ten un efecto mutaxénico en humanos.
  • Trikatu (planta medicinal india): contribúe á diminución do nivel de colesterol en ratas, pero é tóxico en humanos.
  • Trióxido de arsénico: produce excitación no cabalo, pero a súa adición á citarabina a doses baixas parece mellorar a resposta en pacientes maiores que teñen leucemia mieloide aguda (unha forma de cancro) comparada co axente só.
  • Mel silvestre de Turquía: causa bradicardia aguda soamente en humanos.
  • Rufinamida (anticonvulsivante): é máis tóxico no home ca nas ratas.
  • Talidomida: non mostrou efectos teratoxénicos en ratas, pero produce malformacións en humanos.

Raza

As diferenzas raciais están tamén relacionadas con diferenzas no xenotipo (carga xenética dos individuos).

Sexo

A actividade biolóxica en machos e femias non é a mesma. Debido a isto tamén obsérvanse diferentes respostas a diversos fármacos ou elementos.

  • Amiodarona: causa neuropatía máis frecuentemente en mulleres.
  • Haloperidol: mulleres esquizofrénicas premenopáusicas amosan unha resposta terapéutica mellor aos neurolépticos que os homes, pero despois da menopausa teñen síntomas extrapiramidais máis pronunciados ca eles.
  • Alcohol: afecta mais as mulleres, entre outras razóns porque teñen menor proporción de auga corporal, polo que alcanza maiores concentracións no sangue.

Idade

En nenos, a absorción, distribución, metabolismo e excreción de fármacos poden diferir considerablemente en comparación con estes factores en adultos; por conseguinte, existen diferenzas na eficacia terapéutica e na toxicidade de diversos fármacos.

  • Terapia antibiótica para infeccións severas en nenos. Certos fármacos como o cloramfenicol en doses altas, as sulfonamidas e a tetraciclina non deberían ser usados en neonatos, debido á maior toxicidade. Debido á pobre conxugación, inactivación ou excreción, as concentracións en soro de moitos antibióticos poden estar máis elevadas e por tempo máis prolongado en neonatos que nos outros nenos. Por tanto nos neonatos pode ser necesario axustar as doses de axentes antimicrobianos para infeccións severas, empregando doses baixas e a intervalos máis longos.
  • Chumbo: é un axente neurotóxico, pero especialmente en nenos, porque os efectos mais prexudiciais se producen sobre o desenvolvemento neuronal, por iso os nenos son máis vulnerables.
  • Polución: enfermidades respiratorias relacionadas coa contaminación ambiental son causa común de morbilidade e mortalidade en nenos menores de 5 anos e tamén en anciáns.
  • Exposición percutánea ao metanol: pode causar dano ocular severo (neurite óptica, dano retiniano) en nenos pero non en adultos.
  • Clorpirifosfatos: o CPF é máis neurotóxico en nenos ca en adultos, xa que interfire mecanicamente na división e diferenciación celular, causando alteracións da neurotransmision.
  • Pesticidas coma o abamectin e acefato teñen efectos máis rápidos nos adultos ca nos máis novos.

Tolerancia

O termo tolerancia é aplicado cando a reacción dun suxeito a un fármaco ou droga diminúe a medida que se administran ou consumen doses continuadas. Como consecuencia disto para lograr o mesmo efecto son precisas doses cada vez máis grandes. A tolerancia pode involucrar tanto tolerancia psicolóxica coma fisiolóxica. Entre as sustancias que a producen de modo característico atópanse os opiáceos, como a morfina ou a heroína, e as benzodiacepinas (fármacos ansiolíticos).

Tamén se pode producir a tolerancia cruzada, isto é, que un fármaco ou droga produza tolerancia a outro. Trátase dun fenómeno farmacolóxico no cal un paciente que é tratado cun fármaco mostra unha resistencia fisiolóxica a ese medicamento como resultado da tolerancia que desenvolveu a outro similar. Por exemplo a tolerancia alta á anfetamina como estimulante pode tamén inducir tolerancia á metanfetamina. E bastante característica de certas adicións coma alcohol, fármacos, rapé...

Saúde / enfermidade

Nos enfermos a maior parte das funcións fisiolóxicas están alteradas. Así os pacientes que teñen doenzas cardíacas, renais ou hepáticas son mais susceptibles aos efectos dos tóxicos.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Reppetto, M. Toxicología fundamental. Editorial científico-médica.Barcelona, 1988
  • Klaasen C:D, Watkins J.B. Casarett y Doull Fundamentos de toxicología. Editorial McGraw-Hill. 2005

Outros artigos