Historia de Exipto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Escarbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: bs:Historija Egipta
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Liña 42: Liña 42:
[[arz:تاريخ مصر]]
[[arz:تاريخ مصر]]
[[be:Гісторыя Егіпта]]
[[be:Гісторыя Егіпта]]
[[bg:История на Египет]]
[[bs:Historija Egipta]]
[[bs:Historija Egipta]]
[[ca:Història d'Egipte]]
[[ca:Història d'Egipte]]

Revisión como estaba o 24 de xaneiro de 2013 ás 10:51

A historia de Exipto coñécese de maneira practicamente ininterrumpida desde hai máis de 5000 anos, o que fai dela a de maior duración da humanidade.

Serie de artigos sobre a
Historia de Exipto
Historia do Exipto Antigo
O Exipto grecorromano
O Exipto árabe
O Exipto otomán
Muhammad Alí e os seus sucesores
Historia do Exipto contemporáneo

Antigo Exipto

Artigo principal: Historia do Exipto Antigo.

Os primeiros tempos históricos son os do Exipto faraónico, unha civilización formada a finais do IV Milenio, no final do Neolítico, arredor do cultivo que permitían as crecidas periódicas do Nilo. Esta é a civilización que construíu as pirámides.

Período greco-romano

O declinio deste imperio a partir do I Milenio permitiu que fose conquistado por potencias estranxeiras e, finalmente polos gregos no 332 a.C. e polos romanos no 30 a.C. No Exipto dos primeiros séculos da Era Cristiá fermentaron algúns movementos decisivos no futuro do cristianismo, como o eremitismo, e a súa teoloxía desenvolveuse profundamente desde Alexandría.

Conquista árabe

Artigo principal: Historia do Exipto árabe.

Coa conquista de Exipto polos árabes en 641, deuse outra mudanza substancial, xa que pasou a facer integral parte do mundo árabe. Pertenceu a sucesivos califatos e dinastías de diversas orixes até ser conquistado polos otománs en 1517.

Imperio Otomano

Artigo principal: Historia do Exipto otomán.

Exipto resultou sempre unha provincia difícil de controlar e estivo baixo o control dos semi-autónomos mamelucos até ser conquistada polos franceses en 1798.

Muhammad Alí e os seus sucesores

Muhammad Alí modernizou Exipto e elevouno á categoría de potencia rexional, o que lle permitiu funcional de maneira moi autónoma dentro do Imperio Otomano. Os gobernantes que o seguiron avanzaron na modernización mais levaron ao país á bancarrota, permitindo así a intervención do Reino Unido.

O Exipto contemporáneo

Entre 1882 e 1992, Exipto foi unha colonia do Imperio Británico. Nesta data concedéuselle a independencia, que non foi efectiva (coa retirada das tropas británicas) até 1952, cando os "oficiais libres", liderados por Gamal Abdel Nasser, destronaron ao rei Farouk.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas