Vallecas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
'''Vallecas''' é unha extensa zona do sueste da cidade de [[Madrid]], única entidade extendida de modo pluridistrital dentro da capital. capital. Foi un municipio independente, dentro do partido xudicial de [[Alcalá de Henares]], ata [[1950]], cando é anexionado a [[Madrid]].
'''Vallecas''' é unha extensa zona do sueste da cidade de [[Madrid]], única entidade extendida de modo pluridistrital dentro da capital. Foi un municipio independente, dentro do partido xudicial de [[Alcalá de Henares]], ata [[1950]], cando é anexionado a [[Madrid]].


O territorio do antigo concello divídese actualmente en dous distritos: [[Puente de Vallecas]], ao noroeste, e [[Villa de Vallecas]], ao sueste, que se dividen nos barrios administrativos de Casco Histórico de Vallecas e Santa Eugenia, pertencentes a [[Villa de Vallecas]], e Entrevías (incluido El Pozo del Tío Raimundo), San Diego, Palomeras Bajas, Palomeras Sureste, Portazgo e Nueva Numancia, pertencentes a [[Puente de Vallecas]].
O territorio do antigo concello divídese actualmente en dous distritos: [[Puente de Vallecas]], ao noroeste, e [[Villa de Vallecas]], ao sueste, que se dividen nos barrios administrativos de Casco Histórico de Vallecas e Santa Eugenia, pertencentes a [[Villa de Vallecas]], e Entrevías (incluido El Pozo del Tío Raimundo), San Diego, Palomeras Bajas, Palomeras Sureste, Portazgo e Nueva Numancia, pertencentes a [[Puente de Vallecas]].

Revisión como estaba o 23 de xaneiro de 2013 ás 13:42

Vallecas é unha extensa zona do sueste da cidade de Madrid, única entidade extendida de modo pluridistrital dentro da capital. Foi un municipio independente, dentro do partido xudicial de Alcalá de Henares, ata 1950, cando é anexionado a Madrid.

O territorio do antigo concello divídese actualmente en dous distritos: Puente de Vallecas, ao noroeste, e Villa de Vallecas, ao sueste, que se dividen nos barrios administrativos de Casco Histórico de Vallecas e Santa Eugenia, pertencentes a Villa de Vallecas, e Entrevías (incluido El Pozo del Tío Raimundo), San Diego, Palomeras Bajas, Palomeras Sureste, Portazgo e Nueva Numancia, pertencentes a Puente de Vallecas.

Características

Os seus habitantes senten un forte orgullo por ter nacido no barrio. Ten un equipo de fútbol, o Rayo Vallecano, que durante varios anos participou na primeira división e no ano 1977 foi alcumado como o "Mata xigantes" polas súas vitorias contra os equipos grandes.

Deportivamente ten outra proba moito importante, a San Silvestre Vallecana, que se celebra o 31 de decembro, é unha carreira de atletismo de 10 km que se celebra en dúas categorías, a profesional e a popular, e remata no estadio do Rayo Vallecano.

O nome do barrio é frecuentemente escrito con "k" polos seus habitantes: "Vallekas".

No mes de xuño, nas festas do barrio celébrase a batalla naval, na "Plaza Vieja", corazón de Vallecas, que xunto aos bulevares forman o núcleo tradicional do barrio na zona do "Puente de Vallecas". Outra rúa importante é a do "Payaso Fofó", xunto ao campo do Rayo, pois esta famosa familia de pallasos e cómicos criouse no bairro durante moitos anos, de feito Fofó esta soterrado no cemiterio do "Pueblo de Vallecas".

A vía principal do barrio é a "Avenida de la Albufera".

A Asemblea de Madrid tamén está situada no bairro de Vallecas na zona de San Diego.

Desde o ano 1960 ata agora no 2006, sufriu unhas transformacións similares aos outros barrios da periferia de Madrid, pasou de ter rúas sen asfaltar e sen iluminar a estar completamente cheo de servizos: rede de metro, urbanización das rúas, zonas axardinadas, grandes centros comerciais. Dun urbanismo salvaxe, onde houbo algunha estafa ben coñecida, pasou a un urbanismo ordenado.