O señor Bean: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: et:Mr. Bean (seriaal) |
m r2.7.3) (Bot: Cambio da:Mr. Bean (Tv-Serie) por da:Mr. Bean (tv-serie) |
||
Liña 67: | Liña 67: | ||
[[ca:Mr.Bean]] |
[[ca:Mr.Bean]] |
||
[[cs:Mr. Bean]] |
[[cs:Mr. Bean]] |
||
[[da:Mr. Bean ( |
[[da:Mr. Bean (tv-serie)]] |
||
[[de:Mr. Bean (Comedysendung)]] |
[[de:Mr. Bean (Comedysendung)]] |
||
[[el:Μίστερ Μπην]] |
[[el:Μίστερ Μπην]] |
Revisión como estaba o 21 de xaneiro de 2013 ás 15:16
O señor Bean | |
---|---|
Rowan Atkinson como Mr. Bean. | |
Intérpretes | Rowan Atkinson |
Na rede | |
https://www.mrbean.com/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
O señor Bean (título orixinal Mr. Bean) foi unha serie humorística da televisión británica protagonizada por Rowan Atkinson no papel de Mr. Bean. O primeiro episodio foi emitido o 1 de xaneiro de 1990 pola ITV (Independent Television) e a serie seguiu en antena ata o 31 de outubro de 1995. En Galicia emitiuse na canle autonómica, a TVG, conseguindo unha enorme popularidade.
No seu país de orixe, durante os cinco anos, a serie foi captando seguidores e aumentando a súa audiencia, ata alcanzar unha cota de 18,74 millóns de espectadores durante o episodio The Trouble with Mr Bean en 1992.
Ademais recibiu un número importante de premios internacionais, entre os que cabe destacar "A Rosa de Ouro" (Rose d'Or). O show foi exportado a máis de 200 lugares de todo o mundo, ademais dar lugar a dúas películas e unha serie de debuxos animados.
A personalidade de Mr. Bean raia a estupidez absurda, aínda que só é "un neno atrapado no corpo dun adulto", cun cinismo e humor moi elegante, definitivamente inglés, ademais de moi agradable, divertida e ata inxenua e malvada algunhas veces.
Vive no seu pequeno apartamento no norte de Londres (Inglaterra) co seu osito de peluche Teddy e o seu automóbil Austin Mini cor verde lima e negro con cadeados nas portas. Mr. Bean fala moi poucas veces e cando o fai é sempre con poucas palabras e voz grave pero divertida. Ten unha noiva "normal" (Irma Gobb) que a pesar da súa banalidade adórao e ódiao á vez.
O seu nome e a súa profesión nunca foron mencionadas nin por el nin polos seus creadores. O humor da comedia vén en gran parte das orixinais e excéntricas solucións que Mr. Bean atopa para resolver os seus problemas e a súa indiferenza total por solucionar outros.
Longametraxes
En 1997 estreouse Bean: The Ultimate Disaster Movie, unha película baseada na serie de televisión; e en 2007 estreouse a segunda adaptación cinematográfica chamada As vacacións de Mr. Bean.
Personaxes
Mr. Bean
É un neno atrapado no corpo dun adulto, algo do que non ten conciencia. A xente non o comprende, e sofre polo rexeitamento que sinte por parte dos demais.
Teddy
É un osiño de peluche adaptado por Bean ó mundo real e do que non se separa xamais.