Unidade astronómica: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.2) (Bot: Engado: sw:Kizio astronomia
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Liña 85: Liña 85:
[[pl:Jednostka astronomiczna]]
[[pl:Jednostka astronomiczna]]
[[pms:Unità Astronòmica]]
[[pms:Unità Astronòmica]]
[[pnb:اسمانی میل]]
[[pt:Unidade astronômica]]
[[pt:Unidade astronômica]]
[[ro:Unitate astronomică]]
[[ro:Unitate astronomică]]

Revisión como estaba o 21 de xaneiro de 2013 ás 05:41

A unidade astronómica (UA) é unha unidade de distancia aproximadamente igual á distancia media (xa que as órbitas son elípticas) entre a Terra e mailo Sol. É bastante utilizada en astronomía para expresar a órbita dos planetas e outros corpos celestes no ámbito da astronomía planetaria, valendo aproximadamente 149.597.870 kms.

Definición

É o radio da órbita circular dun planeta de masa desprezable e libre de perturbacións cuxo movemento medio é de “K” radiáns por día á volta do Sol, onde “K” é a constante gravitacional de Gauss, coa unidade de tempo do día solar e a unidade de masa, a masa do Sol. Esa unidade está, entón, relacionada coas dimensións do sistema solar e co movemento da Terra.

En termos prácticos, a unidade astronómica pode ser definida como a distancia media entre a Terra e o Sol, cun valor aceptado de 149.597.870.610 metros.

A súas relacións con outras unidades de distancia utilizadas na astronomía son:

Historia

Foi no século II a. C. cando o astrónomo grego Hiparco tentou facer o primeiro cálculo coñecido da distancia entre a Terra e o Sol, aproveitando os eclipses totais da Lúa. O seu método, porén, era bastante impreciso e deu valores equivocados.

No inicio do século XVII, a determinación da distancia da Terra ao Sol era a máis importante da astronomía, e Edmund Halley propuxo un método baseado na paralaxe da observación de dous astrónomos situados distantes un do outro a observar o tránsito de Venus sobre o disco solar para avaliar mellor esta distancia. Sen embargo, dada a raridade do fenómeno, só en 1631 e 1639 ocorreu ese fenómeno e, entón, foi posible aplicar o método de Halley para calcúlala, dando un valor de preto de 150 millóns de quilómetros.

Actualmente, utilízanse modernos métodos de deflexión de ondas de radio para determinación máis precisa desta distancia, (utilizase un radiotelescopio, p. ex. o de Arecibo para emitir unha onda de radio cara a estrela, neste caso o Sol, e calculase a distancia segundo o tempo de demora na recepción da sinal de rebote).

Véxase tamén

Ligazóns externas