Voo do Cuatro Vientos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: O '''voo do Catro Ventos''' foi un voo España-Cuba-México que se realizou en 1933. En 1932 o capitán de enxeñeiros [[Mariano Barberán|Mariano Barberán y Tros...
 
mSen resumo de edición
Liña 19: Liña 19:
Cruzar o Atlántico central foi a maior distancia voada ata ese momento sobre o mar. Seguiron a ruta prevista con desviacións mínimas malia diversas incidencias, como unha indisposición de Collar: Tablada (Sevilla), Madeira, San Juan (Porto Rico), [[Guantánamo]] e [[Camagüey]], onde chegaron 11 de xuño ás 15:39 hora local logo de 39 horas e 55 minutos de voo e 7320 km. Ao día seguinte, día 12 despegaron cara [[A Habana]], aterrando no aeródromo de Columbia ás 14:15, o recibimento alí foi espectacular, con máis de 10.000 persoas agardando. O voo constituíu un acontecemento social de primeira magnitude e os aviadores foron agasallados nos círculos políticos, sociais e mercantís de Cuba. Nos días que pasaron alí Madariaga tivo que facer fronte a unha complicada incidencia, unha fuga de combustible que houbo que arranxar. A travesía cara México comprendía un voo de 1.920 km que estaba previsto realizar nunhas 12 horas. O 20 de xuño despegaron da Habana ás 05:52 h cara a Cidade de México, por última vez foron vistos ás 11:35, preto da cidade de Villahermosa en [[Tabasco]] a partir desta posición desapareceron. Os gobernos de México e Guatemala despregaron numerosas operacións de procura e malia os esforzos realizados, non puido darse co lugar de caída do aparello, un misterio que deu lugar ata o día de hoxe a numerosas teorías e especulacións de cal foi o fin do Catro Ventos e os seus tripulantes.

[[es:Vuelo del Cuatro Vientos]]
[[es:Vuelo del Cuatro Vientos]]
[[Category:Navegación]]
[[Category:Aviación]]

Revisión como estaba o 3 de xaneiro de 2007 ás 20:52

O voo do Catro Ventos foi un voo España-Cuba-México que se realizou en 1933.

En 1932 o capitán de enxeñeiros Mariano Barberán y Tros de Ilarduya, director da Escola de Observadores do aeródromo de Cuatro Vientos, concibiu a idea de realizar un voo que cruzando o Atlántico central chegase ás Antillas para estudar unha nova rota aérea. Designouse como primeiro piloto o tenente Joaquín Collar, e como piloto e navegante o propio Barberán. Para actuar como mecánico de asistencia en terra elixiuse ao sarxento Modesto Madariaga.

Barberán estableceron contacto con CASA para construír o avión, un Breguet XIX GR (Gran Raid), sesquiplano, con motor [Hispano Suiza] 12 Nb de 650 cabalos e 12 cilindros en V. Foi fabricado especialmente para a ocasión, ampliando aínda a capacidade do gran depósito do modelo orixinal francés, o cal dada a súa posición no centro da estrutura equivalía case a edeseñar totalmente o avión, que quedou cunha capacidade de 5.000 litros de gasolina en 8 depósitos e 200 de aceite. Tiña a cabina pechada e un panel moi completo con instrumentos de motor, dous compases, un altímetro, variómetro, reloxio integral de voo con anemómetro. Comezou a construírse en xaneiro de 1933 e rematouse en abril de 1934 e déuselle o nome de Cuatro Vientos, costou de 800.000 pesetas da época. As súas dimensión eran:

envergadura: 18:30 m
lonxitude: 10'70 m
altura: 04:08 m
peso en vacío: 1.990 kg
peso total: 6.320 kg
velocidade máxima: 230 km/h
teito: 6.500 m
alcance: 8.500 km

Para alixerar o peso, non levaba equipo de radio.

O 8 de xuño de 1933 despegaron de Cuatro Vientos para situar o avión no aeródromo de Tablada (Sevilla), onde tras unha coidadosa preparación meteorolóxica, partiron o 10 de xuño de 1933 ás 04:40. Empregaron 1.500 m de pista para o despegue, case a totalidade da pista.

Cruzar o Atlántico central foi a maior distancia voada ata ese momento sobre o mar. Seguiron a ruta prevista con desviacións mínimas malia diversas incidencias, como unha indisposición de Collar: Tablada (Sevilla), Madeira, San Juan (Porto Rico), Guantánamo e Camagüey, onde chegaron 11 de xuño ás 15:39 hora local logo de 39 horas e 55 minutos de voo e 7320 km. Ao día seguinte, día 12 despegaron cara A Habana, aterrando no aeródromo de Columbia ás 14:15, o recibimento alí foi espectacular, con máis de 10.000 persoas agardando. O voo constituíu un acontecemento social de primeira magnitude e os aviadores foron agasallados nos círculos políticos, sociais e mercantís de Cuba. Nos días que pasaron alí Madariaga tivo que facer fronte a unha complicada incidencia, unha fuga de combustible que houbo que arranxar. A travesía cara México comprendía un voo de 1.920 km que estaba previsto realizar nunhas 12 horas. O 20 de xuño despegaron da Habana ás 05:52 h cara a Cidade de México, por última vez foron vistos ás 11:35, preto da cidade de Villahermosa en Tabasco a partir desta posición desapareceron. Os gobernos de México e Guatemala despregaron numerosas operacións de procura e malia os esforzos realizados, non puido darse co lugar de caída do aparello, un misterio que deu lugar ata o día de hoxe a numerosas teorías e especulacións de cal foi o fin do Catro Ventos e os seus tripulantes.