Illas Cocos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.2) (Bot: Engado: arz:جزر كوكوس
GhalyBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: tl:Kapuluan ng Cocos (Keeling)
Liña 151: Liña 151:
[[ta:கொக்கோசு (கீலிங்) தீவுகள்]]
[[ta:கொக்கோசு (கீலிங்) தீவுகள்]]
[[th:หมู่เกาะโคโคส]]
[[th:หมู่เกาะโคโคส]]
[[tl:Kapuluan ng Cocos (Keeling)]]
[[tr:Cocos Adaları]]
[[tr:Cocos Adaları]]
[[ug:كەئەلىڭ كوكوس تاقىم ئاراللىرى]]
[[ug:كەئەلىڭ كوكوس تاقىم ئاراللىرى]]

Revisión como estaba o 15 de xaneiro de 2013 ás 17:47

Modelo:País As Illas Cocos ou Illas Keeling, organizadas administrativamente como o Territorio das Illas Cocos (Keeling) (en inglés: Territory of Cocos (Keeling) Islands) é un territorio de Australia, administrado polo Australian Department of the Environment, Sport, and Territories do goberno australiano.

Xeografía

As Illas Cocos (Keeling) están situadas no medio do Océano Índico ó SO de Sumatra, a 2750 km ao Noroeste de Perth, e a 900 km ao suroeste da illa de Nadal, o seu veciño máis próximo. Arquipélago consistente nun grupo de 27 illas, das cales só dúas están habitadas, e situadas nas coordenadas (12 30 S, 96 50 E). A súa capital é West Island.

Forman dous atolóns coralinos de baixa elevación. O atol do sur ten unha lagoa de 4 metros de profundidade. Non hai ríos. Ingresos pola pesca, limitada agricultura e filatelia.





Clima

As Illas Cocos experimentan dúas estacións principais:

A estación do vento: a partir de abril/maio ata setembro/a outubro. Calma: a partir de novembro ata abril. As illas contan cunha precipitación máis alta durante xullo.Desde xaneiro ata agosto, pode tamén xerarse o sistema ocasional de presión baixa (xeralmente entre febreiro e abril).

Historia

As Illas Cocos foron descubertas en 1609 polo capitán William Keeling da Compañía Británica das Indias Orientais, pero recentemente en 1826 foron poboadas polo inglés Alexander Hare. A empresa Clunies-Ross, fundada polo escocés John Clunies-Ross a principios do século XIX, estableceuse e pasou a ser a verdadeira dona das illas, a pesar da condición de colonia británica. A Raiña Vitoria concedeu as illas á familia Clunies-Ross en 1886, a cambio do dereito de utilizar as terra con fins públicos. Ross introduciu traballadores malaios -en condicións próximas á escravitude- para explotar as palmas cocoteras. En 1978, logo de anos de negociacións, Australia comprou as illas á empresa, que segue monopolizando a produción e comercialización da copra. Por outra banda, Australia dispón dunha base militar na Illa West, comprada en 1951. En 1984, a través dun plebiscito, os habitantes optaron pola nacionalidade australiana e a plena anexión das illas a Australia. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, en decembro dese ano, recoñeceu o resultado do plebiscito e eximiu a Australia de informar ao Comité de Descolonización. Australia comprou as últimas propiedades de Clunies Ross nas illas en 1993. En decembro 2001, a illa West dobrou a súa poboación ao recibir inmigrantes ilegais, maioritariamente de Sri Lanka. Os operadores turísticos alertaron que isto podería acabar co turismo nas illas. O diplomático Evan Williams foi designado, en outubro de 2003, administrador de Cocos por parte do goberno australiano. En xaneiro de 2006, Williams foi substituído por Neil Lucas quen era, ademais, administrador das Illas de Nadal.

Relixión: musulmáns 51,3%, anglicanos 24%, católicos 10%, non relixiosos 5%, bahaístas 3,7%protestantes 3%, relixións folclóricas chinesas 3%